Un fe­rro­ca­rril do sécu­lo XXI

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - A Fondo - Ana Pon­tón BNG

Ca­ta­lu­ña re­ci­bi­rá do Go­berno de Ra­joy 3.882 mi­llóns de eu­ros pa­ra me­llo­rar a súa re­de fe­rro­via­ria de pro­xi­mi­da­de men­tres en Ga­li­za asis­ti­mos ao des­man­te­la­men­to do trans­por­te por tren, que, máis aló da ex­cep­ción do ei­xo atlán­ti­co, afec­ta a to­do o país. Via­xar en­tre Fe­rrol e A Co­ru­ña de­be­ría ser igual de rá­pi­do que co­ller un par de pa­ra­das de me­tro en Ma­drid, pe­ro ché­ga­se an­tes en bi­ci­cle­ta que en tren. Fa­cer o per­co­rri­do da li­ña FEVE ao lon­go da Ma­ri­ña lu­cen­se es­tá ben se un­ha que­re lem­brar co­mo se via­xa­ba no XIX, pe­ro re­sul­ta agó­ni­co pa­ra os usua­rios do sécu­lo XXI. Por cer­to, es­tes días pa­sa­dos, li­te­ral­men­te va­ra­dos nas es­ta­cións men­tres o Go­berno cen­tral vén de su­pri­mir os 12 mi­llóns pre­vis­tos pa­ra mo­der­ni­zar es­ta li­ña. O no­so fe­rro­ca­rril ta­mén pre­ci­sa de in­ves­ti­men­tos, pe­ro a di­fe­ren­za de Ca­ta­lu­ña, Ga­li­za non ten un pre­si­den­te que exer­za co­mo tal, se­nón un man­da­do de Ra­joy, un sub­mi­so ser­vi­dor que ten co­mo prio­ri­da­de com­pra­cer o seu xe­fe. Así é co­mo en­ten­de Fei­joo ser mi­li­tan­te de Ga­li­za. No BNG que­re­mos pa­ra es­te país un fe­rro­ca­rril do sécu­lo XXI, rá­pi­do, se­gu­ro, mo­derno, e non imos pa­sar por me­nos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.