Mi­ran­do ao ano xu­bi­lar 2021

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Galicia - Xe­rar­do Estévez

Oe­xer­ci­cio de pen­sar en torno ao que acon­te­ce na so­cie­da­de mun­dial, o que ve­mos ou o que nos en­si­nan, esi­xe tem­po, in­for­ma­ción, em­pe­ño, dú­bi­das,… na bus­ca dun xuí­zo pon­de­ra­do, afas­ta­do dun pe­si­mis­mo que im­pi­da al­bis­car so­lu­cións, e de ideas su­per­fi­ciais que se nu­tren do efé­me­ro. For­mu­lar un pen­sa­men­to útil pa­ra re­sol­ver o con­fli­to e pre­vi­sor pa­ra evi­ta­lo non é só un­ha ta­re­fa da fi­lo­so­fía po­lí­ti­ca, se­nón ta­mén do cor­po so­cial; es­te é o fun­da­men­to da de­mo­cra­cia eu­ro­pea.

Aque­la Eu­ro­pa á que nos in­cor­po­ra­mos en 1985, cons­truí­da co­mo un es­pa­zo de paz e be­nes­tar en res­pos­ta ás dúas te­rri­bles con­fla­gra­cións mun­diais que en­su­cia­ron as con­cien­cias, xe­rou un lu­gar ha­bi­ta­ble pa­ra mi­llóns de ci­da­dáns, un ám­bi­to de cen­tro e de es­quer­da ao que se in­cor­po­ra­ron ou­tras op­cións e que ho­xe cam­ba­lea por fal­ta dun ne­xo que xun­ga as in­di­vi­dua­li­da­des nun­ha idea po­lí­ti­ca co­mún.

Eu­ro­pa sem­pre ne­ce­si­tou un leit­mo­tiv, un fío con­du­tor. Un dos sím­bo­los re­co­rren­tes nas dé­ca­das dos oi­ten­ta e no­ven­ta foi o Ca­mi­ño de San­tia­go. O ca­mi­ñan­te non sa­be de fron­tei­ras, nin de lin­guas, nin de ideo­lo­xías en­fron­ta­das. Sa­be de che­gar a un­ha me­ta con es­for­zo e de go­zar da be­le­za te­rri­to­rial e pa­tri­mo­nial, sa­be de dia­lo­gar co acom­pa­ñan­te, co ha­bi­tan­te que ato­pa ao pa­so, e ta­mén de si­len­ciar­se. Al­go pa­re­ci­do a ese sen­ti­men­to era o que se tra­ta­ba de trans­mi­tir; de aí os re­co­ñe­ce­men­tos co­mo pri­mei­ro iti­ne­ra­rio cul­tu­ral eu­ro­peo e pa­tri­mo­nio da hu­ma­ni­da­de.

Com­pos­te­la e Ga­li­cia mun­dia­li­zá­ron­se, pro­pa­gán­do­se a cul­tu­ras e paí­ses dou­tros con­ti­nen­tes. Por iso penso que po­den vol­ver a ser un lu­gar de re­fle­xión en torno a un­ha pre­gun­ta que de­man­da un­ha no­va res­pos­ta: cal é a Eu­ro­pa que ne­ce­si­ta­mos ho­xe. Atré­vo­me a apun­tar un­ha con­tes­ta­ción: aque­la que in­ten­te un equi­li­brio en­tre a so­cie­da­de e o in­di­vi­duo, en­tre a eco­no­mía do be­ne­fi­cio e a do re­par­to, en­tre a cul­tu­ra e a edu­ca­ción; que ela­bo­re un lu­gar mo­ra­li­zan­te erra­di­can­do o en­vi­le­ce­men­to, cun úni­co le­ma: me­llor dia­lo­ga­lo. Can­ta máis se­gre­ga­ción, ex­clu­sión, bar­ba­rie ou in­cul­tu­ra no mundo, máis Eu­ro­pa, un­ha Eu­ro­pa pen­san­te e me­dia­do­ra que sai­ba ar­gu­men­tar e con­ven­cer.

O ano xu­bi­lar 2021 é pa­ra a Igre­xa un tem­po de re­no­va­ción. O pa­pa Fran­cis­co es­tá abrin­do as por­tas pa­ra en­con­trar­se máis alá do dog­ma. Pa­ra Ga­li­cia, 2021 de­be­ría su­po­ñer a ple­na in­cor­po­ra­ción a un­ha no­va idea de Eu­ro­pa, que se con­tri­búa a deseñar des­de Com­pos­te­la. Un­ha Ga­li­cia mo­der­na e ver­te­bra­da que po­de­ría sim­bo­li­zar a si­lue­ta pen­sa­ti­va de Cas­te­lao es­cul­pi­da so­bre esa pe­dra a mo­do de ma­pa de Ga­li­cia que co­roa o cou­to de San­ta Su­sa­na.

Ve­se que o pre­si­den­te da Xun­ta man­tén un­ha boa re­la­ción cos ex­pre­si­den­tes. Qui­zais po­de­rían con­cer­tar­se pa­ra im­pul­sar a ta­re­fa de que Ga­li­cia se­xa un dos ber­ces da­que­la pre­gun­ta á que ne­ce­si­ta­mos con­tes­tar.

O al­cal­de de San­tia­go vi­si­tou re­cen­te­men­te ao rei e le­vou­lle un plan de in­ves­ti­men­tos pa­ra o ano xu­bi­lar 2021. Non sei se nel se pro­pón al­go res­pec­to ao pa­pel de Com­pos­te­la en Ga­li­cia e en Eu­ro­pa, cues­tión que, des­de o meu pun­to de vis­ta, de­be­ría ser un dos ele­men­tos axiais da ci­da­de.

DE­NÍS E. F.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.