Na pon­te de West­mins­ter

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Opinión - XA­VIER AL­CA­LÁ

Lon­dres, 1 de de­cem­bro do 2016. Día de sol e nu­bes que con­vi­da­ba a pa­sear po­la bei­ra do Tá­me­sis. Dous ga­le­gos, un vi­si­tan­te e un re­si­den­te na ca­pi­tal do maior im­pe­rio que o mun­do co­ñe­ceu, de­ron en fi­lo­so­far ca­mi­ñan­do. Do que ho­xe oco­rre, ¿can­to é con­se­cuen­cia do que os eu­ro­peos fi­xe­ron mal po­la tei­ma de cons­truí­ren na­cións-es­ta­do e do­tá­re­nas de co­lo­nias?

Cru­zan­do a pon­te de West­mins­ter, cen­tos de per­soas fa­cían au­to­fo­tos co Par­la­men­to ás cos­tas. Es­coi­tan­do du­cias de idio­mas dos tu­ris­tas, o emi­gra­do ga­le­go che­gou a di­cir: «Is­to é o mun­do en­tei­ro». Lon­dres é un re­su­mo do mun­do. Ni­so es­ti­ve­ron de acor­do os pa­sean­tes; co­mo ta­mén en que, co­mo al­guén qui­xe­se fa­cer un­ha fal­ca­trua­da, a pon­te era un si­tio ideal.

A ra­zón do pa­seo era fa­lar da re­vis­ta Brit Es, que ao día se­guin­te se pre­sen­ta­ba na em­bai­xa­da de Es­pa­ña. Da­que­la nin­gún dos pa­sean­tes pui­do ima­xi­nar que un día an­tes de iren pre­sen­ta­la na Co­ru­ña ve­rían cum­pri­do o seu te­mor; mais, de no­vo a fa­lar de­sa re­vis­ta de ex­pa­tria­dos es­pa­ñois na Gran Bre­ta­ña, es­coi­ta­ron a no­ti­cia: mor­tos e fe­ri­dos, sos­pei­tas dun «he­roe do odio co­lo­nial» en West­mins­ter.

¿Por que non se dá esa xen­rei­ra en­tre po­bos co­lo­ni­za­dos po­los reinos ibé­ri­cos? ¿Por que tan tris­te he­roi­ci­da­de se mul­ti­pli­ca en­tre quen prac­ti­ca un­ha re­li­xión pe­cu­liar? ¿A quen apro­vei­ta a in­de­fen­sión da xen­te en Eu­ro­pa? Sei­ca as po­li­cías bri­tá­ni­cas unen for­zas pa­ra in­ves­ti­ga­ren o aten­ta­do; mais de­be­rían ser os par­la­men­tos quen in­ves­ti­ga­sen as ori­xes de tan­to odio e vi­sen co­mo le­xis­lar pa­ra evi­ta­lo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.