As mei­gas de Pu­jol

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Opinión - MA­RÍA CA­NO­SA

Aos Pu­jol caeu­lles un mei­ga­llo en­ri­ba. Co bos e da­di­vo­sos que son... re­sul­ta in­com­pren­si­ble es­tar na bo­ca do mun­do por un­ha her­dan­za do avó Flo­ren­ci. Me­llor non ter avós ri­cos, que vaia lea se mon­tou. A eles, que non te­ñen un can, di a ma­triar­ca, ase­ve­ran­do que os fi­llos an­dan cun­ha man dian­te e ou­tra de­trás.

Di­ría que é un­ha vin­gan­za da bru­xa Ade­li­na, coa que con­sul­ta­ba Jor­di Pu­jol os seus pro­ble­mas per­soais, po­lí­ti­cos e eco­nó­mi­cos. Non se­xan mal pen­sa­dos, que o ne­go­cio non o fa­cía a mei­ga, se­nón el. Ela vi­vía tran­qui­la­men­te en An­do­rra, pe­ro tras­la­dou­se a Bar­ce­lo­na a mon­tar un­ha con­sul­ta e aten­der aos ami­gos po­lí­ti­cos do ex pre­si­den­te. Co­bra­ba a con­sul­ta, pe­ro des­pois de que el ga­ña­se o do­bre por per­mi­tir­lles usar os ser­vi­zos da súa vi­den­te. Ai, ai, Ade­li­na. Ai, ai, Jor­di! Me­nos mal que un dos fi­llos ten co­ra­zón e re­ga­la a ou­tro ir­mán os 500.000 eu­ros que o in­co­mo­da­ban na con­ta por­que era moi­to car­to xun­to.

Me­nos mal que oco­rreu en Ca­ta­lu­ña! Se é aquí on­de o po­lí­ti­co rou­ba ao po­bo a mans cheas axu­da­do po­los po­de­res dun­ha mei­ga, a que aten­de­rían os ti­tu­la­res? A que «ha­be­las hai­nas», e a que os ga­le­gos se­guen vo­tan­do aos que lles chu­chan os car­tos. E lo­go vi­ría to­do iso do ca­ci­quis­mo e a per­so­na­li­da­de ser­vil. E ve­ña que dá­lle, por­que os ga­le­gos, xa sa­ben o que din por aí, so­mos ton­tos.

Se­re­mos. Mais Jor­di Pu­jol e fa­mi­lia pre­goan ben fa­chen­do­sos que son ca­ta­láns ata a me­du­la.

Pois iso, que lles que­de cla­ro. As mei­gas sei­ca non só tra­ba­llan pa­ra os ga­le­gos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.