«Es­ta­mos ex­por­tan­do ta­len­to, pe­ro te­mos que pro­du­cir có­mic en Ga­li­cia»

O debuxante e edi­tor vi­gués, fun­da­dor da pri­mei­ra es­co­la de có­mic de Ga­li­cia, par­ti­ci­pa en Vi­ñe­tas des­de o Atlán­ti­co

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Cultura -

Con­ta o di­rec­tor do sa­lón do có­mic de A Co­ru­ña, Mi­gue­lan­xo Pra­do, que lem­bra na pri­mei­ra edi­ción do fes­ti­val, hai vin­te anos, a un es­tu­dan­te de Be­las Ar­tes que que­ría de­di­car­se ao có­mic. Ese ra­paz era Ki­ko da Sil­va, ilus­tra­dor, edi­tor e crea­dor da pri­mei­ra es­co­la pro­fe­sio­nal de ilus­tra­ción e có­mic de Ga­li­cia, O Ga­ra­xe Her­mé­ti­co, que es­te ano fi­gu­ra co­mo au­tor con­vi­da­do ao sa­lón, com­par­tin­do ex­po­si­ción no Kios­co Al­fon­so con de­bu­xan­tes co­mo Ris­so ou Da­ve McKean: «E os meus de­bu­xos en me­dio. É al­go in­cri­ble», ase­gu­ra.

—Nes­tes vin­te anos pa­sou de ser un vi­si­tan­te a un dos pro­ta­go­nis­tas de Vi­ñe­tas. —A mi­ña ca­rrei­ra des­en­ro­lou­se pa­re­lla a Vi­ñe­tas. É al­go que os au­to­res ga­le­gos te­mos que agra­de­cer­lle aos or­ga­ni­za­do­res, que nun lu­gar on­de non hai tra­di­ción in­dus­trial de ban­da deseña­da exis­ta un fes­ti­val des­tas ca­rac­te­rís­ti­cas. Iso per­mi­tiu que ho­xe po­da­mos es­tar fa­lan­do de ban­da deseña­da ga­le­ga e de au­to­res que es­tán de­bu­xan­do fo­ra das no­sas fron­tei­ras. —¿Cal cree que foi o pa­pel do fes­ti­val na BD ga­le­ga? —Hou­bo moi­tos fi­tos. Na­ceu Vi­ñe­tas, mon­ta­mos BD Ban­da, o co­lec­ti­vo Po­la­quia sa­cou Var­so­via, La Voz de Ga­li­cia pu­bli­cou a re­vis­ta Gol­fi­ño —al­go his­tó­ri­co, por­que moi­tos au­to­res co­me­za­mos a co­brar to­das as se­ma­nas por pri­mei­ra vez—, che­gou des­pois Re­tran­ca... E os au­to­res fo­ron dan­do o sal­to a ni­vel na­cio­nal ou in­ter­na­cio­nal. To­do is­to ten en co­mún que o Vi­ñe­tas nos pro­por­cio­nou un pun­to de en­con­tro e nos pu­xo os pes na te­rra, por­que nos per­mi­tía com­pa­rar o que fa­cía­mos aquí co que se es­ta­ba fa­cen­do a ni­vel in­ter­na­cio­nal. E to­do sen ter que ir ata Barcelona ou Fran­cia. Co­ñe­cín a moi­tos au­to­res e edi­to­res, o que me per­mi­tiu le­var a bo por­to di­fe­ren­tes pro­xec­tos. —Ten un­ha po­si­ción pri­vi­le­xia­da den­de a es­co­la pa­ra va­lo­rar o fu­tu­ro do có­mic ga­le­go. —Es­tá máis que ase­gu­ra­do. Le­va­mos cin­co anos coa es­co­la e xa te­mos alum­nos con libros pu­bli­ca­dos. Que­re­mos ace­le­rar a pro­fe­sio­na­li­za­ción dos au­to­res do país, que o que an­tes se tar­da­ba dez anos, se con­si­ga en tres. E un­ha cou­sa moi sig­ni­fi­ca­ti­va é que por pri­mei­ra vez hai máis mu­lle­res ma­tri­cu­la­das que ho­mes, o que que­re di­cir que a pre- sen­za fe­mi­ni­na na ban­da deseña­da xa non é al­go mi­no­ri­ta­rio.

—Soa op­ti­mis­ta. —Si, pe­ro aín­da so­mos os gran­des es­que­ci­dos das ins­ti­tu­cións. A di­fe­ren­za do ci­ne ou a li­te­ra­tu­ra, o có­mic non exis­te pa­ra a maio­ría das ad­mi­nis­tra­cións. E non ne­ce­si­ta­ría moi­ta in­ver­sión pa­ra bo­tar a an­dar co­mo in­dus­tria. É un me­dio ba­ra­to se o com­pa­ras, por exem­plo, co ci­ne. Hai que con­se­guir que se pro­du­za ban­da deseña­da ga­le­ga. Ata o de ago­ra es­ta­mos ex­por­tan­do ta­len­to, con au­to­res que pu­bli­can fo­ra de Ga­li­cia. E así os de­rei­tos de au­tor, os car­tos, que­dan en Barcelona, Fran­cia ou Es­ta­dos Uni­dos.

EDUAR­DO PÉ­REZ

Ki­ko da Sil­va ex­pón a súa obra no Kios­co Al­fon­so da Co­ru­ña, den­tro do fes­ti­val do có­mic.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.