Cela e He­ming­way

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - Car­los G. Rei­go­sa

En 1956 Ca­mi­lo Jo­sé Cela foi co­ñe­cer a Er­nest He­ming­way a El Es­co­rial. Ti­ña cu­rio­si­da­de por ver se o es­cri­tor nor­te­ame­ri­cano era co­mo se di­cía e co­mo el mes­mo cría. Com­par­ti­ron un­ha botella de Fino Ma­char­nu­do e, ao ca­bo do en­con­tro, o es­cri­tor ga­le­go des­cu­briu re­for­za­das to­das as cau­sas da ad­mi­ra­ción que lle ti­ña. Por­que nes­ta ci­ta o no­ve­lis­ta de Pa­drón des­cu­briu «un ho­me ex­tra­or­di­na­rio, exem­plar­men­te si­tua­do por ri­ba das con­ven­cións». Ao tra­ta­lo, Cela re­afir­mou­se na moi­ta ad­mi­ra­ción li­te­ra­ria que lle ti­ña. Así llo con­tou nun­ha entrevista ao ta­mén es­cri­tor Ma­nuel Váz­quez Mon­tal­bán, que xa se de­ca­ta­ra de que ha­bía en­tre eles ca­rac­te­rís­ti­cas si­mi­la­res: «Vi­sión di­rec­ta da reali­da­de, im­pul­so poé­ti­co, pro­fun­do hu­ma­nis­mo e so­lem­ne cul­to á vi­da».

So­bre os re­cur­sos li­te­ra­rios de He­ming­way que máis va­lo­ra­ba, Cela tam­pou­co amo­sou nin­gun­ha dú­bi­da. O que máis ad­mi­ra­ba no ame­ri­cano era «a sin­ce­ri­da­de, aqui­lo que en­de­xa­mais é un re­cur­so». E en­ga­día con fir­me­za: «A min He­ming­way gús­ta­me, si, sen re­ser­vas». ¿E pa­re­cía­lle acer­ta­da a súa vi­sión de Es­pa­ña? O No­bel de Pa­drón tam­pou­co ti­ña dú­bi­das ao res­pec­to: «Non se tra­ta de acer­tar ou non. Pa­ra min, que­dou­se fó­ra nal­gúns ma­ti­ces, pe­ro adi­vi­ñou o subs­tan­ti­vo de Es­pa­ña. Nun­ca un es­cri­tor de lin­gua non es­pa­ño­la nos in­ten­tou ver con máis amor». Na­da me­nos.

O que máis asom­bra­ba a Cela era que Er­nest He­ming­way —ao igual que Pío Ba­ro­ja— des­cri­bía «un mundo de pri­mei­ra man cuns ollos no­vos es­trea­dos ca­da ma­ñá». Que era a súa ma­nei­ra de des­cri­bir un es­ti­lo li­te­ra­rio lim­po, di­rec­to e pro­fun­do. Is­to non que­re di­cir que Cela se iden­ti­fi­ca­se con el no plano li­te­ra­rio. Mais ben esa iden­ti­fi­ca­ción pro­du­cía­se e sen­tíaa «no as­pec­to hu­mano, que, en de­fi­ni­ti­va é o úni­co que im­por­ta».

No plano li­te­ra­rio, a no­ve­la que pre­fe­ría de He­ming­way era O ve­llo e o mar. E non dei­xa de ser cu­rio­so que can­do che­gou a no­ti­cia da mor­te do nor­te­ame­ri­cano, Cela es­ti­ve­se a re­ler a súa obra. Qui­zais por­que pou­cos es­pa­ñois da­quel tem­po po­dían pre­su­mir de co­ñe­cer a no­sa te­rra tan ben co­ma el. E en­tre os es­tran­xei­ros, qui­zais só John dos Pas­sos po­día en­car­nar un­ha com­pa­ran­za acre­di­ta­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.