O escritor Jo­sé Alberte Corral Igle­sias doa á RAG a súa bi­blio­te­ca, con 6.000 obras

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura -

ta, lem­brou que en­tre as pá­xi­nas des­truí­das po­lo lu­me fi­gu­ra­ban pri­mei­ras edi­cións de au­to­res que ho­xe son clá­si­cos ga­le­gos e en aquel mo­men­to lle aca­ba­ba de en­viar o seu pai nun baúl.

Corral Igle­sias es­ti­vo acom­pa­ña­do da súa do­na, Do­res Val­cár­cel Gui­tián, e do pre­si­den­te da RAG, Xe­sús Alon­so Montero. En can­to que a ope­ra­ción fa­ra­se efec­ti­va des­pois do seu pa­sa­men­to, Corral Igle­sias fi­xo en­tre­ga sim­bó­li­ca dun­ha pe­que­na mos­tra da doa­zón na que se in­clúe o ál­bum de Xaime Ques­sa­da

(1977). O pre­si­den­te da Academia agra­de­ceu a de­ci­sión do doa­dor e sa­lien­tou que coa fu­tu­ra en­tre­ga dos seus li­bros a RAG pa­sa­rá a cus­to­diar «un­ha das bi­blio­te­cas mar­xis­tas máis im­por­tan­tes que hai en Ga­li­cia», anotou un Alon­so Montero que en moi­tas oca­sións tense de­fi­ni­do a si mes­mo En­tre o le­ga­do, o ál­bum de Xaime Ques­sa­da «Ima­xen su­rreal de Ga­li­cia».

co­mo «un ve­llo mar­xis­ta».

Po­la súa ban­da, Jo­sé Alberte Corral xus­ti­fi­cou a es­co­lla da RAG pa­ra fa­cer es­ta doa­zón na de­fen­sa que a ins­ti­tu­ción fai da lin­gua e da cul­tu­ra ga­le­gas, así co­mo po­la im­por­tan­cia que es­ta en­ti­da­de ti­vo pa­ra el des­de moi no­vo pre­ci­sa­men­te por ese mo­ti­vo. «Pa­ra min a Real Academia Ga­le­ga é un­ha ins­ti­tu­ción de re­fe­ren­cia des­de a ado­les­cen­cia, foi cru­cial pa­ra a to­ma de con­cien­cia cí­vi­ca dos ga­le­gos […]. Con es­ta doa­zón que­ro con­tri­buír á ba­se do es­tu­do e a in­ves­ti­ga­ción de ca­ra ao fu­tu­ro», pro­fun­dou.

Os seis mil vo­lu­mes que pa­sa­rá

a cus­to­diar a Academia des­pois do pa­sa­men­to de Corral son os que foi mer­can­do des­pois de per­der to­das a obras que ti­ña en Chi­le. En­tre os con­ti­dos do le­ga­do fi­gu­ran al­gun­has edi­cións his­tó­ri­cas de obras de Eduar­do Blan­co Amor ou Ra­món Otero Pe­dra­yo que con­se­guiu de re­gre­so a Ga­li­cia en ten­das de ve­llo. Pe­ro o que máis abon­da son os tí­tu­los de en­saio e de li­te­ra­tu­ra la­ti­noa­me­ri­ca­na ad­qui­ri­dos du­ran­te os anos que vi­viu en Ar­xen­ti­na e Ve­ne­zue­la, con nu­me­ro­sos exem­pla­res di­fí­ci­les de ato­par a es­ta bei­ra do océano e non re­edi­ta­dos des­de hai tem­po.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.