Pre­mian ao ex­depu­tado Fran­cis­co Ro­drí­guez po­lo seu «ser­vi­zo á cul­tu­ra ga­le­ga»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura -

«Hai que re­ma­tar con esa fal­sa ecua­ción de que cul­tu­ra é igual a ins­ti­tu­cións», ar­gu­men­tou Pi­lar Gar­cía Ne­gro, pre­si­den­ta da Fe­de­ra­ción Ga­li­za Cul­tu­ra, na pre­sen­ta­ción do pre­mio na­cio­nal Ga­li­za Cul­tu­ra, que te­rá ca­rác­ter anual e que re­co­ñe­ce­rá, na súa pri­mei­ra edi­ción, o «ser­vi­zo á cul­tu­ra ga­le­ga» de Fran­cis­co Ro­drí­guez (ex­depu­tado do BNG no Par­la­men­to au­tó­no­mo e no Con­gre­so). Acom­pa­ña­da por mem­bros da Aso­cia­ción So­cio-Pe­da­gó­xi­ca Ga­le­ga, a Agru­pa­ción Ale­xan­dre Bó­ve­da, a Me­sa po­la Nor­ma­li­za­ción Lin­güís­ti­ca e a Aso­cia­ción Me­du­lio, Gar­cía Ne­gro en­xal­zou, máis aló dos seus 12 anos de bri­llan­te re­pre­sen­ta­ción de Ga­li­cia nas Cor­tes, o la­bor de Ro­drí­guez co­mo es­cri­tor e in­ves­ti­ga­dor e a súa «co­la­bo­ra­ción

con di­ver­sas aso­cia­cións cul­tu­rais». Tras elo­xiar o «ri­gor» e a «ho­nes­ti­da­de» con que Ro­drí­guez se desen­vol­veu na súa eta­pa de do­cen­te, «e con pos­te­rio­ri­da­de», Gar­cía Ne­gro des­ta­cou a im­por­tan­cia dos seus tra­ba­llos so­bre Ro­sa­lía e so­bre a si­tua­ción lin­güís­ti­ca de Ga­li­cia.

C. TOIMIL

Fran­cis­co Ro­drí­guez.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.