La ri­ño­ne­ra

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - El Tiempo - Xo­sé Car­los Ca­nei­ro

No 1982, no Mun­dial, os da cua­dri­lla fo­ron ver­me a Be­ni­dorm. Eu tra­ba­lla­ba os ve­ráns nas dis­co­te­cas e a mi­ña vi­da, pa­ra qué ne­ga­lo, era des­or­de­na­da en ex­ce­so: da­que­la be­bía­mos de to­do. Che­ga­ron de sor­pre­sa e vi­ron co­mo o meu pi­so, que sem­pre lles con­tei ti­ña cen me­tros ca­dra­dos, en reali­da­de non pa­sa­ba dos trin­ta. Che­ga­ron no Sim­ca 1500 do Ma­ri­ló. O pri­mei­ro que vin foi ao Ber­nar­do, que da­que­la es­trea­ba un­has len­ti­llas, e ca­se non o co­ñe­cín. Era un dan­di. E se­gue sén­doo. O máis agra­cia­do e o que vis­te me­llor, sem­pre á mo­da. A mo­da eran os pan­ta­lóns acam­pa­na­dos, as ca­mi­sas a pei­to des­cu­ber­to, co­la­res no pes­co­zo e un­ha car­tei­ra que se ata­ba nos ca­drís: la ri­ño­ne­ra. Alí gar­dán­ba­se o pa­que­te de ta­ba­co, o por­ta­moe­das e ou­tros úti­les. Abra­cei­nos un por un e fo­mos á ca­sa. O Agus­tín, que non sa­be ca­lar, bo­tou­se a rir: «Poe­ta, vaia cho­za, e nós que pen­sa­ba­mos que vi­vías en Be­ni­dorm co­mo un ma­ra­já». Era o que ha­bía. O ofi­cio de pin­cha­dis­cos pa­gá­ba­se ben, pe­ro a cos­ta é lu­gar de vi­cio e dis­pen­dio. «É moi du­ra a vi­da do play­boy», di­xo Juan Ra­món. Cea­mos un­has ham­bur­gue­sas es­pan­to­sas. Mar­chei a tra­ba­llar. Eles, de fes­ta. Dei­lles un­has cha­ves e re­gre­sa­ron á ca­sa an­tes ca min por­que su­fri­ron un per­can­ce: rou­ba­ron a ri­ño­ne­ra do Ber­nar­do e cam­bia­ron o hu­mor da cua­dri­lla. En Ve­rín non pa­sa­ban es­tas cou­sas. O Ber­nar­do non sa­bía on­de dei­xar as súas len­ti­llas por­que na ri­ño­re­ra le­va­ba o tu­bo con lí­qui­do on­de as de­po­si­ta­ba pa­ra dur­mir. O Ma­ri­ló deu­lle un va­so pa­ra que as me­te­se alí: «Con au­ga e xi­ne­bra, Ber­nar­do, que o al­cohol con­ser­va to­do». Eu, co­mo ca­da ma­dru­ga­da, che­guei con se­de. Ao me­dio­día, can­do me le­van­tei, o Ber­nar­do pre­gun­tou: «¿Neno, vi­ches a mi­ñas len­ti­llas?». Da­que­la be­bía­mos de to­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.