O to­lo do ou­tei­ro

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Relatos De Verán -

Era un mo­zo al­to, de cor­po atlé­ti­co, mou­ro e ben pa­re­ci­do, de pro­fun­do mi­rar e es­tra­ño so­rri­so. Máis que so­rri­so, mo­ca. Un­ha mo­ca que lle da­ba un ai­re in­cer­to, non sa­be­ría di­cir de que. Cha­má­ban­lle o To­lo do Ou­tei­ro. Al­go ra­ro si que era, ou a min pa­re­cía­mo. Vi­vía nun­ha ca­si­ña de bran­cas paredes, me­dio ago­cha­da en­tre os car­ba­llos do bos­que, aló no al­to, na ci­ma do mon­te.

No in­verno, vía­se an­tes do amen­cer, per­co­rren­do os cam­pos con lon­gos pa­sos en­fun­da­dos nun­has enor­mes bo­tas de go­ma, un gro­so xer­sei de la, un pa­sa­mon­ta­ñas, e un bas­tón con agui­llón, pa­ra fa­cer fron­te aos cans que lle saían ao pa­so, la­dran­do te­me­ro­sos co­ma can­do pre­sen­ten a pre­sen­za dun­ha pan­tas­ma.

No ve­rán saía ao anoi­te­cer, no lus­co­fus­co, can­do os raios do sol se per­den no ho­ri­zon­te en­tre la­pas ver­me­llas, ama­re­las e la­ran­xas, in­ter­nán­do­se na noi­te de va­ga­lu­mes e de gri­los. Fa­la­ba pou­co e es­coi­ta­ba moi­to.

«¡É un vam­pi­ro!», aven­tu­ra­ban al­gúns, te­me­ro­sos de ato­pa­lo aos pés da ca­ma can­do ían dur­mir. «¡É un­ha áni­ma en pe­na que bus­ca acou­go!», di­cían ou­tros, pá­li­dos ao pen­sa­lo. «¡É a re­en­car­na­ción do De­mo!», ¡ase­gu­ra­ban os que crían que só de noi­te ten­ta ao Ma­ligno! Un pou­co ra­ro si que era, ou a min pa­re­cía­mo.

Ca­mi­ña­ba e asu­bia­ba sen pré­sa, sen fa­cer ba­ru­llo. Saía de noi­te co afán de ob­ser­var a vi­da dos ani­mais noc­tur­nos, po­los que sen­tía fas­ci­na­ción. De día en­ce­rrá­ba­se na pe­que­na co­ci­ña, que lle fa­cía as ve­ces de es­tu­dio. Era un­ha es­tan­cia co chan de mo­sai­co bran­co e ne­gro, coas paredes fo­rra­das de cin­cen­tos azu­le­xos es­ta­la­dos po­lo pa­so do tem­po e ates­ta­da de plan­tas de to­das as co­res. Un ga­to ma­re­lo e gor­do dur­mía en­ros­ca­do ao ca­rón da la­rei­ra. Ao pé da pe­que­na fies­tra, nun­ha gran me­sa de cas­ti­ñei­ro, de­bu­xa­ba e es­cri­bía por que alu­mean os va­ga­lu­mes, por que ou­lea o mou­cho, por que can­tan os gri­los, por que sae o ra­po­so, por que non ve o mor­ce­go... ¡por que non dor­me a xen­te des­ta al­dea! MÓ­NI­CA PE­NAS VÁZ­QUEZ 57 anos. Cam­bre. En pa­ro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.