LA PRO­VIN­CIA, EN SEIS GEODESTINOS

Guía de re­cur­sos pa­ra co­ñe­cer os atrac­ti­vos dun te­rri­to­rio con 956 qui­ló­me­tros de cos­ta

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Portada -

Ribeira / La Voz. Un­ha das li­ñas de cos­ta máis ex­ten­sas de Es­pa­ña, con 956 qui­ló­me­tros, é a que per­ten­ce á pro­vin­cia da Coruña, un te­rri­to­rio que po­la súa tra­xec­to­ria his­tó­ri­ca pó­de­se con­fi­gu­rar en seis xeo­des­ti­nos de sin­gu­la­ri­da­des pro­pias: Fe­rrol­te­rra, A Coruña e As Ma­ri­ñas, Cos­ta da Mor­te, Te­rras de San­tia­go, Ría de Mu­ros e Noia e a Ría de Arou­sa Nor­te. Os xeo­des­ti­nos des­ta pro­vin­cia al­ber­gan mo­nu­men­tos mi­le­na­rios, bos­ques e fra­gas exu­be­ran­tes, rías e praias de au­ga cris­ta­li­na… to­do iso acom­pa­ña­do, co­mo non, dun­ha ex­qui­si­ta gas­tro­no­mía, mar­ca­da por pro­du­tos tan­to do mar co­mo da te­rra. A tra­vés des­tas li­ñas, pro­po­ñe­mos seis re­cur­sos im­pres­cin­di­bles cos que po­der ache­gar­se un pou­co máis á reali­da­de des­ta pro­vin­cia.

Can­tís. Fa­lar de Fe­rrol­te­rra é fa­lar de im­pre­sio­nan­tes can­tís. Ao nor­te en Ortigueira, os can­tís de Loi­ba, on­de es­tra­te­xi­ca­men­te co­lo­ca­do se ato­pa «o me­llor ban­co do mun­do», ou po­lo me­nos iso di o gra­va­do que lo­ce nas súas cos­tas, no que se le «the best bank of the world» .

Na mes­ma cos­ta, máis ca­ra ao sur, a Se­rra da Ca­pe­la­da, que cos seus máis de 600 me­tros de al­tu­ra al­zan os can­tís máis al­tos da Eu­ro­pa con­ti­nen­tal. A Ga­ri­ta de Her­bei­ra é un en­cla­ve pri­vi­le­xia­do pa­ra sa­car un­ha sen­sa­cio­nal fo­to­gra­fía.

Pa­tri­mo­nio. A To­rre de Hér­cu­les, o fa­ro ro­mano en fun­cio­na­men­to máis an­ti­go do mun­do, alu­ma aín­da ho­xe en día a cos­ta per­ten­cen­te ao xeo­des­tino da Coruña e As Ma­ri­ñas, al­zán­do­se co­mo ca­be­cei­ra dun te­rri­to­rio do­mi­na­do por un ex­cep­cio­nal pa­tri­mo­nio, en­tre os que po­de­mos des­ta­car o Pa­zo de Ma­ri­ñán, en Ber­gon­do, un­ha no­bre cons­tru­ción cu­xa his­to­ria co­me­za coa edi­fi­ca­ción dun­ha to­rre

de­fen­si­va a fi­nais da Ida­de Media, ou Be­tan­zos, an­ti­ga ca­pi­tal da pro­vin­cia, cu­xo cas­co an­ti­go es­tá con­si­de­ra­do con­xun­to his­tó­ri­co-ar­tís­ti­co des­de 1970.

Fa­ros. En Cos­ta da Mor­te, es­tes vi­xian­tes en­cár­gan­se de le­var a bo des­tino os bar­cos que su­can as au­gas do bravo li­to­ral do oes­te da pro­vin­cia. Tes­te­mu­ñas de nau­fra­xios e pro­ta­go­nis­tas de

len­das, per­co­rren es­ta mis­te­rio­sa cos­ta de nor­te a sur, des­de Mal­pi­ca, on­de se ato­pa o mo­derno fa­ro de Pun­ta Na­ri­ga, ata o Fi­nis Te­rrae, o lu­gar on­de os ro­ma­nos pen­sa­ban que aca­ba­ba o mun­do. To­dos eles go­zan dun en­cla­ve ex­cep­cio­nal des­de o que con­tem­plar a in­men­si­da­de do mar.

An­ti­güi­da­de. An­ti­gos po­boa­do-

res da pro­vin­cia dei­xa­ron ao seu pa­so im­por­tan­tes ves­ti­xios que se con­ser­van aín­da na ac­tua­li­da­de. O Castro de Ba­ro­ña é un dos asen­ta­men­tos me­llor con­ser­va­dos de to­da Ga­li­cia, eé a mos­tra pa­tri­mo­nial máis ca­rac­te­rís­ti­ca en­tre as múl­ti­ples que se po­den apre­ciar en to­da a ría de Mu­ros e Noia. Es­ta re­cha­man­te cons­tru­ción asén­ta­se ao bor­de do mar, xun­to coa praia

de Area Lon­ga, en Por­to do Son, con­fi­gu­ran­do un­ha das pa­no­rá­mi­cas máis gran­dio­sas que se po­den ato­par na pro­vin­cia.

Ta­mén en­con­tra­mos en Noia un ex­ce­len­te exem­plo de mo­nu­men­to fu­ne­ra­rio, a Co­va da Mou­ra, ta­mén co­ñe­ci­da co­mo an­ta de Ar­ga­lo que da­ta do ano 3.000 a. de C.

Es­pa­zos na­tu­rais. Si­tua­das na

ría de Arou­sa Nor­te, máis con­cre­ta­men­te en Ribeira, as du­nas de Co­rru­be­do e as la­goas de Ca­rre­gal e Vi­xán con­for­man un dos par­ques na­tu­rais máis vi­si­ta­dos de Ga­li­cia.

Es­ta com­bi­na­ción de praias e la­goas de au­ga do­ce e sal­ga­da pre­si­di­da po­la gran du­na mó­bil cons­ti­túe o há­bi­tat per­fec­to pa­ra cen­tos de es­pe­cies, es­pe­cial­men­te de aves.

Na Po­bra do Ca­ra­mi­ñal des­ta­can ta­mén as pis­ci­nas na­tu­rais do río Pe­dras, un­has fer­mo­sas po­zas for­ma­das po­la ac­ción da for­za do río. Con­ta a len­da que San Mau­ro che­gou a es­te lu­gar nun­ha bar­ca de pe­dra, que se iden­ti­fi­ca cun­ha ro­cha que hai ao bordo das pis­ci­nas, per­se­gui­do po­los mou­ros, e que, se­gun­do ía re­mon­tan­do o río, es­te ía­se en­chen­do de xó­ga­ras pa-

ra obs­ta­cu­li­zar o pa­so aos seus per­se­gui­do­res.

O Ca­mi­ño de San­tia­go. Ano tras ano, mi­les de per­soas pro­ce­den­tes de to­das as par­tes do mun­do pe­re­gri­nan á ci­da­de ho­mó­ni­ma de­cla­ra­da Pa­tri­mo­nio da Hu­ma­ni­da­de, San­tia­go de Com­pos­te­la. Os pe­re­gri­nos cos seus pro­pios lu­ga­res de ori­xe fo­ron tra­zan­do cos anos as di­fe­ren­tes

ver­ten­tes que ho­xe se co­ñe­cen. Des­de as lo­ca­li­da­des do nor­te da pe­nín­su­la, o Ca­mi­ño do Nor­te; se avan­za­ban des­de o sur, ou do sues­te-Vía da Pra­ta. Par­tin­do de Fran­cia, o Ca­mi­ño Fran­cés e, per­co­rren­do des­de o sur de Por­tu­gal, o Por­tu­gués.

Ou­tros pe­re­gri­nos se­gui­ron iti­ne­ra­rios ma­rí­ti­mos, re­sul­tan­do así a Ru­ta do Mar de Arou­sa e Río Ulla. Me­re­ce un­ha es­pe-

cial men­ción o Ca­mi­ño In­glés, da­do que es­te ano de­dí­ca­se a es­te iti­ne­ra­rio, que ten a súa ori­xe nos via­xei­ros do nor­te de Eu­ro­pa que des­em­bar­ca­ban nas cos­tas coruñesas. O bro­che de ou­ro a es­ta ex­pe­rien­cia úni­ca pono o Ca­mi­ño Fisterra Mu­xía, o úni­co tra­xec­to que non se di­ri­xe a es­ta ci­da­de, se­nón que par­te da pro­pia Com­pos­te­la en di­rec­ción á Cos­ta da Mor­te.

O es­pí­ri­to ma­ri­ñei­ro ca­rac­te­ri­za ao xeo­des­tino Ría de Mu­ros e Noia, do que for­man par­te os con­ce­llos ri­bei­re­gos des­te sin­gu­lar há­bi­tat que se for­mou en torno á fu­sión do río Tam­bre co océano Atlán­ti­co. Un pa­tri­mo­nio ex­tra­or­di­na­rio re­pár­te­se por to­da a súa ex­ten­sión, sen­do o castro de Ba­ro­ña a prin­ci­pal re­fe­ren­cia. Ría de Mu­ros e Noia A fu­sión do río Tam­bre co océano Atlán­ti­co deu ori­xe a un sin­gu­lar há­bi­tat pre­si­di­do po­lo Castro de Ba­ro­ña

Te­rras de San­tia­go To­dos os ca­mi­ños con­du­cen ao Após­to­lo Com­pos­te­la é o ob­xec­ti­vo de mi­llei­ros de pe­re­gri­nos que che­gan po­los ca­mi­ños Fran­cés, In­glés, Por­tu­gués, do Nor­te, a Vía da Pra­ta e o mar de Arou­sa e o río Ulla, pa­ra lo­go se­guir ata Fisterra-Mu­xía.

Fe­rrol­te­rra Exem­plo da va­ria­da ri­que­za cos­tei­ra e fo­res­tal Un­ha vin­te­na de con­ce­llos in­te­gran es­te xeo­des­tino, no que se ato­pan atrac­ti­vos na­tu­rais co­mo o Par­que Na­tu­ral das Fra­gas do Eu­me e o can­til máis gran­de de Eu­ro­pa, na Se­rra da Ca­pe­la­da.

Ca­tro con­ce­llos in­te­gran o xeo­des­tino si­tua­do no ex­tre­mo sur da pro­vin­cia, que se ca­rac­te­ri­za por fa­cer da na­tu­re­za de au­ga e area o seu prin­ci­pal po­lo de atrac­ción, coa ma­xes­to­sa du­na mó­bil de Co­rru­be­do co­mo pri­mei­ra re­fe­ren­cia, e praias pa­ra to­dos os gus­tos. Ría de Arou­sa Nor­te Na­tu­re­za de au­ga e area coa gran du­na mó­bil co­mo má­xi­mo ex­po­ñen­te

Atrac­ción arre­dor dun vi­xía Pa­tri­mo­nio da Hu­ma­ni­da­de A Coruña e As Ma­ri­ñas Es­tru­tu­ra­do arre­dor da área me­tro­po­li­ta­na da Coruña, o xeo­des­tino que ten co­mo re­fe­ren­cia a ca­pi­tal da pro­vin­cia cons­ti­túe un abano de atrac­ti­vos, sen­do a To­rre de Hér­cu­les a cons­tru­ción máis em­ble­má­ti­ca, por ser Pa­tri­mo­nio da Hu­ma­ni­da­de. Abon­dan ta­mén as praias, os es­pa­zos na­tu­rais, as fes­tas e a gas­tro­no­mía.

On­de aca­ba o mun­do e empeza a be­le­za atlán­ti­ca Cos­ta da Mor­te No no­roes­te da pro­vin­cia da Coruña ató­pa­se es­te xeo­des­tino que xa an­ti­ga­men­te ti­ña un po­der de atrac­ción tal que era pun­to de re­fe­ren­cia pa­ra ex­pe­ri­men­tar o fin da te­rra. Pa­tri­mo­nio, pai­sa­xe e gas­tro­no­mía en­ri­que­cen es­te te­rri­to­rio.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.