Vi­deo­poe­mas: nova vi­da pa­ra a lí­ri­ca

Au­to­res co­mo Xulio L. Val­cár­cel ou Dia­na Va­re­la Pu­ñal xa ver­ten as súas crea­cións a In­ter­net en for­ma­to au­dio­vi­sual pa­ra ache­ga­los a no­vos pú­bli­cos

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura - MÓ­NI­CA P. VI­LAR

¿Que te­rían fei­to Men­din­ho ou Mar­tín Có­dax de ter na­ci­do nos tem­pos da In­ter­net? Se ca­dra vi­ra­rían nun­ha sor­te de you­tu­bers na pro­cu­ra de fa­cer che­gar as súas his­to­rias máis lon­xe do que as via­xes dos tro­ba­do­res aca­da­ron nun­ca.

É al­go que ten cla­ro a es­crito­ra Dia­na Va­re­la Pu­ñal que de­ci­diu trans­for­mar va­rias das com­po­si­cións da súa úl­ti­ma obra poé­ti­ca, Non, amor, en pe­que­nas pe­zas au­dio­vi­suais. «Es­te é un li­bro moi mu­si­cal, con­ci­bi­do den­de o prin­ci­pio pa­ra o re­ci­ta­do. Com­pu­xen os poe­mas ba­seán­do­me no rit­mo que es­coi­ta­ba na mi­ña ca­be­za. Os vi­deo­poe­mas per­mí­ten­lle á xen­te es­coi­tar ese re­ci­ta­do e iso ser­ve pa­ra ache­gar á xen­te á poe­sía. Le­la po­de pa­re­cer di­fí­cil pe­ro nin­guén re­cea de oí­la. Hai que atraer lec­to­res. O mun­do ne­ce­si­ta xen­te á que lle gus­ten as ar­tes.»

Un ar­gu­men­ta­rio moi se­me­llan­te ao do es­cri­tor lu­cen­se Xulio Val­cár­cel. Au­tor con­sa­gra­do na tin­ta e o pa­pel, non du­bi­dou en re­co­rrer a es­te ac­tual xei­to de ex­pre­sión pa­ra lle dar nova vi­da a al­gúns dos seus poe­mas. «É a ma­nei­ra de ache­gar­se á xen­te que non aco­de a un­ha li­bre­ría nin a un­ha bi­blio­te­ca pe­ro que si ac­ce­de a In­ter­net, xen­te que tra­ba­lla máis coa ima­xe que coa pa­la­bra. A poe­sía foi pri­mei­ro un fe­nó­meno oral, lo­go pa­sou á es­cri­ta e ago­ra es­ta­mos nun mo­men­to no que é ne­ce­sa­rio usar as no­vas tec­no­lo­xías.»

Tan­to Va­re­la co­mo Val­cár­cel acu­di­ron ao co­ru­ñés Cris­tian Ro­la pa­ra ver­ter os seus tex­tos ao mun­do au­dio­vi­sual. «É un­ha per­soa cun­ha gran sen­si­bi­li­da­de ar­tís­ti­ca. Non se li­mi­tou a plas­mar en ima­xes a li­te­ra­li­da­de dos tex­tos se­nón que vai ca­ra un­ha in­ter­pre­ta­ción abs­trac­ta dos mes- «Ca­sa úl­ti­ma» Ca­sa nai, ca­sa claus­tro, to­dos os ceos, to­dos os ma­res, to­dos os con­ti­nen­tes, to­dos os lu­ga­res ca­bían en­tei­ros no atlas sen no­mes e sen da­tas do teu pe­queno, ín­timo, arre­ba­ta­do mun­do. «Co­mo os aman­tes de Mon­bòsc» O de­bu­xo do teu cor­po no meu so­bre­vi­vi­rá o ac­ci­den­te da mor­te, e se­rá igual de li­bre e po­de­ro­sa que a ener­xía do ho­me e mu­ller, va­len­tes gue­rrei­ros in­mor­tais que so­mos.

mos» ex­pli­ca a au­to­ra de Non, amor. «Á di­men­sión pu­ra­men­te li­te­ra­ria en­gá­de­se­lle a plás­ti­ca e os poe­mas ga­nan ou­tro efec­to» pun­tua­li­za Val­cár­cel.

Rein­ter­pre­ta­ción

Ro­la ex­pli­ca que o máis com­ple­xo do pro­ce­so é, pre­ci­sa­men­te, a rein­ter­pre­ta­ción: «Es un pro­ce­so crea­ti­vo en el que in­ten­tas dar tu vi­sión pe­ro sin des­vir­tuar la in­ten­ción ori­gi­nal del poe­ta y eso siem­pre te ge­ne­ra cier­to te­mor.

Por ejem­plo, en Ho­ra re­don­da, de Xulio Val­cár­cel, el poe­ma me ins­pi­ra­ba una sen­sa­ción de va­cío que re­for­cé a tra­vés de la mú­si­ca que com­pu­se. No es que la pie­za ha­bla­ra ne­ce­sa­ria­men­te de eso pe­ro era lo que me pe­día».

Coa voz dos seus au­to­res e o uni­ver­so au­dio­vi­sual crea­do po­lo co­ru­ñés, os vi­deo­poe­mas che­gan a un no­vo pú­bli­co a tra­vés de dis­tin­tas can­les. Pu­bli­ca­dos en You­Tu­be, o au­tor de Ca­sa úl­ti­ma ex­pli­ca que mes­mo cru­za­ron

o Atlán­ti­co: «un es­cri­tor chi­leno co­men­to­ume que un­ha fi­lla de ga­le­gos re­si­den­te en Pun­ta Are­nas ato­pá­ra­se cos meus tex­tos gra­zas a es­tes ví­deos».

No ca­so de Dia­na Va­re­la Pu­ñal, un DVD cun­ha du­cia de poe­mas foi o pri­mei­ro con­tac­to co mer­ca­do de Non, amor. Ho­xe luns pre­sen­ta na Fei­ra do Li­bro da Co­ru­ña o poe­ma­rio com­ple­to edi­ta­do por Me­du­lia nun for­ma­to que in­clúe a obra en pa­pel e mai­la es­col­ma au­dio­vi­sual.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.