«Pre­sén­to­me sen tu­te­las nin eti­que­tas»

Xoa­quín Fer­nán­dez Lei­cea­ga (Noia, 1961) é eco­no­mis­ta e por­ta­voz par­la­men­ta­rio do PS­deG no Hó­rreo:

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Galicia -

1. Con­si­dé­ro­me un can­di­da­to que tra­ba­lla den­tro do Par­ti­do So­cia­lis­ta que li­de­ra Pe­dro Sán­chez, que foi a per­soa que ga­ñou o con­gre­so de Madrid.

2. Es­ta­mos nun mo­men­to de em­pe­zar a di­ri­xir­nos aos mi­li­tan­tes e, so­bre todo, de es­coi­ta­los ta­mén a eles. O mo­men­to ac­tual é pre­ci­sa­men­te ese: o de pul­sar opi­nións e di­fun­dir a no­sa men­sa­xe. Se qui­xe­ra fu­sio­nar a mi­ña can­di­da­tu­ra nes­te mo­men­to pois o cer­to é que xa non me te­ría pre­sen­ta­do a es­te pro­ce­so de pri­ma­rias. Hai que ter en con­ta que aca­ba­mos de de­ci­dir pre­sen­tar­nos e ata se­tem­bro non se van for­ma­li­zar as can­di­da­tu­ras.

3. Por su­pos­to. O de­ba­te de­be­ría ser ca­se un­ha esi­xen­cia de­mo­crá­ti­ca. É un­ha for­ma de ex­pli­car me­llor aos mi­li­tan­tes co­mo ve­mos o fu­tu­ro do par­ti­do. E que eles se poi­dan fa­cer un­ha com­po­si­ción de lugar.

4. A ver­da­de é que non o sei por­que non te­ño una bó­la de cris­tal. O cer­to é que as con­di­cións que pu­xo a xes­to­ra son as máis esi­xen­tes que po­de ha­ber den­tro do que per­mi­ten os es­ta­tu­tos, cun dez por cen­to de avais. Con esas con­di­cións, pen­so que é di­fí­cil que poi­da ha­ber moi­tos máis can­di­da­tos, pe­ro non o sei.

5. O pri­mei­ro de todo é que te­mos que con­tar cun par­ti­do so­cia­lis­ta for­te e uni­do, e so­bre todo que se abra á so­cie­da­de. Pa­ra iso pre­ci­sa­mos un li­de­ra­do or­gá­ni­co fir­me, por iso di­go sem­pre que me pre­sen­to sen tu­te­las e eti­que­tas. Pre­ci­sa­men­te pa­ra tentar ser un re­fe­ren­te de todo o par­ti­do. E en se­gun­do lugar, o par­ti­do so­cia­lis­ta ten que ter un li­de­ra­do so­cial por­que sen li­de­ra­do so­cial o li­de­ra­do or­gá­ni­co es­tá co­xo. E es­tas son as dúas con­di­cións pa­ra po­der ar­ti­cu­lar un­ha al­ter­na­ti­va pro­gre­sis­ta ao PP, que é o que fai fal­ta en Ga­li­cia.

6. Es­ta­ble­ce­ría un diá­lo­go con eles pa­ra bus­car un pro­gra­ma co­mún. Se con­se­gui­mos po­ñer­nos de acor­do no que hai que fa­cer si que pac­ta­ría. Esa é a con­di­ción bá­si­ca. Po­ñer­nos de acor­do no que hai que fa­cer que­re di­cir que o nú­cleo fun­da­men­tal do no­so pro­xec­to ten que es­tar nos pro­gra­mas de go­berno.

7. Xe­ran­do con­fian­za. E iso sig­ni­fi­ca aten­der as de­man­das da so­cie­da­de e dar­lle un­ha res­pos­ta den­de a cul­tu­ra e os va­lo­res do so­cia­lis­mo. E, en se­gun­do lugar, as per­soas que re­pre­sen­ten ao Par­ti­do So­cia­lis­ta han de ter a cre­di­bi­li­da­de ne­ce­sa­ria pa­ra po­der le­var a ca­bo ese pro­xec­to.

8. O PS­deG le­va de­ma­sia­do tem­po nun­ha si­tua­ción de in­te­ri­ni­da­de e fal­ta un­ha di­rec­ción po­lí­ti­ca que se­xa efi­caz e uni­ta­ria. De mo­men­to, o úni­co que fun­cio­na de xei­to uni­ta­rio en Ga­li­cia é o gru­po par­la­men­ta­rio.

9. Non pa­re­ce que exis­ta ese ris­co e den­de lo­go, se so­mos capaces de dar­lles un­ha res­pos­ta nes­tas pri­ma­rias e nes­te con­gre­so aos re­tos des­te tem­po, te­mos un gran fu­tu­ro por dian­te.

XOÁN A. SO­LER

Lei­cea­ga apre­ma a ter un par­ti­do uni­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.