Quin­ce apoios na pri­mei­ra vo­ta­ción e des­pois a maio­ría dos asis­ten­tes

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura -

Es­tá cla­ro que na vo­ta­ción des­ta tar­de non ha­be­rá em­pa­te. Víc­tor Fer­nán­dez Frei­xa­nes (Pontevedra, 1951) presentará o seu pro­gra­ma, da­rá a co­ñe­cer as per­soas que for­ma­rán o seu co­mi­té exe­cu­ti­vo e lo­go o ple­na­rio vo­ta­rá. Pa­ra ser eli­xi­do en pri­mei­ra vo­ta­ción pre­ci­sa 15 vo­tos. A Aca­de­mia es­ti­vo for­ma­da por 40 mem­bros, pe­ro des­de a re­for­ma do ano 2000 son 30, se ben hai dúas pra­zas va­can­tes: un­ha é a de Xo­sé Luís Mén­dez Fe­rrín, que des­pois da súa di­mi­sión co­mo pre­si­den­te da RAG pre­sen­tou ta­mén a re­nun­cia co­mo aca­dé­mi­co, pe­ro o ple­na­rio non a acep­tou; a ou­tra va­can­te é a de Chus Pa­to, que aín­da non leu o seu dis­cur­so de in­gre­so que, xa anun­ciou, «vai xi­rar so­bre o poe­ma».

Na úl­ti­ma elec­ción do pre­si­den­te na pri­mei­ra vo­ta­ción deu­se un em­pa­te a do­ce vo­tos en­tre os dous can­di­da­tos: Xe­sús Alon­so Mon­te­ro e Ma­nuel Gon­zá­lez. E na se­gun­da im­pú­xo­se Alon­so Mon­te­ro por do­ce a dez su­fra­xios, xa que non se con­ta­bi­li­za­ban os dous vo­tos que che­ga­ran por co­rreo (que só se in­cor­po­ran na pri­mei­ra quen­da). No ca­so de Frei­xa­nes pa­re­ce que non vai pre­ci­sar un­ha se­gun­da vo­ta­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.