ETA, eses per­tur­ba­do­res

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Opinión - MA­RÍA CA­NO­SA

Nun­ca me fiei do alto ao fo­go anun­cia­do a bom­bo e pra­to. Ben, real­men­te no que non con­fío é na pa­la­bra de quen an­tes obrou con mal­da­de e desapia­da­da­men­te. Eses cam­bios gra­tuí­tos e re­pen­ti­nos... sem­pre ne­ce­si­tan de ma­du­ra­ción pa­ra po­der con­fir­mar­se.

Non me che­ga co ce­se do te­rro­ris­mo, con pe­dir per­dón, co desar­me ou coa di­so­lu­ción. É ab­so­lu­ta­men­te ne­ce­sa­rio to­do xun­to. Érao hai moi­to tem­po, an­tes de se­guir ma­tan­do. Con to­do, pre­ci­sa­mos xa a fin da ban­da te­rro­ris­ta or­ga­ni­za­da. Si, ETA ten que des­apa­re­cer. Non hai elec­ción.

Pe­ro... non os per­tur­be­mos, se­ño­res. Eles fan as cou­sas á súa ma­nei­ra. E cal era o seu xei­to de pro­ce­der? Pois... ma­tar. Se­men­tar o te­rror, o me­do e a tra­xe­dia aló por on­de pi­sa­ban. Iso si que era per­tur­ba­ción. Non só das fa­mi­lias afec­ta­das, de to­da a so­cie­da­de. Ti­ña­mos a men­te preo­cu­pa­da pen­san­do en que un día po­dia­mos saír á rúa e sal­tar po­lo ai­re, a sa­ber por que ra­zón.

E ago­ra que din que van en­tre­gar as ar­mas non po­de­mos per­tur­ba­los. En reali­da­de o que ase­gu­ran é in­di­car on­de se ato­pan os seus zu­los pa­ra que vaia­mos bus­car o ar­se­nal nós, que xa non é o mes­mo. Pe­ro, por ri­ba, é que esi­xen ga­ran­te de que po­de­rán fa­ce­lo «sen ser per­tur­ba­dos po­las for­zas de se­gu­ri­da­de». Só ad­mi­ten «ob­ser­va­do­res im­par­ciais». Aí queda iso. De tra­ca. Po­den al­te­rar a paz dun país, ser do­nos e se­ño­res das vi­das alleas e da paz dun anaco do mun­do... e non pa­sa na­da. Pe­ro son tan co­var­des que esi­xen o que non me­re­cen, se­gu­ra­men­te bus­can­do a se­gu­ri­da­de que nun­ca nos per­mi­ti­ron ter.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.