«De­mos­tra­mos que o ga­le­go era un­ha lin­gua útil pa­ra fa­lar de to­do» Xosé Gon­zá­lez creou no Con­ce­llo de Re­don­de­la o pri­mei­ro ser­vi­zo de nor­ma­li­za­ción lin­güís­ti­ca de Ga­li­cia

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - LUIS CARLOS LLERA

O pre­si­den­te do Fo­ro En­ri­que Peinador, Xosé Gon­zá­lez Mar­tí­nez (Vigo 1950), co­ñe­ci­do co­mo Pe­pe de Re­don­de­la, ar­tí­fi­ce do pri­mei­ro ser­vi­zo de nor­ma­li­za­ción lin­güís­ti­ca de Ga­li­cia, xu­bí­la­se des­pois dun­ha in­ten­sa ca­rrei­ra co­mo fun­cio­na­rio en Re­don­de­la e tra­ba­lla­dor na de­fen­sa a prol do uso co­tián do ga­le­go na ad­mi­nis­tra­ción e na vi­da dia­ria. Gon­zá­lez pu­xo en mar­cha un­ha man­chea de aso­cia­cións pa­ra ga­le­gui­zar Ga­li­cia. Ho­xe rén­den­lle ho­me­na­xe no cas­te­lo de Sou­to­maior coa asis­ten­cia de máis de 180 ami­gos e per­soei­ros da vi­da cul­tu­ral e so­cial do país.

—Vos­te­de cum­pre 67 anos en xu­ño. Xu­bí­la­se o 6 de abril. ¿Non que­ría xu­bi­lar­se ata o de ago­ra? —In­cor­po­rei­me tar­de ao mun­do la­bo­ral. An­tes de­di­quei­me á po­lí­ti­ca. —¿Can­do che­gou ao Con­ce­llo de Re­don­de­la? —Em­pe­cei en 1979. —¿Foi un dos fun­da­do­res da UPG? —Fun un dos re­fun­da­do­res. In­cor­po­rei­me en 1967 [fun­dá­ra­se no 64]. Fun a pri­mei­ra per­soa pro­ce­den­te do mun­do obrei­ro. An­tes xa es­ta­ban Ma­ría Xosé Quei­zán, Xosé Luís Mén­dez Fe­rrín, Xa­vier Pou­sa, Luís So­to.

—E lo­go bo­tá­rono, ¿por que? —Na UPG pen­sa­ban que só po­día exis­tir un par­ti­do na­cio­na­lis­ta e eu de­fen­dín que ti­ña que ha­ber va­rias for­ma­cións.

—¿Che­gou a es­tar no cár­ce­re? —Foi en agos­to do 1975. Es­ti­ven un mes. Acu­sá­ron­me de ser di­ri­xen­te da UPG e tor­tu­rá­ron­me. —Xa na de­mo­cra­cia, fo­ron a por vos­te­de. —Es­ta­ba fa­cen­do un cur­so en Bar­ce­lo­na en 1983 e vi­ñe­ron ao ho­tel Mon­te­car­lo uns se­ño­res con me­tra­lle­ta. Ti­ñan un­ha or­de de busca e cap­tu­ra porque non des­truí­ran a fi­cha. Pe­ro eu era ami­go do go­ber­na­dor ci­vil de Pon­te­ve­dra, Vir­gi­nio Fuer­tes, e sol­tá­ron­me.

—¿Co­mo le­va a ho­me­na­xe que lle or­ga­ni­za­ron? —Eu son tí­mi­do can­do me to­ca ser pro­ta­go­nis­ta. Son da­do ao tra­ba­llo en equi­po. As vai­da­des son mal de moi­ta xen­te.

—¿Cal é a súa má­xi­ma? —Fron­te ao pe­si­mis­mo da ra­zón hai que po­ñer o op­ti­mis­mo da von­ta­de. —Vos­te­de pro­mo­veu o pre­mio Blan­co Amor. ¿Co­mo foi? —Eu co­ñe­cía a Blan­co Amor e, ao mo­rrer el, o al­cal­de de Ou­ren­se non qui­xo que o ca­da­lei­to en­tra­se no Con­ce­llo. E eu pro­pu­xen un ac­to de pro­tes­ta. Pa­ra res­tau­rar a súa me­mo­ria crea­mos un pre­mio de no­ve­la ga­le­ga. Co­ren­ta e dous con­ce­llos pu­xe­ron 25.000 pe­se­tas ca­da un e foi or­ga­ni­zán­do­se de xei­to iti­ne­ran­te. —Re­don­de­la foi o pri­mei­ro Con­ce­llo en ter ser­vi­zo de nor­ma­li­za­ción lin­güís­ti­ca. —Fi­xen re­la­cións con po­lí­ti­cos de Ca­ta­lu­ña e o País Vas­co e em­pe­cei a ir por alá. Le­vá­ban­nos moi­tos anos de van­ta­xe e pu­xen en mar­cha o ser­vi­zo con moi­ta ima­xi­na­ción.

—A pri­mei­ra cam­pa­ña ti­vo moi­to éxi­to. —Era un­ha cam­pa­ña di­ri­xi­da a crear au­to­es­ti­ma so­bre o uso do ga­le­go. Fi­xe­mos 35.000 car­teis, deseña­dos por Ma­no­lo Ja­nei­ro e Pa­co

«Es­ti­ven un mes de­ti­do e tor­tu­rá­ron­me por ser di­ri­xen­te da UPG»

Man­te­cón. Eli­xi­mos a per­soei­ros co­mo Mon­se­ñor Araú­jo, bis­po de Mon­do­ñe­do, Fer­nan­do Rey, Aman­cio Pra­da, Pilar San­jur­jo, Luis Ma­ri­ñas, Fer­nan­do Óne­ga, Fer­nan­do Ro­may e Mi­guel Án­gel, o porteiro do Real Ma­drid.

—¿Can­do con­se­guiu que o Con­ce­llo usa­se o ga­le­go co nor­ma­li­da­de? —Pri­mei­ro fi­xe­mos cur­sos e guías pa­ra o uso do ga­le­go. No ano 1983 xa es­ta­ba to­do en ga­le­go. —No ano se­guin­te hou­bo un sal­to, a pri­mei­ra sen­ten­za en ga­le­go. ¿Co­mo se fi­xo? —De­mos­tra­mos que o ga­le­go era un­ha lin­gua pa­ra fa­lar de to­do. Con­tac­tei con Clau­dio Mo­vi­lla, que es­ta­ba na Audiencia Te­rri­to­rial e era pre­si­den­te da sa­la do con­ten­cio­so. Así di­tou­se a pri­mei­ra sen­ten­za en ga­le­go des­pois de 400 años.

—¿O ga­le­go ten boa saú­de? —Nor­mal, porque eu non son pe­si­mis­ta. Es­ta­mos lon­xe do ideal pe­ro hou­bo avan­ces gran­des.

M. MORALEJO

Gon­zá­lez xu­bí­la­se no seu posto de fun­cio­na­rio no Con­ce­llo de Re­don­de­la, on­de che­gou en 1979.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.