«Te­mos que tra­ba­llar xun­tos e non ca­da un na súa lei­ri­ña»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura -

A pri­mei­ra das li­ñas de tra­ba­llo da no­va co­mi­sión exe­cu­ti­va da RAG é a pre­pa­ra­ción do Día das Le­tras Ga­le­gas, «que es­tá aí e, en par­te, ex­pli­ca as da­tas da con­vo­ca­to­ria des­te ple­na­rio», di­cía Freixanes. Ta­mén sa­lien­ta­ba que a fi­gu­ra de Car­los Ca­sa­res es­tá re­ci­bin­do moi­tas ad­he­sións «e iso fai o Día das Le­tras máis ri­co, máis com­pli­ca­do, e esi­xe un es­for­zo gran­de por par­te da ins­ti­tu­ción». As es­tra­te­xias de co­mu­ni­ca­ción da RAG de­ben «vi­si­bi­li­zar ca­da vez máis a es­ti­ma so­cial da lin­gua e o tra­ba­llo des­ta ins­ti­tu­ción». Se­ría o ou­tro ob­xec­ti­vo. —¿E a fa­mo­sa gra­má­ti­ca? —O te­ma da gra­má­ti­ca é un­ha dé­be­da his­tó­ri­ca que ten a Aca­de­mia. E nós com­pro­me­té­mo­nos nes­te pe­río­do a po­ñe­la nas mans dos ga­le­gos e das ga­le­gas. —Pa­re­cía que na RAG ca­da un es­ta­ba na súa lei­ri­ña. ¿Con es­te res­pal­do con­se­guiu vos­te­de fa­cer a con­cen­tra­ción par­ce­la­ria? —Fi­xen a má­xi­ma po­si­ble e sín­to­me moi or­gu­llo­so e moi agra­de­ci­do aos com­pa­ñei­ros que me es­tán acom­pa­ñan­do aquí. O ideal te­ría si­do que to­dos es­ti­vé­se­mos aquí, que os que non vi­ñe­ron es­ti­ve­sen pa­ra opi­nar, pa­ra di­cir: si, non ou abs­ten­ción. —¿Que ou­tras ideas ma­ne­xan? —Non ima­xi­na a can­ti­da­de de ideas que te­mos. Ou­tra cou­sa é que as po­da­mos rea­li­zar. Na so­cie­da­de mo­der­na non hai un­ha úni­ca ins­ti­tu­ción, hai ou­tras que es­tán tra­ba­llan­do po­la lin­gua, po­la cul­tu­ra ga­le­ga, pú­bli­cas e pri­va­das, co­mo os es­cri­to­res, os tra­du­to­res, os edi­to­res, as pro­du­to­ras... Te­mos que bus­car for­mas de co­la­bo­ra­ción. Es­tou pen­san­do no Con­se­llo da Cul­tu­ra, no Ra­món Pi­ñei­ro, nas uni­ver­si­da­des... Te­mos que sen­tar­nos a tra­ba­llar xun­tos e non ca­da un na súa lei­ri­ña. Vou po­ñer un sí­mil fut­bo­lís­ti­co: ben co­lo­ca­dos no cam­po, sa­ben­do ca­da quen o que ten que fa­cer, e con en­tu­sias­mo, coas pi­las car­ga­das, ga­ñá­mos­lle ao equi­po máis di­fí­cil. E xo­gan­do ao ata­que, non á de­fen­si­va. Hai que per­der com­ple­xos, saír a cam­po aber­to, dis­cu­tir as cou­sas on­de ha­xa que dis­cu­ti­las e acep­tar que os de­mais te­ñen as súas ra­zóns. Por tan­to, te­mos que con­ven­cer, non ven­cer.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.