O va­lor das pa­la­bras

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Opinión - AN­TÓN RI­VEI­RO COE­LLO

Leo, abraia­do, que un em­pre­ga­do de Ama­zon, por mor dun­ha fal­ta de or­to­gra­fía, cau­sou un­ha per­da de 140 mi­llóns de eu­ros. Sei que os es­cri­to­res gus­ta­mos de so­ñar coa po­si­bi­li­da­de de cam­biar o mun­do cun­ha soa fra­se. So­me­te­mos pun­tos e co­mas a un­ha com­pro­ba­ción ex­haus­ti­va, pe­le­xa­mos coas pa­la­bras e en­ten­de­mos ben a Wil­de can­do nos di que es­ti­vo co­rri­xin­do un poe­ma to­da un­ha ma­ñá pa­ra ti­rar un­ha co­ma que vol­veu po­ñer po­la tar­de. O que non pen­sa­ba­mos era que un­ha pa­la­bra pui­de­se va­ler tan­to, nin que a ma­la or­to­gra­fía pui­de­se es­tar de­trás de se­me­llan­te apo­ca­lip­se eco­nó­mi­ca. Nes­ta al­tu­ra, re­sul­ta doa­do ima­xi­nar a sa­tis­fac­ción coa que o co­lec­ti­vo do pro­fe­so­ra­do de­beu de aco­ller es­ta no­ti­cia. Ago­ra dis­pón dun exem­plo máis pa­ra se­cun­dar a súa von­ta­de de lle apren­der ao alum­na­do o co­rrec­to uso do idio­ma e a es­pe­ran­za de que un­ha pa­la­bra po­de pe­char a fas­ci­na­ción dun se­gre­do, ou mes­mo un­ha tra­xe­dia. A erra­ta des­te tra­ba­lla­dor vén re­for­zar o va­lor das pa­la­bras e da or­to­gra­fía, tan des­pres­ti­xia­da po­la ve­lo­ci­da­de das re­des, con pla­ta­for­mas que son hi­per­sen­si­bles á pu­bli­ca­ción dun cor­po es­pi­do, mais non á agre­sión dal­gun­has pa­la­bras su­cias que per­den letras, o til e mes­mo a dig­ni­da­de. Con to­do, eu ta­mén te­ño un pun­to de com­pren­sión coa des­gra­za des­te coita­do que só mu­dou un­ha le­tra. Nin­guén es­tá a sal­vo. Eu mes­mo aínda sin­to un­ha ver­gon­za re­tro­ac­ti­va ca­da vez que lem­bro o meu pa­pel de mo­de­ra­dor nun­ha me­sa re­don­da en Ma­ri­ñán con Ber­nar­do At­xa­ga e Ma­no­lo Ri­vas, hai xa tres lus­tros. Na­que­la oca­sión, tal­vez un chis­co ner­vio­so po­la mi­ña res­pon­sa­bi­li­da­de e inex­pe­rien­cia, vin o in­tre opor­tuno pa­ra un des­can­so e anun­ciei que ia­mos fa­cer un pe­queno de­ce­so. Por sor­te, o asun­to que­dou só nun ca­fé.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.