«Os ne­nos te­ñen que iden­ti­fi­car quen se que­re ben e quen mal»

A com­pa­ñía Trin­ke Trin­ke im­par­te es­ta tar­de do Sa­lón do Li­bro un con­ta­con­tos tea­tra­li­za­do so­bre saú­de afec­ti­va

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Pontevedra -

David Per­nas (A Co­ru­ña, 1968) é o di­rec­tor de Trin­ke Trin­ke, que es­ta tar­de ofre­ce un con­ta­con­tos tea­tra­li­za­do so­bre A saú­de afec­ti­va no Sa­lón do Li­bro. —¿Un con­ta­con­tos so­bre saú­de afec­ti­va...?

—A idea xor­de a par­tir da ini­cia­ti­va dun­ha psi­có­lo­ga do cen­tro de orien­ta­ción fa­mi­liar de Ori­lla­mar, na Co­ru­ña, que se cha­ma Chus Díaz An­ca, que tra­ba­lla a co­tío con si­tua­cións de mal­tra­tos, de abu­sos, de aco­so a per­soas ho­mo­se­xuais e to­das esas pro­ble­má­ti­cas que se po­den en­glo­bar den­tro do te­ma afec­ti­vo-se­xual. Con­si­de­ra­mos que é moi im­por­tan­te den­de ida­des moi tem­pe­rás em­pe­zar a edu­car aos ne­nos e ne­nas nun­ha afec­ti­vi­da­de sán, por­que os afec­tos in­sáns es­tán na ba­se do mal­tra­to e dos abu­sos. Nós, a tra­vés do con­ta­con­tos que imos re­pre­sen­tar no Sa­lón do Li­bro o que se pre­ten­de é dar un­ha men­sa­xe cla­ra de que aque­les que nos que­ren son aque­les que nos coidan e que nos res­pec­tan, por­que así apren­de­mos den­de pe­que­nos. —¿Que fe­rra­men­tas te­ñen os ne­nos pa­ra de­tec­tar un­ha re­la­ción in­sán? —Imos dra­ma­ti­zar cos adul­tos e asis­ten­tes dis­tin­tas si­tua­cións co­tiás moi breves en­tre per­soas que en prin­ci­pio se que­ren, ou se de­be­rían de que­rer por­que son fa­mi­lia­res, se­res que­ri­dos. A mi­ña com­pa­ñei­ra Isa Ris­co, no seu pa­pel de ra­ti­ña Ca­ro­li­na, de Lon­xe­de­to­do, e os ne­nos te­ñen que iden­ti­fi­car se esas per­soas que es­tán ne­sas si­tua­cións se que­ren ben ou se que­ren mal. E in­tro­du­ci­mos ta­mén o con­cep­to de que­rer ben. —¿Por exem­plo?

—Por exem­plo, eu vou co­rren­do ca­ra mi­ña nai, tro­pe­zo caio, e mi­ña nai di: “A ver, ho, es­pa­bi­la, que pa­re­ces par­vo”, en lu­gar de axu­dar­me a le­van­tar, que pa­re­ce o ade­cua­do, non? Ese é un exem­plo, pe­ro hai moi­tos máis, nos que ás ve­ces nós tra­ta­mos mal a aque­les que nos que­ren, e aque­les que nos que­ren trá­tan­nos mal a nós. Así que trá­ta­se de que xa den­de moi pe­que­nos as per­soas iden­ti­fi­quen eses mal­tra­tos e esas re­la­cións afec­ti­vas in­sás, por su­tís que se­xan. —É un con­ta­con­tos moi par­ti­ci­pa­ti­vo. Pa­re­ce un obra­doi­ro.

—Non é un obra­doi­ro. Nós cha­má­mos­lle con­ta­con­tos tea­trais, por­que tra­ba­lla­mos uti­li­zan­do co­mo fe­rra­men­ta o tea­tro. So­mos ac­to­res que in­ter­pre­ta­mos a ra­tos de bi­blio­te­ca, aos que o que máis lles gus­ta é ler e apro­vei­tan ca­da oca­sión que te­ñen pa­ra ache­gar­se a un­ha bi­blio­te­ca, que é a es­cu­sa pa­ra ir ás sa­las de lec­tu­ra, e fo­men­ta­mos o seu uso. Es­ta­mos prin­ci­pal­men­te for­ma­dos na co­me­dia, eé a tra­vés da co­mi­ci­da­de co­mo in­ten­ta­mos es­ta­ble­cer un víncu­lo afec­ti­vo co pú­bli­co, os ne­nos e os adul­tos. É un­ha obra de tea­tro, se­sións moi par­ti­ci­pa­ti­vas nas que tra­ta­mos de in­vo­lu­crar aos pais e nais. —¿Co­mo reac­cio­nan eles?

—A res­pos­ta é moi boa, po­los ne­nos e os adul­tos. Os ne­nos

CE­DI­DA

David Per­nas ca­rac­te­ri­za­do co­mo un dos ra­tos de bi­blio­te­ca da com­pa­ñía.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.