¿A ópe­ra do Bur­go ou a cal­dei­ra de Pa­sa­rón?

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Pontevedra Deportes - Car­lés

Se­ría in­xus­to fa­cer un­ha aná­li­se do par­ti­do dei­xán­do­nos le­var po­las sen­sa­cións e es­ta­do de áni­mo dos úl­ti­mos mi­nu­tos, aín­da que ben é cer­to que o acon­te­ci­do nes­te tra­mo de­be ser ob­xec­to dun­ha pro­fun­da re­fle­xión. Pe­ro ca­da as­pec­to ao seu tem­po. Ago­ra con­vén fa­cer ou­tra re­fle­xión so­bre a que vou sus­ten­tar o meu pun­to de vis­ta. ¿É po­si­ble que o Atlé­ti­co Ma­drid de Si­meo­ne ou o Cel­ta de Be­riz­zo xo­guen os par­ti­dos me­din­do, con pa­cien­cia, sen emo­cio­nar­se, sen con­ta­xiar? Non o creo ou, si o creo, o Cel­ta xo­gouno un­ha vez na volta da Co­pa do Rei en Vi­to­ria e así lle foi. Xo­gar e trans­mi­tir xo­gan­do.

Es­ta é a ba­se pa­ra ex­pli­car o acon­te­ci­do nos oi­ten­ta e cin­co mi­nu­tos de xo­go, on­de o equi­po de Lui­si­to pa­re­cía que xa xo­ga­ra á ma­ñá en Ba­rrei­ro e amo­sa­ba un­ha dis­po­si­ción e pre­dis­po­si­ción so­bre o cam­po que con­ta­xia­ba aos sea­rei­ros e da­ba a sen­sa­ción que en vez de es­tar en Pa­sa­rón es­ta­ba­mos na Ópe­ra do Bur­go.

No as­pec­to tác­ti­co ato­pá­mo­nos de no­vo na mon­ta­ña ru­sa de Pa­sa­rón. O equi­po gra­na­te co­me­zou cun 1-4-3-3 con Mou­ri­ño de fal­so no­ve co ob­xec­ti­vo de sa­car aos cen­trais na­va­rros de zo­na che­gan­do a fran­xa de fi­na­li­za­ción coa mo­bi­li­da­de e ve­lo­ci­da­de de Álex Gon­zá­lez e Añón. Me­dia­do o pri­mei­ro tem­po, coa en­tra­da de Mateu no lu­gar de Ca­pi, pa­sou­se a un 1-4-2-3-1 ocu­pan­do Ja­co­bo Tri­go a po­si­ción de cen­tral e Ke­vin co­mo acom­pa­ñan­te de Abel. No se­gun­do tem­po, coa en­tra­da de Ene­ko, o equi­po adop­tou ou­tra dis­po­si­ción, 1-4-2-1-3, cun­ha mo­bi­li­da­de ab­so­lu­ta de Añón por de­trás do trío de pun­tas for­ma­do por Ene­ko, Mateu e Álex Gon­zá­lez.

Es­tá cla­ro que un­ha da fun­cións do ades­tra­dor é ten­tar tro­car o dis­co­rrer do par­ti­do, pe­ro o que ta­mén de­be ser ob­xec­to de es­tu­do é que si aos trin­ta mi­nu­tos fa­ce­mos un tro­co de xo­ga­dor e que si os dous me­dios ofen­si­vos que saí­ron de ca­ra, Ke­vin Pre­sa e Ja­co­bo Tri­go, re­ma­tan xo­gan­do de cen­trais creo que is­to é un­ha mos­tra bas­tan­te pal­pa­ble que o plan tra­za­do ti­ña pou­co que ver co que des­pois acon­te­ceu no cam­po.

Pa­ra re­ma­tar, cóm­pre in­ci­dir no que pa­ra moi­tos po­de ser o máis im­por­tan­te, que o Pontevedra ga­ñou, que lle deu a volta ao par­ti­do nos úl­ti­mos cin­co mi­nu­tos e que ten a cla­si­fi­ca­ción no pe­to. Pe­ro den­de a pers­pec­ti­va dun ades­tra­dor, a aná­li­se de­be ser máis pro­fun­da, e eu coido que nes­te tem­po o Pontevedra amo­sou un­ha ca­ra que é fiel re­fle­xo do seu ades­tra­dor, os ou­tros oi­ten­ta e cin­co mi­nu­tos non.

Co­mo si­nais de iden­ti­da­de, o equi­po de­be ter cla­ro que a ca­pa­ci­da­de de me­dir e xo­gar co tem­po, a pa­cien­cia, a tem­po­ri­za­ción de­fen­si­va e ofen­si­va e o re­pre­gue de­ben tro­car na pre­sión, na an­ti­ci­pa­ción, na in­ter­cep­ta­ción, no atre­ve­men­to e con­di­cio­na­men­to con ba­lón. E así foi e se­rá co­mo a Ópe­ra do Bur­go tro­cou e tro­ca­rá pola Cal­dei­ra de Pa­sa­rón, xa que a co­mu­ñón da gra­da co equi­po nes­te tra­mo do par­ti­do foi im­pre­sio­nan­te e nes­ta si­tua­ción os equi­pos con­tra­rios ven­se com­ple­ta­men­te su­pe­ra­dos, por­que man­ter un­ha boa or­ga­ni­za­ción bai­xo es­ta pre­sión non é na­da doa­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.