Úl­ti­mas con­ver­sas con Car­los Ca­sa­res

Ra­món Lou­rei­ro re­cu­pe­ra os en­con­tros que man­ti­vo co au­tor de «Ven­to fe­ri­do» só uns días an­tes do seu pa­sa­men­to, pa­ra un li­bro que vai pu­bli­car Tri­fo­lium

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - RODRI GAR­CÍA

«Es­tá mal vis­to que un pre­mio no­bel de fí­si­ca con­fe­se que nun­ca leu ‘‘El Qui­jo­te’’», ad­ver­tiu

Ca­sa­res. Un­ha soa pa­la­bra que di moi­to. Se­te le­tras que evo­can tan­tos re­la­tos, tan­ta li­te­ra­tu­ra es­cri­ta e con­ta­da. His­to­rias que apa­re­cían es­cri­tas A mar­xe pe­ro que eran cer­ne das le­tras ga­le­gas. His­to­rias da­que­las lon­gas noi­tes dos en­con­tros de Ve­ri­nes nas que, lem­bra­ba Víc­tor Gar­cía de la Con­cha, ex­di­rec­tor da Real Aca­de­mia Es­pa­ño­la, des­pois da ce­na, al­guén sem­pre di­cía as pa­la­bras má­xi­cas: «Car­los, ¿que con­tas?». E Car­los Ca­sa­res em­pe­za­ba a con­tar. Eran his­to­rias da ca­sa, do ga­to Sa­muel, ou das via­xes, da súa es­tan­cia na Ru­sia que aín­da es­ta­ba de­trás dun mu­ro.

Ca­sa­res. É a pa­la­bra que da tí­tu­lo ao li­bro de Ra­món Lou­rei­ro que sai­rá do pre­lo es­ta se­ma­na. Se­rá pu­bli­ca­do por Tri­fo­lium na súa co­lec­ción Mu­sa pe­des­tris,e den­tro da se­rie Moun­to­li­ve. Des­de a edi­to­rial ex­pli­can que nes­te li­bro o pe­rio­dis­ta e es­cri­tor na­tu­ral de Fe­ne «via­xa a tra­vés da súa pro­pia me­mo­ria pa­ra cons­truír un vo­lu­me es­tru­tu­ra­do en tres blo­ques: o pri­mei­ro é ca­se un­ha car­ta que vai di­ri­xi­da ta­mén aos lec­to­res do fu­tu­ro; o se­gun­do é un­ha via­xe po­la bio­gra­fía de Ca­sa­res; e por úl­ti­mo, a con­ver­sa, nal­gúns sen­ti­dos xa ca­se len­da­ria, que Car­los e Ra­món man­ti­ve­ron uns días an­tes da mor­te do au­tor de Ven­to fe­ri­do».

Ca­sa­res es­ta­ba na súa ca­sa e alí ti­ve­ron lu­gar aque­las úl­ti­mas con­ver­sas que ago­ra res­ca­ta Lou­rei­ro. Cando no 2012 cum­prí­ron­se dez anos do pa­sa­men­to do es­cri­tor ou­ren­sán, o pe­rio­dis­ta res­ca­tou pa­ra es­te xor­nal un­ha en­tre­vis­ta que era froi­to da­que­las con­ver­sas: «Es­ta en­tre­vis­ta ten dez anos. Dez anos e, ape­nas, uns días. Ti­vo lu­gar na ca­sa de Car­los Ca­sa­res, no lu­gar do Vilariño, en Ni­grán, pou­co an­tes da súa mor-

te. Cando na­da pa­re­cía fa­cer pre­sa­xiar o dra­ma —a per­da dun es­cri­tor es­pe­cial­men­te que­ri­do— que fi­xo cho­rar a un país en­tei­ro. Eran pa­la­bras des­ti­na­das a un li­bro de con­ver­sas que non che­gou a exis­tir. A des­apa­ri­ción do au­tor de Os es­cu­ros so­ños de Clío

fi­xo im­po­si­ble le­va­lo adian­te. [...] Pó­de­se di­cir, por tan­to, que é ho­xe cando se fan real­men­te pú­bli­cas. Cun­ha emo­ción, por par­te de quen is­to es­cri­be, que per­ma­ne­ce in­tac­ta». Así arrin­ca­ba aque­la en­tre­vis­ta, na que Ca­sa­res fa­la­ba dos seus ini­cios na li­te­ra­tu- ra, de co­mo co­ñe­ceu a Ris­co, de co­mo o seu ami­go To­rren­te Ba­lles­ter non ti­ña me­do de que lle de­ran o No­bel, de Ce­la... Pe­ro as con­ver­sas con Ca­sa­res, gra­va­das na al­ma do xor­na­lis­ta, apa­re­cen ago­ra nes­te li­bro que che­ga­rá ás li­bre­rías nos vin­dei­ros días.

Ca­sa­res fa­la­ba «aquel día no que des­de a súa ca­sa, men­tres se ache­ga­ba a noi­te, vía mar­char o sol ca­mi­ño do Atlán­ti­co, mi­ra­ba cun fon­do es­cep­ti­cis­mo iso que se deu cha­mar o éxi­to li­te­ra­rio», lem­bra Lou­rei­ro da­quel úl­ti­mo en­con­tro no que ta­mén fa­la­ron da li­te­ra­tu­ra que «non ten por que gus­tar­lle a to­do o mun­do. Un po­de ser con­si­de­ra­do moi cul­to sen sa­ber na­da de Fí­si­ca, e en cam­bio es­tá mal vis­to que un pre­mio no­bel de fí­si­ca con­fe­se que nun­ca leu El Qui­jo­te. A li­te­ra­tu­ra é al­go que en prin­ci­pio só lle in­tere­sa a un­ha mi­no­ría. E o que ten que fa­cer un pro­fe­sor é al­go que se fai moi pou­cas ve­ces: que os ra­pa­ces go­cen len­do».

Ca­sa­res apa­re­ce nes­te vo­lu­me de Ra­món Lou­rei­ro non só coas súas pa­la­bras, ta­mén con ima­xes. Son fo­to­gra­fías que fi­xe­ra en­tón Ra­món Lou­rei­ro, al­gun­ha to­do un re­tra­to, no só fí­si­co, do es­cri­tor xa que apa­re­ce rin­do co seu ga­to Sa­muel. Son ima­xes to­ma­das ta­mén na­quel úl­ti­mo en­con­tro que, con­tan des­de a edi­to­rial, «non na­ce­ron pa­ra ser pu­bli­ca­das, pe­ro que nos amo­san a Ca­sa­res días an­tes do seu ines­pe­ra­do fa­le­ce­men­to, e ad­qui­ren ho­xe un va­lor excepcional». Ima­xes e pa­la­bras dun con­ver­sa­dor, dun con­ta­dor de his­to­rias.

RA­MÓN LOU­REI­RO

Un­ha das fo­tos de Ca­sa­res no úl­ti­mo en­con­tro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.