Tro­que­la­do sa­la­rial

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Economía - Je­sús Vázquez Forno Di­rec­tor de la Es­cue­la de Re­la­cio­nes La­bo­ra­les de A Coruña

ano 2016 dei­xou me­nos tra­ba­lla­do­res no desem­pre­go e máis afi­lia­dos á Se­gu­ri­da­de So­cial, con­fir­man­do un­ha ten­den­cia vi­si­ble de me­llo­ra do mer­ca­do la­bo­ral. Pe­ro no que se re­fi­re ás con­di­cións de tra­ba­llo a reali­da­de é ben dis­tin­ta, co­mo amo­san os ín­di­ces de cus­to sa­la­rial. O des­cen­so foi de 15,33 eu­ros ao mes de me­dia en Es­pa­ña (0,8 % do cus­to sa­la­rial to­tal), per­da que se agra­va coa su­bi­da do IPC do mes­mo ano, que aca­dou o 1,6 %. É di­cir, ti­ve­mos que ras­car un pou­co máis os pe­tos.

Pe­ro non to­dos os sec­to­res pa­sa­ron po­lo mes­mo tro­que­la­do. Na in­dus­tria hou­bo un­ha pe­que­na me­llo­ra, men­tres que a cons­tru­ción e ser­vi­zos fo­ron os que máis sa­la­rio per­de­ron. Có­mo se ex­pli­ca es­te fe­nó­meno? No pri­mei­ro ca­so o em­pre­go avan­za máis len­to pe­ro a pre­sen­za sin­di­cal e a vol­ta á ne­go­cia­ción co­lec­ti­va fa­ci­li­tou avan­ces. Po­la con­tra, a cons­tru­ción e os ser­vi­zos (os que máis em­pre­go xe­ran, 400.000 no­vos afi­lia­dos no úl­ti­mo ano) acu­mu­lan mais con­tra­tos pre­ca­rios, que em­pu­xan os sa­la­rios me­dios á bai­xa.

E Ga­li­cia te­mos o no­so par­ti­cu­lar tro­que­la­do, tras dous anos de des­cen­sos (1,1 % no 2016 e 0,3 % no 2015), o que nos afas­ta da me­dia es­ta­tal, po­la maior in­ci­den­cia deses no­vos con­tra­tos pre­ca­rios. Al­gúns lem­bra­rán un ví­deo pro­mo­cio­nal da Xun­ta dos anos no­ven­ta que fa­cía ver ao mun­do ás marabillas de no­sa te­rra e in­cluía co­mo atrac­ti­vo pa­ra atraer in­ver­sión de fó­ra os sa­la­rios bai­xos. Oxa­lá non nos ve­xa­mos ne­sas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.