«O vo­to de­sen­can­ta­do das ma­reas vol­ve­rá se nós o fa­ce­mos ben»

A lí­der do pro­xec­to na­cio­na­lis­ta ape­la a abrir un tem­po no­vo e a tra­ba­llar xa pa­ra re­cu­pe­rar te­rreo nas mu­ni­ci­pais

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Galicia - MA­RIO BERAMENDI

Hai al­go máis dun ano, Ana Pon­tón (Sa­rria, 1977) co­lleu o te­món do Blo­que. Eran tem­pos con­vul­sos, e aque­la ope­ra­ción ti­ña cer­to ai­re de pro­vi­sio­na­li­da­de. Es­ta fin de se­ma­na, des­pois de lo­grar un re­sul­ta­do nas au­to­nó­mi­cas moi por ri­ba das ex­pec­ta­ti­vas, foi re­eli­xi­da por­ta­voz nacional da or­ga­ni­za­ción na súa dé­ci­ma sex­ta asem­blea. —Na radio hai un pro­gra­ma tó­da­las ma­ñás que se cha­ma «Ho­xe em­pe­za to­do». Pois iso. ¿E ago­ra que? —Ago­ra to­ca se­guir tra­ba­llan­do pa­ra afian­zar ese tem­po no­vo que abri­mos. Que­re­mos re­cu­pe­rar apoio so­cial e elec­to­ral, e te­mos re­tos im­por­tan­tes nas vin­dei­ras elec­cións mu­ni­ci­pais. —Que mu­dou no BNG? —O que con­se­gui­mos ao lon­go des­te ano foi unir ao Blo­que e afian­zar a idea de que o país pre­ci­sa for­zas po­lí­ti­cas pro­pias, un na­cio­na­lis­mo con ca­pa­ci­da­de de ac­tua­ción. Lo­gra­mos reilu­sio­nar. E nes­te mo­men­to o que nos din moi­tos sec­to­res so­ciais e que fa­le­mos das no­sas pro­pos­tas pa­ra dar so­lu­ción aos gra­ves pro­ble­mas so­ciais. —A or­ga­ni­za­ción, en cam­bio, se­gue co mes­mo mo­de­lo de fron­te co que na­ceu hai ago­ra 35 anos. Na­da mu­dou aí... —O que é po­si­ti­vo non hai que cam­bia­lo. A plu­ra­li­da­de po­lí­ti­ca é un va­lor, foino sem­pre e ten que se­guir sen­do ca­ra ao fu­tu­ro. Nós, na no­sa or­ga­ni­za­ción, re­co­lle­mos for­mas dis­tin­tas de en­ten­der o país, que su­man e que apor­tan nun pro­xec­to. —Cre vos­te­de que a ac­tual ar­qui­tec­tu­ra do Blo­que vai ser­vir pa­ra que a or­ga­ni­za­ción se­xa quen de cre­cer e ser un­ha al­ter­na­ti­va real de go­berno? —Os éxi­tos e os fra­ca­sos do Blo­que ao lon­go da súa his­to­ria non son cul­pa do fron­tis­mo. De­pen­den dos acer­tos e dos erros, do que fa­ce­mos ben ou mal, e de mo­men­tos e eta­pas di­fe­ren­tes. Nós te­mos a as­pi­ra­ción de que o Blo­que se­xa un­ha re­fe­ren­cia maio­ri­ta­ria en Ga­li­cia. E imos tra­ba­llar pa­ra iso. Son das que pen­sa que a es­te país lle iría moi­to me­llor cun Go­berno na­cio­na­lis­ta. E

non te­mos máis que ver os ni­veis de desen­vol­ve­men­to de Ca­ta­lu­ña ou de Eus­ka­di, que non se ex­pli­can sen po­lí­ti­cas au­to­cen­tra­das. —En que me­di­da o Blo­que se pre­sen­ta máis cohe­sio­na­do por­que os crí­ti­cos es­tán to­dos fó­ra? —Eu o que vin du­ran­te to­do es­te ano é que moi­tas per­soas que ti­ñan dú­bi­das re­ma­ta­ron con mo­ti­vos pa­ra ter con­fian­za no pro­xec­to do na­cio­na­lis­mo e do Blo­que. A crí­ti­ca den­tro da no­sa or­ga­ni­za­ción vén de se­rie. Non co­ñe­zo a nin­guén no BNG que non se­xa crí­ti­co ou crí­ti­ca e por tan­to non pen­so que ese se­xa un va­lor que non te­ña­mos nes­te mo­men­to. —Es­te BNG que abre un tem­po no­vo ago­cha ago­ra a ban­dei­ra so­be­ra­nis­ta que iza­ra no 2013 tra­la frac­tu­ra de Amio? —Nós non ago­cha­mos na­da, nós di­ci­mos o que so­mos. O BNG ten un pro­xec­to es­tra­té­xi­co, e ade­mais

eu es­tou con­ven­ci­da de que ou te­mos ca­pa­ci­da­de pa­ra de­ci­dir, ou te­mos un po­der po­lí­ti­co pro­pio, ou non imos re­sol­ver os no­sos pro­ble­mas es­tru­tu­rais, co­mo de­mo­gra­fía, sec­to­res pro­du­ti­vos, ren­da. —O BNG mi­ra ca­ra ao fu­tu­ro. Pe­ro vos­te­de non va­lo­rou a bai­xa de Xa­vier Ven­ce, o an­te­rior por­ta­voz... —Si que me pre­gun­ta­ron, e té­ñoo ex­pre­sa­do. Xa­vier Ven­ce ten to­do o meu res­pec­to e a mi­ña con­si­de­ra­ción. Foi un mi­li­tan­te que ten fei­to gran­des ache­gas den­de o pun­to de vis­ta teó­ri­co, e deu un pa­so nun mo­men­to moi di­fí­cil pa­ra o Blo­que. E ten to­do o meu afec­to e o meu re­co­ñe­ce­men­to, e só vou ter boas pa­la­bras pa­ra el. —En que me­di­da as di­vi­sións in­ter­nas das for­zas do res­to da es­quer­da po­den re­ma­tar be­ne­fi­cian­do ao Blo­que?

—Eu te­ño moi cla­ro que os de­mé­ri­tos dos de­mais non van fa­cer que nós su­me­mos. Pa­ra que a nós nos vaia ben te­mos que fa­cer nós ben as cou­sas. —Non po­de ser que o BNG re­cu­pe­re vo­to de­sen­can­ta­do das ma­reas, por exem­plo? —Si, pe­ro vol­ve­rá se nós o fa­ce­mos ben. Non por­que os de­mais erren. E xa o di­xen na asem­blea. O PSOE ti­vo cri­ses e os seus vo­tos non vi­ñe­ron pa­ra o Blo­que. —Cre vos­te­de que os na­cio­na­lis­tas que mar­cha­ron do BNG ter­mi­na­rán arre­pen­ti­dos de dar ese pa­so? —Non te­ño un­ha bo­la de cris­tal nin me co­rres­pon­de fa­cer esas ase­ve­ra­cións. —An­ton­te di­xo que as por­tas do BNG se­guen aber­tas... —As por­tas do Blo­que se­guen aber­tas pa­ra as per­soas que mar­cha­ron da no­sa or­ga­ni­za­ción, pe­ro pa­ra to­do o mun­do que com­par­ta que Ga­li­cia pre­ci­sa de for­zas po­lí­ti­cas pro­pias. E re­fí­ro­me a or­ga­ni­za­cións e a per­soas, os que nun­ca es­ti­ve­ron en na­da. Xen­te que sin­te o país, e que non de­ron o pa­so dun com­pro­mi­so maior. —Ne­sa ló­xi­ca en­cá­dra­se a in­vi­ta­ción ao pe­che da asem­blea do al­cal­de de La­lín, Ra­fael Cuí­ña? —Dá­se­lle moi­ta im­por­tan­cia a es­te ca­so, pe­ro ta­mén in­vi­ta­mos a ou­tros al­cal­des que non son mi­li­tan­tes do BNG e son in­de­pen­den­tes. Eu agra­dé­zo­lle moi­to que vi­ñe­ra, e ade­mais foi un­ha per­soa que apoiou ao BNG nou­tros pro­ce­sos elec­to­rais, co­mo as úl­ti­mas xe­rais. E es­ta­mos co­go­ber­nan­do con eles no Con­ce­llo de La­lín.

PA­CO RO­DRÍ­GUEZ

Ana Pon­tón, por­ta­voz do BNG, so­ña con que o na­cio­na­lis­mo se­xa a re­fe­ren­cia maio­ri­ta­ria.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.