Ma­ría Po­se, un año al fren­te del Con­ce­llo

O exe­cu­ti­vo que pre­si­de ten en car­tei­ra nu­me­ro­sos pro­xec­tos de in­fraes­tru­tu­ras pa­ra o con­ce­llo xa­llei­ro

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Portada - EMILIO FORJÁN LA VOZ

Ma­ría José Po­se Ro­drí­guez cum­priu o seu pri­mei­ro ano co­mo al­cal­de­sa de San­ta Com­ba, tra­lo acor­do de go­berno do Par­ti­do Po­pu­lar e Te­rra Ga­le­ga, que vía mo­ción de cen­su­ra en maio do 2016 su­pu­so o seu re­torno á al­cal­día.

— ¿Que re­cor­dos lle evo­can as fes­tas de San Pe­dro?

—A fes­ta prin­ci­pal do po­bo, na que se reúne a fa­mi­lia, as pri­mei­ras saí­das cos ami­gos, ou vol­ver a ver á xen­te que vi­ve fó­ra e que vol­ve pa­ra pa­sar as fes­tas en­tre nós.

— ¿On­de cre que ra­di­ca o éxi­to de par­ti­ci­pa­ción?

—O com­pro­mi­so dos mo­zos que for­man par­te da co­mi­sión foi un au­tén­ti­co re­vul­si­vo pa­ra as fes­tas de San Pe­dro. Co seu me­ri­to­rio tra­ba­llo e a axu­da de ve­ci­ños, co­mer­cios e do pro­pio Con­ce­llo, po­de­mos pre­su­mir de ter un­has fes­tas de al­to ni­vel.

— ¿Con que or­za­men­to mu­ni­ci­pal se afron­tan?

—O Con­ce­llo apor­ta 5.000 eu­ros en sub­ven­ción á co­mi­sión or­ga­ni­za­do­ra, así co­mo o tra­ba­llo dos ope­ra­rios mu­ni­ci­pais, tan­to nas da­tas pre­vias co­mo os pro­pios días da fes­ta.

— ¿Que ba­lan­ce fai des­te pri­mei­ro ano de go­berno?

—Pois o ba­lan­ce é po­si­ti­vo. Aquí es­coi­ta­mos aos ve­ci­ños e tra­ba­lla­mos pa­ra ofre­cer res­pos­tas. Aten­de­mos as de­man­das, dis­tri­buí­mos os re­cur­sos e xes­tio­na­mos dian­te das ad­mi­nis­tra­cións.

— ¿Co­mo é a re­la­ción con Te­rra Ga­le­ga?

—É a re­la­ción pro­pia de dous par­ti­dos que te­ñen un ob­xec­ti­vo co­mún, o de me­llo­rar San­ta Com­ba desde o tra­ba­llo e o diá­lo­go.

— A ba­se da súa po­lí­ti­ca cén­tra­se nas me­llo­ras de in­fraes­tru­tu­ras e no so­cial.

—So­bre to­do tra­ba­lla­mos por me­llo­rar a ca­li­da­de de vi­da dos no­sos ve­ci­ños e en dar so­lu­ción aos seus pro­ble­mas. Se ben é cer­to que nes­te tem­po que le­va­mos de man­da­to es­ta­mos fa­cen­do un es­for­zo moi im­por­tan­te no apar­ta­do so­cial. Op­ti­mi­za­mos e me­llo­ra­mos o ser­vi­zo de Axu­da no Fo­gar con máis ho­ras de aten­ción aos usua­rios, me­llo­ra­mos a Es­co­la In­fan­til, e xa ti­ve­mos va­rias xun­tan­zas de tra­ba­llo co con­se­llei­ro de Po­lí­ti­ca So­cial pa­ra me­llo­rar ser­vi­zos e po­ñer en mar­cha dis­tin­tos pro­gra­mas. Ta­mén es­ta­mos a tra­ba­llar pa­ra po­ñer en mar­cha o co­me­dor e a la­van­de­ría so­bre ro­das, e pre­pa­ra­mos o lan­za­men­to dun pro­gra­ma de in­ter­ven­ción en de­te­rio­ro cog­ni­ti­vo.

— ¿E no ei­do edu­ca­ti­vo?

—Te­mos apro­ba­da a me­llo­ra da con­tor­na do CEIP Ba­rrié de la Ma­za, que in­clui­rá o de­rru­ba­men­to das an­ti­gas vi­ven­das dos mes­tres pa­ra con­se­guir un­ha zo­na máis se­gu­ra e con­for­ta­ble.

— ¿Que com­pro­mi­sos ten o go­berno de Fei­joo con San­ta Com­ba?

—Es­ta­mos tra­mi­tan­do a ce­sión do Cen­tro de Sáu­de ao Ser­gas, así co­mo a po­si­bi­li­da­de de am­pliar os ser­vi­zos que se pres­tan. Ta­mén es­ta­mos tra­ba­llan­do coa Xun­ta pa­ra afron­tar a re­no­va­ción do sa­nea­men­to do cas­co ur­bán. E con Me­dio Ru­ral, aca­ba de com­pro­me­ter­se a rea­li­zar o as­fal­ta­do con aglo­me­ra­do da estrada que vai de Tra­ba ao lí­mi­te con Val do Du­bra, en Mal­vá­rez; e le­var a cabo as con­cen­tra­cións par­ce­la­rias de Aran­tón-San­ta Sa­bi­ña e a de Frei­xei­ro.

— ¿E no re­la­ti­vo á estrada con Santiago?

—Avan­zou­se, cun pri­mei­ro trei­to ata Abuín que es­tá pre­vis­to que se li­ci­te nes­te ano e igual­men­te es­tá avan­zán­do­se na tra­mi­ta­ción do se­guin­te trei­to.

— ¿Que ou­tras ac­tua­cións pre­pa­ran?

—No cas­co ur­bano con aglo­me­ra­do en quen­te e si­na­li­za­ción na rúa Rosalía de Cas­tro, e no pe­rí­me­tro do Cen­tro de Saú­de; desde Al­fon­so Mo­li­na ata A To­rre, in­cluín­do a pra­za do an­ti­go mer­ca­do; e non dei­xan­do de la­do un plan de ba­cheo e a res­tau- ra­ción do Cen­tro de Cul­tu­ra. Pe­ro non son me­nos im­por­tan­tes as ac­tua­cións nas pa­rro­quias, por exem­plo o aglo­me­ra­do en quen­te den­de Estévez a Tra­ba; o ac­ce­so ao cam­po de fút­bol de San­ta Sa­bi­ña; in­te­rio­res en Re­bor­de­los, ou de O Por­to a Mou­re­lle. Ta­mén so­li­ci­ta­mos un­ha axu­da pa­ra ha­bi­li­tar un par­que in­fan­til in­te­rior no Mul­tiu­sos.

— ¿Fa­lou­se de me­llo­ras nas ins­ta­la­cións de­por­ti­vas?

—Te­mos que po­ñe­las a pun­to. Es­tán en trá­mi­tes un­has pis­tas mul­ti­de­por­ti­vas coa Se­cre­ta­ría Xe­ral pa­ra o De­por­te, e a pi­ques de co­me­za­la me­llo­ra do pa­vi­llón do Fon­ten­la e do xim­na­sio, así co­mo o cam­bio do va­so da pis­ci­na cli­ma­ti­za­da e o sis­te­ma de au­ga quen­te.

FO­TO P. RO­DRÍ­GUEZ

Ma­ría Po­se é al­cal­de­sa den­de hai un ano

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.