A obra «Eros­ki Pa­raí­so» trun­fa nos Ma­ría Ca­sa­res ao le­var os dous pre­mios maio­res

Só «O to­llei­to de Inish­maan», de Cán­di­do Pa­zó, con cin­co es­ta­tuí­ñas, lle dispu­tou a noi­te á pe­za de Ché­ve­re

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - RO­DRI GARCÍA

A noi­te dos pre­mios Ma­ría Ca­sa­res foi a noi­te de Eros­ki Pa­raí­so e de O to­llei­to de Inish­maan. As súas res­pec­ti­vas oi­to e on­ce no­mi­na­cións xa anun­cia­ban que a pug­na en­tre os dous es­pec­tácu­los se­ría a al­ma da ve­la­da que aco­lleu on­te o co­ru­ñés tea­tro Ro­sa­lía de Cas­tro. No tra­mo fi­nal foi a pro­du­ción de Ché­ve­re Eros­ki Pa­raí­so a que se fi­xo cos dous ga­lar­dóns máis ape­te­ci­dos, os da mon­ta­xe e a di­rec­ción. Xe­sús Ron, que re­co­lleu es­te úl­ti­mo, em­pre­gou a súa in­ter­ven­ción de agra­de­ce­men­to para fa­cer va­rias pe­ti­cións no ám­bi­to do la­bo­ral. Re­cla­mou que o CDG (Cen­tro Dra­má­ti­co Ga­le­go) po­da dis­por de do­ta­ción eco­nó­mi­ca pro­pia para evi­tar lior­tas co­mo as que ve­ñen de pro­du­cir­se na se­lec­ción do elen­co de Mar­tes de Car­na­val —a pro­fe­sión esi­xe in­de­pen­den­cia to­tal no cam­po ar­tís­ti­co para os di­rec­to­res das mon­ta­xes—. Ron desexou ade­mais que na ga­la do pró­xi­mo ano xa es­tea en vi­gor a lei ga­le­ga das ar­tes es­cé­ni­cas, na que se em­pe­zou a tra­ba­llar e da que xa te­ñen un bo­rra­dor do tex­to.

Hou­bo así es­pa­zo na fes­ta —idea­da e con­du­ci­da po­lo paia­so Pe­po Sue­vos— para a reivin­di­ca­ción. E Cán­di­do Pa­zó pu­xo desegui­do o Ro­sa­lía en ca­mi­ño can­do xa nos co­me­zos subiu a re­co­ller o pre­mio á me­llor adap­ta­ción/ tra­du­ción por O to­llei­to (so­bre o tex­to do au­tor an­glo­ir­lan­dés Mar­tin McDo­nagh) e de­di­cou sen­ti­da­men­te o ga­lar­dón —com- par­ti­do con San­ti Ro­may e Al­ber­to Rodríguez— «á lin­gua, á no­sa lin­gua». Pe­ro qui­zais o mo­men­to máis emo­ti­vo da ga­la da 21.ª edi­ción dos pre­mios Ma­ría Ca­sa­res —or­ga­ni­za­dos po­la a Aso­cia­ción de Ac­to­res de Ga­li­cia (AAAG)— pro­ta­go­ni­zouno Eduar­do Alon­so, co tea­tro Ro­sa­lía aplau­din­do posto en pé, can­do, ao re­ci­bir o ga­lar­dón de hon­ra Ma­ri­sa So­to, e des­pois de ra­char os pa­peis co dis­cur­so que le­va­ba es­cri­to, re­ma­tou, di­ri­xín­do­se á súa do­na: «¡Lu­ma, que nos qui­ten o bai­la­do!». Non é para me­nos, son xa trin­ta anos de an­dai­na com­par­ti­da coa súa mu­ller (a ac­triz Lu­ma Gó­mez) de­trás de Tea­tro do No­roes­te, im­pres­cin­di­ble com­pa­ñía da es­ce­na ga­le­ga.

De mu­lle­res ta­mén fa­lou o pre­si­den­te do co­lec­ti­vo AAAG, Er­nes­to Chao, que fi­xo un­ha cha­ma­da

á tra­ba­llar xun­tos po­la igual­da­de no tea­tro ao ase­gu­rar que só en­tre o 25 % e o 30 % dos pa­peis son para as mu­lle­res, e que as his­to­rias via­xan sem­pre arre­dor dun ho­me (ou de va­rios). Nes­te mes­mo sen­ti­do, lem­brou un da­to moi re­le­van­te: o 70% do pú­bli­co es­tá for­ma­do por mu­lle­res.

Un­ha das no­vi­da­des máis es­pe­ra­das nes­ta edi­ción dos Ma­ría Ca­sa­res foi a pre­sen­za de Pe­po Sue­vos. «A apos­ta é di­fe­ren­te por­que en­car­gá­ron­lle a ga­la a un paia­so», iro­ni­za­ba so­bre si mes­mo. O có­mi­co —«un fu­lano que non fai tea­tro», con­fe­sou— foi o pre­sen­ta­dor e di­rec­tor da ve­la­da. E con gol­pes de hu­mor e de­sen­fa­do, re­fle­xio­nou so­bre as re­la­cións en­tre o mun­do do tea­tro e a Ad­mi­nis­tra­ción. Con­tou cos ac­to­res Ro­ber­to Leal, Patricia To­rres, Al­ber­to Ro­lán, Marta La­do, Sil­va­na Ses­te­lo e Jo­si­to Por­to, e a es­ce­no­gra­fía de Su­so Mon­te­ro, ani­ma­dos to­dos po­lo son e o jazz dun­ha ban­da cu­ba­na.

A dra­ma­tur­ga e ac­triz Im­ma An­tó­nio leu o Ma­ni­fes­to ga­le­go do Día Mun­dial do Tea­tro.

EDUAR­DO PÉREZ

O ac­tor Mi­guel de Li­ra, no atril, ani­ma­do po­lo con­du­tor da ga­la, Pe­po Sue­vos, agra­de­ce o pre­mio á me­llor mon­ta­xe para «Eros­ki Pa­raí­so», un­ha pro­du­ción de Ché­ve­re que di­ri­xe Xe­sús Ron (á es­quer­da).

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.