«A Aca­de­mia vai ser da so­cie­da­de»

Anun­cia un­ha xes­tión con­ti­nuís­ta, de­fen­de o tra­ba­llo con ou­tras en­ti­da­des e le­var á xen­te no­va o «or­gu­llo do ga­le­go»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Portada - RODRI GAR­CÍA

Agra­de­ce­men­to. Fo­ron as pri­mei­ras pa­la­bras de Víctor Fer­nán­dez Freixanes (Pon­te­ve­dra, 1951) des­pois de ser eli­xi­do na tar­de de on­te pre­si­den­te da RAG. Anun­ciou que os com­po­ñen­tes da no­va co­mi­sión exe­cu­ti­va van en­tre­gar­se «a es­ta ins­ti­tu­ción, que é a de Ma­nuel Mur­guía, a de Cu­rros En­rí­quez e a de to­dos os que vi­ñe­ron de­trás, po­ñen­do o no­so co­ra­zón e o no­so ta­len­to». Ta­mén fa­lou de ilu­sión e de ten­der pon­tes a ou­tras ins­ti­tu­cións pa­ra tra­ba­llar xun­tos, ade­mais de lem­brar que o pro­gra­ma do can­di­da­to «sem­pre se pre­sen­tou no ple­na­rio da Aca­de­mia e non an­tes». —¿Apos­ta po­lo con­ti­nuís­mo? —Si, eu re­co­ñe­zo que es­tes ca­tro anos fo­ron dun in­ten­so tra­ba­llo do que po­de­mos es­tar to­dos or­gu­llo­sos. No ple­na­rio ti­ven un­ha re­fe­ren­cia es­pe­cial pa­ra o pro­fe­sor Alon­so Mon­te­ro, que fi­xo un tra­ba­llo, con to­da a exe­cu­ti­va que o acom­pa­ñou, cheo de ener­xía, de ta­len­to e de xe­ne­ro­si­da­de. —¿Por que fi­xo a súa in­ter­ven­ción no ple­na­rio por es­cri­to? —Por­que que­ro que a re­ci­ban non só os aca­dé­mi­cos pre­sen­tes, se­nón ta­mén os que non par­ti­ci­pa­ron, os co­rres­pon­den­tes e os de hon­ra, por­que eles ta­mén son Aca­de­mia. Esa é a idea, a de que a Aca­de­mia so­mos to­dos e que te­mos que mi­rar pa­ra o fu­tu­ro e crea­lo des­de o es­for­zo de fa­vo­re­cer o maior cli­ma de con­sen­so. Iso fai­se fa­cen­do ca­mi­ño.

—¿Que pen­sa dos aca­dé­mi­cos, di­ga­mos, crí­ti­cos? —Nes­te ti­po de si­tua­cións hai que com­pren­der e res­pec­tar as po­si­cións dis­tin­tas. For­man par­te da de­mo­cra­cia, a vi­da de­mo­crá­ti­ca con­sis­te ni­so: en com­pren­der que hai quen non pen­sa co­ma ti ou non com­par­te as túas ideas. Pe­ro ao la­do di­so o que te­ño que re­co­ñe­cer e agra­de­cer é o apoio moi im­por­tan­te da cor­po­ra­ción, que me en­che de res­pon­sa­bi­li­da­de por­que os pró­xi­mos ca­tro anos van ser di­fí­ci­les, non por­que ha­xa un­ha si­tua­ción na Aca­de­mia ex­tra­or­di­na­ria­men­te com­pli­ca­da in­ter­na­men­te.

A Aca­de­mia ten un equi­po de tra­ba­lla­do­res e tra­ba­lla­do­ras mag­ní­fi­co que es­tá to­dos os días a pé de obra, un equi­po con­so­li­da­do. —¿Co­mo pen­sa que per­ci­be a so­cie­da­de a Aca­de­mia? —Te­mos que ser ca­pa­ces de im­pli­car á so­cie­da­de ci­vil, de im­pli­car ás ins­ti­tu­cións, o mun­do da economía, das in­dus­trias, de im­pli­car á so­cie­da­de ga­le­ga no seu con­xun­to, des­de a es­co­la, as fa­mi­lias e os me­dios de co­mu­ni­ca­ción pa­san­do po­los crea­do­res so­ciais e ar­tís­ti­cos de to­do ti­po, na con­quis­ta do fu­tu­ro pa­ra a lin­gua

e a cul­tu­ra ga­le­gas. A lin­gua é de to­dos os ga­le­gos e de to­das as ga­le­gas, non é duns pou­cos. A lin­gua non se en­fron­ta a nin­gun­ha ou­tra lin­gua: é un pa­tri­mo­nio, un ac­ti­vo, mes­mo un ac­ti­vo eco­nó­mi­co, se o sa­be­mos ex­plo­tar, do que un país po­de pre­su­mir e do que po­de sen­tir­se or­gu­llo­so. —¿Fal­ta ese or­gu­llo? —De­be­mos re­co­lle­lo dos que nos pre­ce­de­ron e mul­ti­pli­ca­lo e im­pli­car nes­te or­gu­llo, nes­ta au­to­es­ti­ma, ás no­vas xe­ra­cións, os ra­pa­ces e ra­pa­zas que ho­xe che­gan á uni­ver­si­da­de co­ñe­cen­do o ga­le­go, sa­ben­do fa­lar ga­le­go e len­do en ga­le­go. Te­mos que im­pli­ca­los na cau­sa do idio­ma. É un la­bor que un­ha ins­ti­tu­ción co­mo es­ta po­de fa­cer. A so­cie­da­de que­re de nós ideas, que­re de nós al­go po­si­ti­vo, ilu­sión, e que­re de nós op­ti­mis­mo. E te­mos a obri­ga de tra­ba­llar por iso, por­que nin­guén se apun­ta ás de­fun­cións.

«Os pró­xi­mos ca­tro anos van ser di­fí­ci­les, e non po­la si­tua­ción in­ter­na da Aca­de­mia»

«A so­cie­da­de que­re de nós ideas, ilu­sión, op­ti­mis­mo; nin­guén se apun­ta ás de­fun­cións»

MAR­COS MÍGUEZ

O pre­si­den­te da RAG, xun­to á ar­qui­vei­ra, Fi­na Ca­sal­de­rrey, in­tres des­pois de ser eli­xi­do por 18 dos 19 asis­ten­tes ao ple­na­rio.

MAR­COS MÍGUEZ

Freixanes (Pon­te­ve­dra, 1951) é o pre­si­den­te nú­me­ro quin­ce da Real Aca­de­mia Ga­le­ga.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.