Na­dar con Mi­reia

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Opinión -

Lo­grouno. Xa é ou­ro mun­dial. 200 me­tros bol­bo­re­ta. Al­go me di­cía que o ía con­se­guir, que o me­tal máis pre­za­do ía ser pa­ra ela. Foi un la­te­xo que me deu ao ve­la saír. Esa ca­ra con­cen­tra­da, sen ex­ce­si­va ten­sión. Eu pen­sa­ba na can­ti­da­de de ho­ras que pa­sou na au­ga, a can­ti­da­de de sa­cri­fi­cios, es­for­zos, dor fí­si­ca e atran­cos psi­co­ló­xi­cos que su­per­ou pa­ra que ese cor­po pa­re­ce­se es­cul­pi­do por un ex­per­to en téc­ni­cas de na­ta­ción.

Una anato­mía po­de­ro­sa pa­ra loi­tar con­tra a au­ga... se­xa co­mo se­xa esa loi­ta de­sigual dun só­li­do con­tra un lí­qui­do.

E Mi­reia con­ver­teu­se en bol­bo­re­ta, saí­ron­lle ás. Des­pre­gou­nas pou­co a pou­co, ata voar so­bre a au­ga cris­ta­li­na. Ape­nas fo­ron dous mi­nu­tos, tem­po no que ta­mén me saí­ron ás a min. Er­guin­me do so­fá pa­ra apro­xi­mar­me máis á pan­ta­lla. Que­ría che­gar ao bor­do da pis­ci­na con Mi­reia... Ve­ña, Mi­rei, ve­ña! Na ca­sa os co­ra­zóns ace­le­rá­ron­se. Su­po­ño que hou­bo moi­tos máis que se ache­ga­ron ao te­le­vi­sor, que lle be­rra­ron pa­la­bras de áni­mo á na­da­do­ra. Na­da­mos con Mi­reia des­de ca­sa. So­rriu e emo­cio­ná­mo­nos con ela.

Pe­ro non ser­ve na­dar ao ca­rón de Mi­reia só eses mi­nu­tos de glo­ria nos que po­de aca­dar un­ha me­da­lla. Non po­de­mos ser efé­me­ras bol­bo­re­tas pa­ra voar ao seu ca­rón só un ins­tan­te. Ha­bía que se­guir a Mi­reia todo o ano, acom­pa­ña­la e va­lo­ra­la ca­da día. Fa­cer o seu tra­ba­llo e o seu es­for­zo ben vi­si­bles, por­que son dig­nos de to­mar co­mo exem­plo.

Que gran de­por­tis­ta. E que in­xus­to ou tar­dío é o re­co­ñe­ce­men­to con ela.

Voa, Mi­reia. Tes as ás de bol­bo­re­ta máis for­tes que hai.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.