Anun­cian que al­gúns mem­bros do gru­po crí­ti­co non asis­ti­rán ao ple­na­rio de elec­ción

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura -

«Des­pois de fa­cer un­ha va­lo­ra­ción se­re­na da si­tua­ción, non que­re­mos ser co­rres­pon­sa­bles dun­ha vía que afon­da na di­vi­sión da Aca­de­mia, e anun­cia­mos con dor que al­gúns mem­bros des­te gru­po non asis­ti­re­mos ao ple­na­rio de elec­ción de no­vo pre­si­den­te». Is­to di o pe­núl­ti­mo pun­to da car­ta que, «en no­me de un gru­po de aca­dé­mi­cos», asi­na Ma­nuel Gon­zá­lez e foi re­mi­ti­da on­te. De tó­do­los xei­tos, es­te gru­po de crí­ti­cos aca­ba di­cin­do que a súa au­sen­cia «non sig­ni­fi­ca nin­gún cues­tio­na­men­to da le­ga­li­da­de do pro­ce­so, e ra­ti­fi­ca­mos a no­sa in­ten­ción de se­guir tra­ba­llan­do leal­men­te e coa mes­ma res­pon­sa­bi­li­da­de con que sem­pre o fi­xe­mos ao ser­vi­zo da ins­ti­tu­ción e á cau­sa da lin­gua ga­le­ga á que nos de­be­mos. Pe­ro pa­ra nós é un día tris­te e un­ha opor­tu­ni­da­de per­di­da», in­ci­de Gon­zá­lez.

Em­pe­za­ba a mi­si­va ex­pli­can­do que «a Aca­de­mia es­tá a vi­vir un mo­men­to cru­cial, no que exis­ten dúas vías: a de afon­dar nas di­vi­sións ou a de pro­pi­ciar a re­con­ci­lia­ción pa­ra un tra­ba­llo no que to­dos so­mos ne­ce­sa­rios». Nes­ta li­ña evo­can co­mo sem­pre ti­ve­ron «cla­ro que es­te era o mo­men­to do diá­lo­go e de ini­ciar o ca­mi­ño da in­te­gra­ción». Con esa in­ten­ción, lem­bra Ma­nuel Gon­zá­lez, en­tre ou­tros in­ten­tos, o pa­sa­do mes de fe­brei­ro cha­mou a Xe­sús Alon­so Mon­te­ro pa­ra que, «an­te a in­mi­nen­cia das elec­cións, tra­ta­se de pro­pi­ciar un diá­lo­go fran­co en­tre to­dos os mem­bros do ple­na­rio pa­ra ana­li­zar a si­tua­ción da RAG e tra­tar en­tre to­dos de ato­par a me­llor so­lu­ción. Ne­sa con­ver­sa, Alon­so Mon­te­ro xa me co­mu­ni­cou que o can­di­da­to da exe­cu­ti­va era Víc­tor Frei­xa­nes e que na RAG xa hou­be­ra su­fi­cien­te diá­lo­go».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.