Os me­no­res e as se­pa­ra­cións con­fli­ti­vas

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Galicia -

a mei­ran­de par­te dos ca­sos de fa­mi­lias dis­fun­cio­nais a se­pa­ra­ción con­xu­gal su­pón un­ha me­llo­ría no am­bien­te re­la­cio­nal dos fi­llos e fi­llas ao dei­xar de pre­sen­ciar si­tua­cións de con­fli­to nas que as súas prin­ci­pais fi­gu­ras de ape­go se amo­san odio, des­pre­zo ou di­rec­ta­men­te se in­sul­tan e pe­le­xan. Po­rén, hai ca­sos, xe­ral­men­te os máis pú­bli­cos e co­men­ta­dos, en que a se­pa­ra­ción agu­di­za o con­fli­to, en par­te po­la po­si­bi­li­da­de de dar ren­da sol­ta a frus­tra­cións e ran­co­res pa­sa­dos sen a ne­ce­si­da­de de con­vi­vir con quen os pro­vo­cou. Esas se­pa­ra­cións con­fli­ti­vas in­clúen en moi­tos ca­sos un­ha ba­ta­lla po­la cus­to­dia dos fi­llos co­múns (a pa­la­bra de­fi­ne moi ben al­gúns ca­sos en que se des­pre­gan es­tra­te­xias e tác­ti­cas co­mo se dun­ha gue­rra se tra­ta­se) con­ver­ten­do a mes­ma en ob­xec­ti­vo prin­ci­pal, ao que en oca­sións van apa­re­lla­dos pro­ble­mas emo­cio­nais, ou nou­tras, eco­nó­mi­cos ou de pro­pie­da­des.

En xe­ral os me­no­res te­ñen un­ha al­ta ca­pa­ci­da­de de su­pera­ción do dano, desen­vol­ven de­fen­sas e fi­nal­men­te adáp­tan­se, pre­ser­van­do a súa es­ta­bi­li­da­de. Po­la con­tra, se es­tas si­tua­cións son de par­ti­cu­lar in­ten­si­da­de ou per­sis­ten no tem­po po­den xe­rar un dano que de­pen­de­rá na súa ex­pre­sión e al­can­ce da ex­pe­rien­cia vi­vi­da, pe­ro ta­mén da per­so­na­li­da­de en for­ma­ción, que se ve­rá á súa vez afec­ta­da po­las vi­ven­cias ne­ga­ti­vas do neno. Nos ca­sos máis dra­má­ti­cos, aque­les que con­le­va­ron un­ha per­da de re­la­ción cun pro­xe­ni­tor e su­pu­xe­ron por tan­to un dano, a ve­ces se­ve­ro, do víncu­lo con el, pó­den­se pre­sen­tar nos ra­pa­ces reac­cións de ti­po aními­co que en oca­sións che­gan a afec­tar á súa es­ta­bi­li­da­de psi­co­ló­xi­ca de for­ma per­sis­ten­te. Du­ran­te o con­fli­to e co­mo con­se­cuen­cia des­te po­den pre­sen­tar­se nos fi­llos con­fli­tos de leal­da­des res­pec­to aos pro­xe­ni­to­res, que re­sol­ven anu­lan­do a fi­gu­ra que con­si­de­ran res­pon­sá­bel e apoian­do aque­la que con­si­de­ran máis ne­ce­si­ta­da e apoián­do­se ne­la. Nal­gúns ca­sos po­de apa­re­cer in­clu­so un efec­to de pa­ren­ti­fi­ca­ción can­do os me­no­res asu­men o rol de nai ou pai pro­tec­tor res­pec­to do pro­xe­ni­tor que con­si­de­ran máis ne­ce­si­ta­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.