O ple­na­rio eli­xiu ao can­di­da­to por 18 vo­tos a fa­vor e só un en con­tra

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura -

Arre­dor dun­ha ho­ra du­rou on­te a reunión do ple­na­rio da RAG no que foi eli­xi­do pre­si­den­te Víctor Fer­nán­dez Freixanes. O se­cre­ta­rio da ins­ti­tu­ción, Hen­ri­que Monteagudo, ex­pli­cou que dos 28 aca­dé­mi­cos de nú­me­ro con de­rei­to a vo­to «tres es­cu­sa­ron a súa asis­ten­cia e hou­bo seis au­sen­cias máis». Na pri­mei­ra vo­ta­ción, a can­di­da­tu­ra de Freixanes ob­ti­vo 18 vo­tos a fa­vor e un en con­tra, can­do a maio­ría que pre­ci­sa­ba era de 15. Nes­te man­da­to, o dé­ci­mo quin­to pre­si­den­te da Aca­de­mia con­ta­rá cun­ha co­mi­sión exe­cu­ti­va que cua­li­fi­cou co­mo de con­ti­nuís­ta e na que Hen­ri­que Monteagudo se­gue sen­do o se­cre­ta­rio. Ta­mén re­pi­te co­mo vi­ce­se­cre­ta­rio An­drés To­rres Quei­ru­ga, que xa es­ti­vo con Xe­sús Alon­so Mon­te­ro.

Máis mu­lle­res

Tal e co­mo sa­lien­tou o no­vo pre­si­den­te na ex­po­si­ción do seu pro­gra­ma dian­te do ple­na­rio, na co­mi­sión exe­cu­ti­va man­ten­se a pro­por­ción fe­mi­ni­na, xa que a te­sou­rei­ra se­rá Ma­ri­lar Aleixandre e a ar­qui­vei­ra-bi­blio­te­ca­ria, Fi­na Ca­sal­de­rrey. Na an­te­rior di­rec­ti­va es­ta­ban Ro­sa­rio Ál­va­rez e Mar­ga­ri­ta Le­do. Freixanes di­xo no ple­na­rio: «Non me pa­re­ce cues­tión me­nor a pre­sen­za dun­ha por­cen­ta­xe fe­mi­ni­na nes­ta co­mi­sión. Ve­la­quí ou­tro es­for­zo que de­be­ria­mos asu­mir nos pró­xi­mos tem­pos. Es­for­zo de von­ta­de e es­for­zo de ima­xi­na­ción: a in­cor­po­ra­ción dun­ha maior por­cen­ta­xe de mu­lle­res no ple­na­rio e mes­mo na nó­mi­na de aca­dé­mi­cos co­rres­pon­den­tes e de aca­dé­mi­cos de hon­ra, sem­pre que se pre­sen­te a oca­sión e sem­pre con­si­de­ran­do a ca­li­da­de das eli­xi­das».

«Fi­xé­che­lo moi ben»

«Fi­xé­che­lo moi ben», di­cía Alon­so Mon­te­ro a Freixanes des­pois de que es­te ex­pli­ca­ra, no sa­lón de ac­tos, o que oco­rreu no ple­na­rio, aín­da que to­dos os asis­ten­tes es­ti­ve­ron ta­mén pre­sen­tes na com­pa­re­cen­cia e par­ti­ci­pa­ron na fo­to de fa­mi­lia.

Aos pa­ra­béns re­ci­bi­dos po­lo no­vo pre­si­den­te su­má­ron­se os da Xun­ta, que nun co­mu­ni­ca­do ex­pre­sou a súa «von­ta­de de re­no­var coa RAG un­ha re­la­ción ins­ti­tu­cio­nal fluí­da e efec­ti­va nas ta­re­fas de de­fen­sa e pro­mo­ción da lin­gua e a cul­tu­ra pro­pias de Ga­li­cia, tal e co­mo foi po­si­ble du­ran­te to­da a pre­si­den­cia de Xe­sús Alon­so Mon­te­ro». E re­ma­ta o co­mu­ni­ca­do di­cin­do que «con to­da cer­te­za es­te fun­cio­na­men­to útil e efec­ti­vo se­gui­rá in­cre­men­tán­do­se no trans­cur­so do no­vo pe­río­do que coa pre­si­den­cia de Freixanes ini­cia ho­xe un­ha das ins­ti­tu­cións ga­le­gas máis sen­llei­ras e pres­ti­xio­sas do no­so país».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.