«A xen­te de Cun­tis é moi fes­tei­ra e des­fru­ta dos ca­tro días ao má­xi­mo»

O con­ce­llei­ro de cul­tu­ra de Cun­tis con­ta co­mo se or­ga­ni­zan as fes­tas gran­des des­ta vila e co­mo vi­ven os ve­ci­ños e ve­ci­ñas os ca­tro días cun pro­gra­ma car­ga­do de ac­ti­vi­da­des

La Voz de Galicia (Pontevedra) - - Entrevista - NE­REA GAR­CÍA PON­TE­VE­DRA

Li­cen­cia­do en His­to­ria po­la Uni­ver­si­da­de de San­tia­go, En­ri­que Por­te­la Pi­sos (Cun­tis, 1988) com­pa­xi­na o seu tra­ba­llo co­mo pro­fe­sor coa con­ce­lle­ría de cul­tu­ra de Cun­tis des­de o ano 2015. Con to­do, le­va ven­ce­lla­do á po­lí­ti­ca den­de a súa maio­ría de ida­de xa que con­si­de­ra que é «al­go que de­be­mos fa­cer as per­soas se que­re­mos cam­biar as cou­sas».

— Es­tá sa­tis­fei­to co tra­ba­llo rea­li­za­do nes­tes dous anos á fron­te da con­ce­lle­ría?

—Po­lo mo­men­to si o que pa­sa é que sem­pre que hai que ser au­to­crí­ti­co. Con dous anos por dian­te se po­den cam­biar aín­da moi­tas cou­sas. As cir­cuns­tan­cias ás ve­ces non son fá­ci­les, sobre to­do can­do che­ga­mos. Pe­ro bueno, in­ten­tan­do tra­ba­llar día a día coa axu­da, tan­to do per­soal do Con­ce­llo co­mo dos com­pa­ñei­ros de agru­pa­ción e de to­das as ve­ci­ñas e ve­ci­ños de Cun­tis, pó­den­se fa­cer moi­tas cou­sas.

— Cun pro­gra­ma car­ga­do de ac­ti­vi­da­des, que pers­pec­ti­vas se ba­ra­llan pa­ra es­te ano?

—As fes­tas de agos­to son as fes­tas gran­des po­lo que sem­pre te­mos moi boas pers­pec­ti­vas. Os ve­ci­ños le­van moi­to tem­po es­pe­ran­do, es­pe­cial­men­te os mo­zos e mo­zas que or­ga­ni­zan pe­ñas pa­ra os di­fe­ren­tes días da fes­ta. Cóns­ta­me que es­te ano a xen­te da co­mi­sión tra­ba­llou moi­to pa­ra que tan­to os ve­ci­ños co­mo a xen­te de fó­ra des­fru­ten dun­has fes­tas moi boas. Es­pe­ra­mos que to­dos os que se ache­guen se ani­men a par­ti­ci­par e que se que­den en Cun­tis o maior nú­me­ro de días po­si­ble.

— Con can­ta an­te­la­ción se co­me­zan a or­ga­ni­zar as fes­tas?

—Un­ha vez re­ma­ten as des­te ano xa se co­me­za coa pre­pa­ra­ción das do ano que ven. Á xen­te da co­mi­sión, os mem­bros da Aso­cia­ción Cul­tu­ral Fes­tas do Ba­ño, es­tá­mos­lles moi agra­de­ci­dos; son xen­te moi tra­ba­lla­do­ra. Ade­mais es­te ano es­ta­mos moi or­gu­llo­sos por­que co­la­bo-

«Can­do re­ma­ten as des­te ano xa se co­me­za coas do ano que ven»

«A cla­ve pa­ra des­fru­tar ao má­xi­mo das fes­tas e par­ti­ci­par en to­do »

ran con ou­tras aso­cia­cións e co­lec­ti­vos que or­ga­ni­zan dis­tin­tas ac­ti­vi­da­des pa­ra to­do o mun­do.

— Da­do o pe­so que te­ñen os cun­tien­ses na or­ga­ni­za­ción, se­rían po­si­bles as fes­tas sen o seu tra­ba­llo?

—Nes­te mo­men­to eu pen­so que non.

— En­tre ac­ti­vi­da­des de­por­ti­vas, mu­si­cais, de aven­tu­ra e lú­di­cas... con­si­de­ra que en Cun­tis hai un pro­gra­ma pa­ra to­dos os pú­bli­cos?

—Si, hai ac­ti­vi­da­des pa­ra os ne­nos po­la tar­de, ac­ti­vi­da­des pa- ra os maio­res coas ac­tua­cións das ban­das ou as or­ques­tras po­la noi­te... Es­te ano ade­mais te­mos a no­vi­da­de da Ca­rrei­ra de Ro­los, que es­pe­ra­mos que se­xa un éxi­to.

— A xen­te de Cun­tis é fes­tei­ra?

—A xen­te de Cun­tis é moi fes­tei­ra. Du­ran­te os ca­tro días de fes­ta des­fru­tan ao má­xi­mo. Pra­ti­ca­men­te po­de­mos di­cir que es­ta­mos de fes­ta os 365 días do ano. Acabamos as de agos­to e xa es­ta­mos pen­san­do nas se­guin­tes.

— Co­mo con­ce­llei­ro de cul­tu­ra, cal é o seu pa­pel? Bo­ta de me­nos vi­vir a fes­ta co­mo un ve­ci­ño máis?

—Co­mo con­ce­llei­ro hai que es­tar aten­to, par­ti­ci­par no que se poi­da e bo­tar un­ha man on­de fa­ga fal­ta. Non hai dis­tin­ción en vi­vir as fes­tas así ou co­mo un ve­ci­ño máis. Sé­gue­se des­fru­tan­do igual a pe­sar do car­go.

— Cal é o pri­mei­ro re­cor­do ven­ce­lla­do a es­ta ci­ta que lle vén á ca­be­za?

—Pois non hai un re­cor­do con­cre­to se­non que to­dos os anos é o mes­mo. Tra­tar de es­tar cos ami­gos e pa­sa­lo ben.

— Hai al­gun­ha cla­ve pa­ra apro­vei­tar ao má­xi­mo ás fes­tas do Con­ce­llo de Cun­tis?

—Par­ti­ci­par en to­do. Des­de a ma­ñá ata a noi­te non per­der­se na­da por­que se des­pois ao día se­guin­te cón­tan­che al­go do día an­te­rior que non vi­vi­che qué­da­che o re­mor­de­men­to. Hai que apro­vei­tar des­de a pri­mei­ra ho­ra do día 15 ata a úl­ti­ma ho­ra do día 18.

OS­CAR VIFER

En­ri­que Por­te­la le­va dous anos á fron­te da con­ce­lle­ría de cul­tu­ra de Cun­tis

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.