Galaxia edi­ta a pri­mei­ra bio­gra­fía do «xi­gan­te» Car­los Ca­sa­res

Hen­ri­que Mon­tea­gu­do des­cu­briu «ou­tros Ca­sa­res» exer­cen­do de bió­gra­fo

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - TA­MA­RA MON­TE­RO

A súa in­fan­cia vi­viu­na na ru­ra­li­da­de de Xin­zo. Che­gou a San­tia­go pa­ra es­tu­dar nun­ha uni­ver­si­da­de que bu­lía co Maio do 68, que en Ga­li­cia foi no 67. Men­tres Es­pa­ña per­ma­ne­cía aso­la­ga­da po­lo fran­quis­mo se­ro­dio, a el abríu­se­lle o mun­do da so­cial­de­mo­cra­cia sue­ca da man da súa do­na, Kris­ti­na. E nos anos da tran­si­ción de­mo­crá­ti­ca era o pro­to­ti­po de pro­gre. Son só al­gun­has das ca­pas que se po­den ir es­pe­li­can­do dun «xi­gan­te da li­te­ra­tu­ra uni­ver­sal» co­mo Car­los Ca­sa­res. A súa vi­da é un fío «ex­tre­ma­da­men­te re­pre­sen­ta­ti­vo da his­to­ria do país». E dese fío foi ti­ran­do nos úl­ti­mos tem­pos Hen­ri­que Mon­tea­gu­do. Un fío que coas se­ma­nas foi crean­do un no­ve­lo gran­de, ri­co e úni­co: a pri­mei­ra bio­gra­fía dun xe­nio da palabra es­cri­ta que ti­ña al­ma de na­rra­dor oral. Car­los Ca­sa­res. Un con­ta­dor de his­to­rias re­pa­sa a his­to­ria do rei das his­to­rias. A Mon­tea­gu­do asal­touno moi­tas ve­ces a nos­tal­xia das his­to­rias que lle ti­ña oí­do na­que­las con­ver­sas co seu ben­que­ri­do ami­go. Cen­tos, se ca­dra máis de mil ho­ras ten pa­sa­do o ca­te­drá­ti­co da Uni­ver­si­da­de de San­tia­go es­coi­tan­do a Ca­sa­res. Só re­pe­tiu dúas ou tres his­to­rias. E cun so­rri­so des­cu­briu que, al­gun­ha vez, Ca­sa­res con­ta­ba co­mo pro­pia al­gun­ha anéc­do­ta que era súa. E que a con­ta­ba moi­to me­llor que el, por­que era un gran es­cri­tor. Pe­ro ta­mén un gran con­ver­sa­dor que non mo­no­po­li­za­ba a con­ver­sa «sal­vo que os de­mais de­ci­dí­se­mos ca­lar».

Co­ñe­ceu du­ran­te 20 anos Mon­tea­gu­do a Ca­sa­res, e co­ñe­ceuno moi­to du­ran­te un de­ce­nio. Así que o di­rec­tor de Galaxia, Fran­cis­co Cas­tro, non du­bi­dou en quen de­bía ser o bió­gra­fo do es­cri­tor, dese Ca­sa­res que es­ta­ría «ho­rro­ri­za­do» se a bio­gra­fía que ago­ra edi­ta Galaxia que­da­ra só nun pa­ne­xí­ri­co, nun­ha xus­ta­po­si­ción de loan­zas. Así que es­te li­bro pon máis luz so­bre as lu­ces, pe­ro non ago­cha as som­bras na es­cu­ri­da­de das ga­be­tas.

Po­de fa­ce­lo. Por­que, lem­brou Fran­cis­co Cas­tro, Hen­ri­que Mon­tea­gu­do exer­ce de bió­gra­fo, de no­ta­rio, de ana- lis­ta do­cu­men­tal... Pe­ro ta­mén de ami­go ín­ti­mo que ti­vo ac­ce­so á súa vi­da co­tiá. Aín­da así, o tra­ba­llo «per­mi­tiu­me co­ñe­cer ou­tro Car­los Ca­sa­res», co­men­ta­ba un sor­pren­di­do Mon­tea­gu­do que tra­tou, máis que na­da, ao Car­los Ca­sa­res «da au­to­no­mía». Na súa ple­ni­tu­de. «Co­ñe­cía máis ou menos ou­tras eta­pas». Pe­ro can­do co­me­zou a de­lu­var a do­cu­men­ta­ción foi­se ato­pan­do con esas ca­pas que con­for­man a ese —ao no­so— con­ta­dor de his­to­rias.

XOÁN A. SO­LER

O di­rec­tor do se­lo Galaxia, Fran­cis­co Cas­tro, e o in­ves­ti­ga­dor Hen­ri­que Mon­tea­gu­do, po­san­do con va­rios exem­pla­res do li­bro so­bre Car­los Ca­sa­res que am­bos os dous pre­sen­ta­ron na ma­ñá de on­te na com­pos­te­lá li­bre­ría Cou­cei­ro, na pra­za de Cer­van­tes.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.