Ro­ber­to Vilar ejer­ce­rá de pregonero

Ma­ñá da­rá o pre­gón da fei­ra, un­ha das pou­cas pra­zas que lle que­da­ban por pro­bar tras per­co­rrer as fes­tas gas­tro­nó­mi­cas de Ga­li­cia cos To­ne­chos

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Portada - RO­CÍO RA­MOS LA­LÍN

Es­te ano o hu­mo­ris­ta Ro­ber­to Vilar se­rá o en­car­ga­do de can­tar as lou­ban­zas do co­ci­do ma­ñá no pre­gón des­ta edi­ción.

— ¿Co­mo xur­diu a pro­pos­ta?

—Cha­má­ron­me fa­rá uns dous me­ses den­de a or­ga­ni­za­ción e mo pro­pu­xe­ron. Dí­xen­lles que si o mo­men­to e en­can­ta­do por­que non se lle po­de di­cir que non ó co­ci­do.

— ¿É vos­te­de de co­ci­do?

—Eu son de me­sa lar­ga, que du­re moi­to. E pa­ra os que so­mos dos que nos gus­ta que du­re moi­to a co­mi­da, co­ci­do é per­fec­to. Le­va moi­tas cou­sas e por iso du­ra moi­to. Por iso fun­cio­na ta­mén en Ga­li­cia. Ben, por iso e por ou­tras moi­tas cou­sas, pe­ro o co­ci­do é al­go que bo­tas ho­ras co­men­do. A min si que me gus­ta moi­to por­que bo­tas moi­to tem­po cos ami­gos, coa fa­mi­lia e é per­fec­to.

— ¿Que tal an­da de ex­pe­rien­cia en is­to de pre­goar fes­tas?

—Te­ño, so­bre to­do da épo­ca dos To­ne­chos, moi­ta. Da­que­la fi­xe­mos to­da can­ta fes­ta gas­tro­nó­mi­ca po­de ha­ber, pe­ro é ver­da­de que na Fei­ra do Co­ci­do non es­ti­ve­ra­mos nun­ca cos To­ne­chos. Pe­ro si é ver­da­de que a pe­sar que so­len ser ce­do, an­tes das seis da tar­de, sole ser moi di­ver­ti­do por­que a xen­te que vai co­mer sole ser xen­te ale­gre, en­ton­ces so­len ser fes­tas moi di­ver­ti­das. Si fi­xen moi­tas fes­tas gas­tro­nó­mi­cas, pe­ro a da fes­ta do co­ci­do é un­ha das máis gran­des e as máis im­por­tan­tes e fai­me ilu­sión.

— ¿O pri­mei­ro pre­gón na fes­ta e o pri­mei­ro co­ci­do de La­lín?

—Non, non, co­ci­do en La­lín te­ño co­mi­dos moi­tos. En Ca­sa Mou­ri­ño foi on­de os pro­bei por pri­mei­ra vez. Vi­ña un­ha se­ño­ra maior cun­has fon­tes de cen ki­los. ¡Que pa­sa­da!.

— Co­mo nes­to do co­ci­do ca­da un ten as súas pre­fe­ren­cias, ¿a vos­te­de que par­te lle gus­ta máis?

—A mín gús­ta­me to­do. Te­ño a sor­te de que é al­go do que me gus­ta to­do, non hai na­da que non me gus­te do co­ci­do. Son es­pe­cial­men­te fan do la­cón pe­ro gús­ta­me ab­so­lu­ta­men­te to­do. E can­ta máis gra­xa te­ña me­llor. Gús­ta­me to­do, to­do, to­do do co­ci­do, ata os fou­ci­ños, si trae pen­den­tes na ore­lla, có­mo­lle o pen­den­te ta­mén.

— ¿O al­cal­de non lle pe­diu ir o Land Ro­ber?

—Non, de mo­men­to non, pe­ro mo po­de pe­dir en cal­que­ra mo­men­to, que ca­ra ten. Se­gu­ro que o fa­cía ben no Land Ro­ber. É un­ha pra­za boa pa­ra cal­que­ra.

— ¿Se llo pi­de o le­va­ría?

—Si, eu por nor­ma xe­ral a to­dos o que me pi­den, lles di­go que si, ou ca­se a to­dos (ri­sas). Eu son de ti­rar pa­ra adian­te.

— ¿Co­mo vai ser o pre­gón?

—Vou a ten­tar que a xen­te o pa­se ben, que se ría e fa­lar do co­ci­do, que pa­ra al­go é o pro­ta­go­nis­ta, pe­ro o que pre­ten­do é que a xen­te pa­se un­hos mi­nu­tos de ca­chon­deo, de ri­sa, e de co­me­dia. Su­po­ño que é pa­ra iso pa­ra o que me cha­ma­ron, non pa­ra ler poe­sía. Pa­ra fa­cer a mo­na un ra­to e iso é o que ten­ta­rei, que a xen­te o pa­se ben.

«Vou ten­tar que a xen­te o pa­se ben, que se ría, e es­té de ca­chon­deo»

«O al­cal­de non me pe­diu vir o Land Ro­ber pe­ro se­gu­ro que o fa­cía ben»

— Xa sa­be que ago­ra, o pre­gón é sen ca­pa.

—Xa lle es­coi­tei a Jabois o ano pa­sa­do, que lle fa­cía ilu­sión o po­bre por a ca­pa e non lla de­ron. Igual le­vo un­ha de Su­per­mán e xa vou pa­ra o des­fi­le.

FO­TO M. MISER

Ro­ber­to VIlar xa sa­be o que é o co­ci­do de La­lín e esas «fon­tes de cen ki­los»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.