Dous anos sen co­tas do lei­te

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Economía - Fran­cis­co Si­nei­ro

Imos pa­ra dous anos sen co­tas. Un­ha po­lí­ti­ca que ache­ga­ba cer­ta es­ta­bi­li­da­de de pre­zos a cam­bio de con­tro­lar a pro­du­ción e que en ter­mos glo­bais foi fa­vo­ra­ble pa­ra o desen­vol­ve­men­to dun sec­tor que ti­ña no­ta­bles de­fi­cien­cias can­do nos in­te­gra­mos na Co­mu­ni­da­de Eu­ro­pea. A pro­du­ción máis que du­pli­cou­se ata che­gar aos 2,6 mi­llóns de to­ne­la­das e as ex­plo­ta­cións fi­xe­ron im­por­tan­tes me­llo­ras a cos­ta dun­ha for­te re­du­ción no seu nú­me­ro. Ao meu en­ten­der du­ran­te bas­tan­tes anos cen­trou­se o de­ba­te so­bre as co­tas can­do os asun­tos claves eran ou­tros, sin­gu­lar­men­te as ne­ce­si­da­des de am­pliar a ba­se te­rri­to­rial das ex­plo­ta­cións e su­pe­rar as no­sas de­bi­li­da­des in­dus­triais. A eli­mi­na­ción das co­tas dei­xa na prác­ti­ca ao lei­te des­pro­vis­to de me­di­das de re­gu­la­ción e po­lo tan­to máis vul­ne­ra­ble á si­tua­ción dun mer­ca­do in­ter­na­cio­nal su­xei­to a ele­va­das va­ria­cións nos pre­zos. La­men­ta­ble­men­te, en Ga­li­cia non se abor­da­ron es­tra­te­xias pa­ra bus­car un­ha saí­da ós pro­ble­mas máis acu­sa­dos. Os no­vos tem­pos re­qui­ren me­llo­rar as con­di­cións de com­pe­ti­ti­vi­da­de e do­tar­se dun­ha maior ca­pa­ci­da­de de or­ga­ni­za­ción, que afec­tan no só á pro­du­ción, se­nón ta­mén a trans­for­ma­ción e ás re­la­cións ao lon­go da ca­dea do lei­te. As ex­plo­ta­cións pre­ci­san dis­po­ñer de máis te­rras co­mo ba­se que lles per­mi­ta di­mi­nuír a de­pen­den­cia nos ali­men­tos com­pra­dos e a in­dus­tria au­men­tar o va­lor dos seus pro­du­tos. Que non se te­ñan to­ma­do es­tas me­di­das a tem­po non que­re di­cir que xa non poi­da­mos fa­ce­lo. O sec­tor lác­teo é prio­ri­ta­rio pa­ra Ga­li­cia, pa­ra man­ter o te­ci­do so­cial, eco­nó­mi­co e te­rri­to­rial. Pro­fe­sor en la USC

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.