Pu­bli­can en xa­po­nés «Os Ei­dos» e un li­bro de gra­má­ti­ca ga­le­ga

Trá­ta­se de tra­ba­llos do lin­güis­ta e aca­dé­mi­co co­rres­pon­den­te Ta­ke­ka­zu Asa­ka,«un exem­plo im­por­tan­te pa­ra a no­sa lin­gua»

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cul­tu­ra - MON­TSE GAR­CÍA

O pro­fe­sor da Uni­ver­si­da­de de Tsu­da­ju­ku re­cen­te­men­te no­mea­do aca­dé­mi­co co­rres­pon­den­te, Ta­ke­ka­zu Asa­ka (To­quio, 1952), aca­ba de pu­bli­car en xa­po­nés un li­bro de gra­má­ti­ca ga­le­ga, co que ac­tua­li­za ou­tro que fi­xe­ra no ano 1993, e a tra­du­ción a esa lin­gua de Os Ei­dos I, de Uxío No­vo­ney­ra. «Den­de que co­ñe­cín ao es­cri­tor no ano 91-92 en­can­tou­me a súa ma­nei­ra de crear e, des­pois de vi­si­tar O Cou­rel, en­ten­dín o que ex­pre­sou en Os Ei­dos», ase­gu­rou o lin­güis­ta, quen con an­te­rio­ri­da­de xa tra­du­ci­ra á lin­gua ni­po- na obras de Ro­sa­lía de Cas­tro e Ra­món Ca­ba­ni­llas, en­tre ou­tras.

Os dous tra­ba­llos fo­ron pre­sen­ta­dos on­te en San­tia­go, nun ac­to no que par­ti­ci­pou o se­cre­ta­rio xe­ral de Po­lí­ti­ca Lin­güís­ti­ca, Va­len­tín Gar­cía; os au­to­res dos li­mia­res dos li­bros, o aca­dé­mi­co da lin­gua Fran­cis­co Fer­nán­dez Rei —da gra­má­ti­ca— e o poe­ta Clau­dio Ro­drí­guez Fer —do poe­ma­rio—; así co­mo a pre­si­den­ta da Fun­da­ción Uxío No­vo­ney­ra, El­va Rey, en­tre ou­tros. Gar­cía des­ta­cou o pa­pel de va­le­dor do ga­le­go que exer­ce Osa­ka. «O seu é un exem­plo im­por­tan­te pa­ra a lin­gua» afir­mou, pa­ra destacar o va­lor en­ga­di­do que su­pón o tra­ba­llo do pro­fe­sor ni­pón pa­ra a súa di­fu­sión.

Na pu­bli­ca­ción pa­ra en­si­nar ga­le­go aos xa­po­ne­ses, No­va gra­má­ti­ca do ga­le­go, Asa­ka apor­ta no­vos apar­ta­dos e máis exem­plos que na ver­sión Gra­má­ti­ca do ga­le­go mo­derno, que pu­bli­ca­ra en 1993, ade­mais de ac­tua­li­zar o tex­to con­for­me a nor­ma­ti­va do Ta­ke­ka­zu Asa­ka (no cen­tro) pre­sen­tou on­te os tra­ba­llos que pro­xec­tan o ga­le­go en Xa­pón.

2003. O au­tor do li­miar, Fran­cis­co Fer­nán­dez, in­di­cou que es­te tra­ba­llo vai ser, ade­mais, ma­te­rial im­pres­cin­di­ble pa­ra un cur­so de ga­le­go que se vai im­par­tir nun­ha uni­ver­si­da­de de To­quio. «É un ma­nual prác­ti­co, ten moi­ta exem­pli­fi­ca­ción», des­ta­cou des­pois de re­pa­sar o ven­ce­llo con Ga­li­cia de Asa­ka tras aquel pri­mei­ro con­tac­to no ano 1989.

En can­to a edi­ción bi­lin­güe ga­le­go-xa­po­nés

do poe­ma­rio Os Ei­dos (1955), de Uxío No­vo­ney­ra, Asa­ka in­ci­diu na di­fi­cul­ta­de pa­ra tra­du­cir a obra por­que ter­mos que em­pre­gou o au­tor non apa­re­cen no di­cio­na­rio, pe­ro ase­gu­rou que fi­nal­men­te si pui­do trans­mi­tir o am­bien­te do Cou­rel á lin­gua orien­tal. Po­la súa ban­da, Clau­dio Ro­drí­guez Fer, en­car­ga­do do li­miar, in­ci­diu nas moi­tas co­ne­xións da poe­sía de Uxío No­vo-

ney­ra coa xa­po­ne­sa, ade­mais do tra­ba­llo desen­vol­vi­do por Asa­ka. «La­bo­res co­mo a súa son fun­da­men­tais no só pa­ra a su­per­vi­ven­cia do ga­le­go, se­nón pa­ra a su­per­vi­ven­cia da di­ver­si­da­de hu­ma­na», afir­mou.

Ta­ke­ka­zu Asa­ka —«ou Ta­ki­ño co­mo me cha­man aquí»—, ex­pli­cou que es­tas pu­bli­ca­cións son os seus úl­ti­mos tra­ba­llos da vi­da uni­ver­si­ta­ria.

PA­CO RO­DRÍ­GUEZ

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.