«Agra­dé­ce­se o es­for­zo das firmas par­ti­ci­pan­tes»

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Entrevista -

Mar­tí­nez San­jur­jo re­co­ñe­ce que pa­ra as firmas que ca­da ano che­gan a Ex­poOr­des, o es­ca­pa­ra­te des­ta fei­ra mul­ti­sec­to­rial su­pón un ali­cien­te, pe­ro ta­mén im­pli­ca moi­to tra­ba­llo pa­ra tras­la­dar moi­ta mer­can­cía e boa parte do seu ne­go­cio «pa­ra es­tar tres días sen pa­rar en Or­des, e ten­do en con­ta que ao ser o luns xor­na­da fes­ti­va, te­rán en moi­tos ca­sos que es­tar aquí ca­se ata o mar­tes pa­ra re­co­ller to­do; por iso, den­de o Con­ce­llo agra­dé­ce­se o es­for­zo que moi­tas firmas fan ca­da ano por vir aquí pa­ra ter un pro­gra­ma que non ten moi­tas va­ria­cións».

O in­tere­se que es­per­ta Ex­poOr­des, en­ga­de Mar­tí­nez San­jur­jo, que­da cla­ro ta­mén co fei­to de que o ano pa­sa­do de­ci­di­ron in­cre­men­tar a su­per­fi­cie da fei­ra ata os tres mil me­tros ca­dra­dos e nes­ta oca­sión re­pe­ti­ron o cálcu­lo e os es­pa­zos es­tán to­dos cu­ber­tos.

Tra­ba­llo den­de mar­zo

Os de­par­ta­men­tos de Cul­tu­ra, Co­mer­cio e Al­cal­día son os que le­van o pe­so da or­ga­ni­za­ción da fei­ra, un­ha ta­re­fa que co­me­za a prin­ci­pios de ano cos con­tac­tos coas em­pre­sas e firmas que es­ti­ve­ron na edi­ción an­te­rior por se que­ren re­pe­tir, xa que a prin­ci­pal van­ta­xe que te­ñen é que o Con­ce­llo de Or­des fa­ci­li­ta o es­pa­zo do seu im­pro­vi­sa­do re­cin­to fei­ral sen cus­te al­gún pa­ra as firmas».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.