«Es­ta­mos pen­san­do na pro­mo­ción de al­go pro­pio»

No tem­po de des­con­to pa­ra a celebración da fei­ra máis im­por­tan­te da co­mar­ca, o re­xe­dor re­co­ñe­ce que non des­car­tan cam­bios no ei­do gas­tro­nó­mi­co

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Entrevista - EM­MA ARAÚ­JO LA VOZ

Ex­poOr­des é o acon­te­ce­men­to máis im­por­tan­te do ano no mu­ni­ci­pio ca­be­cei­ra da co­mar­ca. des­pois de ca­se trin­ta anos de or­ga­ni­za­ción o pro­gra­ma es­tá máis que de­fi­ni­do, aín­da que o Con­ce­llo non des­car­ta no­vi­da­des, so­bre to­do na parte gas­tro­nó­mi­ca, a da Fes­ta do Cham­pi­ñón, que ma­ñá cum­pre vin­te e oi­to edi­cións.

— ¿Ca­les son as no­vi­da­des da fei­ra des­te ano?

—Man­te­mos a su­per­fi­cie da car­pa do es­pa­zo mul­ti­sec­to­rial do ano pa­sa­do, con tres mil me­tros ca­dra­dos, pe­ro nes­te es­pa­zo in­te­gra­mos ta­mén o se­gun­do sa­lón de even­tos, o que nos dei­xa o polideportivo do co­le­xio Cam­po­maior pa­ra a ex­po­si­ción de mo­tos e mo­to­ci­cle­tas an­ti­gas que fo­ron res­tau­ra­das nos úl­ti­mos anos por ve­ci­ños de Or­des.

— ¿E coa ci­ta gas­tro­nó­mi­ca do cham­pi­ñón?

—De mo­men­to, man­te­mos a fi­lo­so­fía de sem­pre, sen al­te­ra­cións, pe­ro a ver­da­de é que can­do em­pe­zou a Fes­ta do Cham­pi­ñón a idea era que es­te cul­ti­vo se pui­de­se im­plan­tar na no­sa eco­no­mía pa­ra ser un­ha pro­du- ción lo­cal, e ho­xe xa ve­mos que non foi así. Se ca­dra, no fu­tu­ro ha­be­ría que re­for­mu­lar es­ta fes­ta pa­ra en­ga­dir un pro­du­to lo­cal e dar un sal­to pa­ra con­se­guir al­gún ti­po de ho­mo­lo­ga­ción, pe­ro sen dei­xar de la­do o cham­pi­ñón, co que le­va­mos xa vin­te e oi­to anos.

— ¿Xa se es­tá tra­ba­llan­do nes­ta po­si­bi­li­da­de?

—Es­ta­mos pen­san­do na pro­mo­ción de al­go pro­pio. Xa te­mos os gre­los, pe­ro non é moi ló­xi­co fa­cer ou­tra fes­ta. Nos con­tac­tos que man­te­mos con co­mer­cian­tes e hos­ta­lei­ros can­do fa­la­mos de Ex­poOr­des te­mos ana­li­za- do que, ao me­llor, hai que dar­lle un­ha vol­ti­ña á fes­ta como tal e bus­car un en­cai­xe pa­ra in­cor­po­rar un pro­du­to au­tóc­tono que nos re­pre­sen­te, que nos per­mi­ta de­fen­der a súa ca­li­da­de, que fa­ga po­si­ble que es­ta fes­ta te­ña un re­co­ñe­ce­men­to ofi­cial, que lle vi­ría moi ben a Or­des.

FO­TO XOÁN A. SO­LER

Mar­tí­nez San­jur­jo re­co­ñe­ce que o cham­pi­ñón ne­ce­si­ta com­pa­ñía

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.