Agra­de­ci­do a Ga­li­cia por «li­be­ra­lo» das vi­ven­das so­ciais

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - M. C.

En Ga­li­cia li­be­rou­se Si­za Viei­ra da súa con­di­ción de «es­pe­cia­lis­ta en par­ti­ci­pa­ción so­cial» que li­mi­tou o seu tra­ba­llo e a súa apren­di­za­xe du­ran­te tres dé­ca­das ata que a fi­nais dos anos 80 o en­tón al­cal­de de San­tia­go, Xe­rar­do Estévez, lle en­car­gou o pro­xec­to do Cen­tro Ga­le­go de Ar­te Con­tem­po­rá­nea. «Nun­ha ci­da­de hai máis que vi­ven­das pe­ro a min non me que­rían pa­ra ou­tra cou­sa», lem­brou Si­za, que re­ne­ga da idea do es­pe­cia­lis­ta, con­ven­ci­do de que ao ar­qui­tec­to «com­pé­te­lle ho­xe pro­mo­ver o diá­lo­go e a coor­di­na­ción en­tre os sa­be­res in­dis­pen­sa­bles no desen­vol­ve­men­to de cal­que­ra pro-

xec­to». De­fen­sor en­tu­sias­ta da dú­bi­da —«on­de non hai dú­bi­da non hai vi­da»—, de­bu­xan­te su­bli­me, ri­go­ro­so de­bu­lla­dor no ache­ga­men­to e bus­ca do sen­ti­do

do pro­xec­to, so­brio, hu­mil­de, he­roi­co fu­ma­dor —«dois pa­que­tes ao día, pe­ro non tra­go o fu­me, a es­ta ida­de é moi pe­ri­go­so dei­xar de fu­mar...»—, Si­za Viei­ra foi re­ci­bi­do on­te nun sa­lón aba­rro­ta­do ata os to­pes de es­tu­dan­tes emo­cio­na­dos, aca­dé­mi­cos e una boa re­pre­sen­ta­ción de ar­qui­tec­tos, en­tre eles, Xosé Ma­nuel Ca­sa­be­lla, que con­tes­tou ao dis­cur­so do mes­tre por­tu­gués con elo­xios «á vi­xen­cia das súas so­lu­cións, o coida­do dos de­ta­lles que, aín­da que pa­re­za pa­ra­dó­xi­co, es­tán fei­tos pa­ra non ser vis­tos, ou a xe­nia­li­da­de dos seus vo­lu­mes sin­xe­los». Un ar­qui­tec­to anotou que «to­do o que fa­ga Si­za es­ta­rá ben fei­to». A igre­xa de Mar­co de Ca­na­ve­ses, as pis­ci­nas das Ma­rés, o ban­co de Vi­la do Con­de, o Bon­jour Tris­tes­se de Berlín... Pa­ra o xu­ra­do do Pritz­ker, «ale­gría pa­ra os sen­ti­dos».

Dúas obras en Ga­li­cia. Fa­cul­ta­de de Xor­na­lis­mo (es­quer­da) e Cen­tro Ga­le­go de Ar­te Con­tem­po­rá­nea, as dúas en San­tia­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.