¿Que fu­tu­ro lle agar­da a un rural con­ta­mi­na­do?

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Sociedad - Ma­nuel So­to Ca­te­drá­ti­co Quí­mi­ca UDC

Oru­ral ga­le­go pre­ci­sa man­ter uns ser­vi­zos mí­ni­mos para non agra­var a cri­se e o des­po­boa­men­to que ven su­frin­do des­de hai dé­ca­das e que amea­za con per­sis­tir se non se to­man me­di­das de ver­da­de. Un rural que for­ne­ce de ener­xías re­no­va­bles (hi­dráu­li­ca, eó­li­ca, bio­ma­sa) po­de­ría ver­se pri­va­do dun sub­mi­nis­tro efi­cien­te de com­bus­ti­ble para vehícu­los e ca­le­fac­cións, en­tre ou­tros usos que aín­da ho­xe se fan dos de­ri­va­dos do pe­tró­leo. A Xun­ta de Ga­li­cia ten res­pon­sa­bi­li­da­des cla­ras en ga­ran­tir o ac­ce­so a es­tes ser­vi­zos, mais non é in­di­fe­ren­te a fór­mu­la. Pe­dir fle­xi­bi­li­da­de no con­trol só po­de le­var a un­ha maior con­ta­mi­na­ción.

O pro­ble­ma sal­tou hai máis de vin­te anos, can­do se fi­xe­ron os pri­mei­ros es­tu­dos de so­los con­ta­mi­na­dos, que por aquel en­tón xa in­di­ca­ban as ga­so­li­nei­ras co­mo un dos ti­pos de em­pra­za­men­tos po­lu­cio­na­dos máis fre­cuen­tes, que non os máis gra­ves.

Cau­sa­da po­lo de­rra­me de pro­du­to, so­bre to­do hi­dro­car­bu­ros, ta­mén hai me­tais pe­sa­dos e ou­tros tó­xi­cos que se po­den ato­par nos te­rreos. O ris­co, de fei­to, non se li­mi­ta ao so­lo do em­pra­za­men­to. Par­ti­cu­lar­men­te nun país co­mo Ga­li­za, cun sub­so­lo moi frac­tu­ra­do, es­ta po­lu­ción che­ga ás au­gas. E es­te non dei­xa de ser un dos gran­des pe­ri­gos da si­tua­ción que se pre­sen­ta. ¿Que fu­tu­ro lle agar­da a un rural que non po­de ga­ran­tir a ca­li­da­de das súas au­gas?

A pre­ven­ción, o se­gui­men­to e a res­tau­ra­ción das zo­nas afec­ta­das, de ser ne­ce­sa­ria, son obri­gas cu­xo cum­pri­men­to a Ad­mi­nis­tra­ción ga­le­ga de­be fa­cer va­ler. Ao igual que o co­ñe­ci­do prin­ci­pio de quen con­ta­mi­na pa­ga. É res­pon­sa­ble a per­soa ti­tu­lar da ins­ta­la­ción, mais quen pa­ga real­men­te (ou quen de­be pa­gar) é o usua­rio fi­nal. Son moi­tos os cus­tos in­di­rec­tos des­te pro­ble­ma que re­caen na so­cie­da­de e nas xe­ra­cións fu­tu­ras. Só po­de­re­mos avan­zar se ta­les cus­tos se in­ter­na­li­zan. Para a com­pen­sa­ción te­rri­to­rial e so­cial es­tán as po­lí­ti­cas re­dis­tri­bu­ti­vas, fis­cais, so­ciais, que co­mo ci­da­dáns de­be­mos sa­ber esi­xir, e non a li­cen­za para con­ta­mi­nar.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.