«O cen­tro ra­di­cal da ci­da­de é a idea de li­ber­da­de»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura -

A quei­ma de li­bros, que desem­pe­ña un pa­pel cen­tral na no­ve­la de Ri­vas, su­pón un­ha loi­ta contra o co­ñe­ce­men­to e a li­ber­da­de. Aín­da que dou­tra for­ma, pa­ra o au­tor é al­go que aín­da se­gue moi pre­sen­te na ac­tua­li­da­de. —¿A quei­ma de li­bros su­pón un des­pre­zo ou un­ha loi­ta contra o co­ñe­ce­men­to? —A xen­te que or­de­na a quei­ma dos li­bros non é xen­te in­cul­ta, non son bár­ba­ros; son xus­ta­men­te per­soas que sa­ben moi­to dos li­bros. Sa­ben ca­les hai que quei­mar e ca­les non. Dan­lles moi­to po­der e por iso loi­tan contra de­ter­mi­na­dos títulos. —Hai on­ce anos que se pu­bli­cou a no­ve­la. ¿Que pen­sa can­do vol­ve a ela no 2017? —Pa­ra min es­te li­bro sempre per­ma­ne­ceu vi­vo. Nun­ha das crí­ti­cas li­te­ra­rias que se fi­xe­ron no seu día di­xe­ron que os per­so­na­xes da no­ve­la es­tán «for­mi­da­ble­men­te vi­vos». Pen­so que o es­cri­tor é un me­dia­dor, os que que­dan son os per­so­na­xes. Aín­da que a no­ve­la se pu­bli­cou no 2006, po­de­ría ter­se pu­bli­ca­do ho­xe co mes­mo fi­nal, xa que es­te nos re­mi­te á cousi­fi­ca­ción ou á co­mer­cia­li­za­ción, tan pre­sen­tes can­do fa­la­mos de al­go que ten tan­ta vi­da co­mo un li­bro e que, moi­tas ve­ces, non sa­be­mos ver. —Un­ha das pro­ta­go­nis­tas do li­bro, se ca­dra a máis importante, é A Co­ru­ña. ¿Se­gue man­ten­do un pa­sa­do ocul­to? —To­tal­men­te. Por iso a me­mo­ria é tan importante. Ten­se fa­la­do da Co­ru­ña co­mo a ci­da­de atlán­ti­ca. Hai ci­da­des que na­cen a ca­rón dun­ha pon­te ou dun­ha fei­ra, pe­ro A Co­ru­ña na­ceu dun ni­ño de pes­ca­do­res. É un­ha ci­da­de na que, se vas atra­ve­san­do o tem­po, en­con­tras un cen­tro ra­di­cal, un sen­ti­do. Al­go que es­tá aí. O cen­tro ra­di­cal da ci­da­de é a idea da li­ber­da­de; li­ber­da­de en dis­tin­tos pro­ce­sos. Foi a ci­da­de que máis im­por­tan­cia ti­vo na loi­ta ir­man­di­ña e ta­mén con­ta cun gran pa­sa­do li­be­ral, cul­tu­ral e ta­mén fol­guis­ta. An­te Ga­li­cia e Es­pa­ña, foi considerada co­mo un­ha Bar­ce­lo­na atlán­ti­ca. Era un­ha ci­da­de li­bre, que ten na súa me­mo­ria un­ha se­rie de con­di­cións que me gus­ta­ría que vi­vi­ran e flo­re­ce­ran nos tem­pos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.