Sim­bo­lis­mos

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - La Voz De Galicia - Biei­to Ro­me­ro

Vi­vi­mos nun mun­do atei­ga­do de sím­bo­los. Té­mo­los arre­dor de nós en todo mo­men­to. A ve­ces sa­be­mos des­ci­fra­los e ou­tras ve­ces non. Son com­pren­si­bles ao no­so en­ten­de­men­to aque­les que nos afec­tan máis de pre­to, os que for­man par­te di­rec­ta da civilización que nos to­ca vi­vir, os que con­di­cio­nan os no­sos mo­ve­men­tos a co­tío, co­mo po­den ser as lu­ces dun se­má­fo­ro, as si­nais de trá­fi­co, as mar­cas co­mer­ciais coas que iden­ti­fi­ca­mos un pro­du­to ou as que in­di­can ou de­ter­mi­nan lu­ga­res, por di­cir al­gúns. A ga­le­ga é un­ha cul­tu­ra mi­le­na­ria moi vi­va aín­da ho­xe, car­ga­da de có­di­gos sim­bó­li­cos que fo­ron so­bre­vi­vin­do co pa­so do tem­po pe­ro que che­ga­ron aos no­sos días maior­men­te des­pro­vis­tos de sig­ni­fi­ca­ción. O sim­bo­lis­mo nas no­sas cons­tru­cións tra­di­cio­nais, co­mo po­de ser o dos hó­rreos, é un exem­plo: por un lado o cul­to á fer­ti­li­da­de, de ori­xe pa­gá, re­fle­xa­do nos cu­mios de ti­po pi­ra­midal do seu tei­to, en con­vi­ven­cia coas cru­ces do cris­tia­nis­mo amo­san en­con­tros sim­bó­li­cos que proceden de tem­pos ben an­ter­gos e que ape­nas sa­be­mos in­ter­pre­tar. Ta­mén, a sim­bo­lo­xía xeo­mé­tri­ca evo­lui­da do círcu­lo (un­ha das máis an­ti­gas re­pre­sen­ta­cións do sol) tan abon­do­sa nas no­sas al­deas en for­ma de ro­se­tas, tris­queis, ra­diais, es­te­las e moi­tos ou­tros que apa­re­cen re­cu­rren­te­men­te gra­va­dos ou de­bu­xa­dos en ar­te­sas, mo­bles, por­tas, fies­tras, po­zos, hó­rreos, lá­pi­das fu­ne­ra­rias, igre­xas, et­cé­te­ra, e que non só cum­prían un­ha fun­ción de­co­ra­ti­va co­mo po­de­mos pen­sar, se­nón que son re­mi­nis­cen­cias ori­xi­nais de cul­tos an­te­rio­res á che­ga­da do cris­tia­nis­mo, que per­vi­vi­ron ao lon­go do tem­po e que o máis se­gu­ro é que fo­sen ele­men­tos re­la­cio­na­dos coa pro­tec­ción dos no­sos lu­ga­res máis sa­gra­dos. Ás ve­ces mi­rar con ou­tros ollos déi­xa­nos ver moi­to máis.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.