Un es­ca­pa­ra­te de la me­jor gas­tro­no­mía

De O Re­ti­ro da Cos­ti­ña e Ca­sa Au­re­lio a res­tau­ra­do­res en Santiago

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Portada - EMILIO FORJÁN LA VOZ

A res­tau­ra­ción de San­ta Com­ba é to­do un es­ca­pa­ra­te, in­clu­so a ni­vel na­cio­nal. Seus má­xi­mos ex­po­ñen­tes son O Re­ti­ro da Cos­ti­ña, cunha es­tre­la Mi­che­lín e cu­xo chef, Ma­nuel García, é un dos fun­da­do­res do gru­po No­ve; e Ca­sa Au­re­lio, quen aca­dou o Premio Gas­tro­no­mía de Ga­li­cia, ám­bo­los dous ubi­ca­dos en plena ca­pi­tal do Xa­llas. A for­ma­ción e o pres­ti­xio de Ma­nuel Cos­ti­ña e Au­re­lio Váz­quez, ter­cei­ra xe­ra­ción dun­ha es­tir­pe hos­ta­lei­ra que di­ri­xen es­tes dous res­tau­ran­tes, fai que co­llei­ta­sen in­clu­so va­rios ga­lar­dóns a tí­tu­lo per­soal, co­mo o de Na­riz de Ou­ro de Au­re­lio Váz­quez co­mo me­llor su­mi­ller de Ga­li­cia en 2011.

E ta­mén é de so­bra co­ñe­ci­do o pres­ti­xio do res­tau­ran­te Don Qui­jo­te, es­ta­ble­ci­do desde hai anos en Santiago de Com­pos­te­la. Fun­da­do e di­ri­xi­do por Ma­nuel García García, un xa­llei­ro na­tu­ral do lu­gar de A Illa, pa­rro­quia de Frei­xei­ro, que de­ci­diu es­ta­ble­cer­se en 1979 na ca­pi­tal ga­le­ga, des­pois da súa ex­pe- rien­cia na hos­ta­la­ría en Sid­ney (Aus­tra­lia). O Don Qui­jo­te ta­mén fi­gu­ra co­mo re­co­men­da­do na Guía Mi­che­lín e for­ma par­te do Clu­be Gas­tró­mi­co Rías Al­tas, un dos co­lec­ti­vos máis re­le­van­tes do panorama cu­li­na­rio ga­le­go.

Sen saír da ca­pi­tal de Ga­li­cia, aín­da que máis re­cen­te, es­tá o res­tau­ran­te Fe­rro. Ini­cia­ti­va dou­tro xa­llei­ro, José Antonio Bren­lla, ori­xi­na­rio das Cer­dei­ras, pa­rro­quia de San­ta Com­ba. Des­pois de ini­ciar a súa carreira pro­fe­sio­nal no Gran Ho­tel de A To­xa, on­de es­ti­vo oi­to anos, e for­mar­se en pres­ti­xio­sos res­tau­ran­tes de to­do o país, co­mo os ho­teis Hes­pe­ria Em­pe­ra­triz de Ma­drid e Hes­pe­ria Bilbao, de­ci­diu plan­te­xar en 2011 o seu pro­pio pro­xec­to e apos­ta per­soal por un­ha co­ci­ña tra­di­cio­nal con mar­ca­dos to­ques de au­tor. Den­de aque­la to­do fo­ron re­co­ñe­ce­men­tos, en­tre eles, fi­na­lis­ta de Des­ta­pa Ga­li­cia 2012, me­llor ta­pa Co­ca Co­la 2013, me­llor ta­pa crea­ti­va Co­ca Co­la 2014, Santiago (é) Tapas co premio ex­ce­len­cia 2014 e me­llor ta­pa 2015.

O Re­ti­ro da Cos­ti­ña, un dos fi­xos na re­la­ción de es­tre­las Mi­che­lin, e Ca­sa Au­re­lio, dous re­fe­ren­tes

FO­TOS X. SO­LER, S. ALONSO

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.