Un po­ten­cial na­tu­ral úni­co y des­co­no­ci­do

San­ta Com­ba po­súe ca­tor­ce cas­tros sen es­ca­var e con­ta cun ri­co pa­tri­mo­nio ar­tís­ti­co

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Portada - JOSÉ MA­NUEL VÁZ­QUEZ

A súa pri­vi­le­xia­da si­tua­ción xeo­grá­fi­ca, no me­dio dun trián­gu­lo de des­ti­nos tu­rís­ti­cos con vér­ti­ces en Santiago de Com­pos­te­la, a ci­da­de de A Co­ru­ña e A Costa da Mor­te, de­be de in­cen­ti­var á pro­mo­ción tu­rís­ti­ca de San­ta Com­ba, má­xi­me ten­do en con­ta que moi­tos vi­si­tan­tes des­tas zo­nas pa­san polo mu­ni­ci­pio. Es­te pa­so, a re­du­ci­da dis­tan­cia en can­to a tem­po deses des­ti­nos tu­rís­ti­cos e in­clu­so das Rías Bai­xas, de­ben si­na­lar a San­ta Com­ba co­mo lu­gar de pa­ra­da pa­ra dis­fru­tar dos seus te­sou­ros.

Os po­boa­do­res des­tas te­rras dei­xa­ron ó lon­go dos úl­ti­mos 2.000 anos dis­tin­tas pro­bas do seu pa­so. En San­ta Com­ba hai do­cu­men­ta­dos ca­tor­ce cas­tros aín­da sen es­ca­var, pe­ro que per­ma­ne­cen en con­tor­nas na­tu­rais sin­gu­la­res, co­mo tes­te­mu­ña dos asen­ta­men­tos an­te­rio­res á Ida­de Me­dia.

San­ta Com­ba con­ser­va no Mu­seo Te­rra de Xa­llas, si­tua­do no Pa­zo de San­ti­so, a es­te­la fu­ne­ra­ria des­cu­ber­ta en O Bus­to, pa­rro­quia de San­ta Sa­bi­ña; o mi­lia­rio ro­mano de San­ta Com­ba; ade­mais dun po­si­ble mi­lia­rio ao la­do da igre­xa de San Sal­va­dor. Ou­tras re­li­quias dig­nas de vi­si­tar no mu­seo son a Es­ce­na do

Na­ce­men­to, un­ha obra de gra­ni­to en al­to re­lie­ve que amo­sa á Vir­xe e ó Neno Xesús, que da­ta da Ida­de Me­dia.

O mu­ni­ci­pio con­ta con de­za­se­te igre­xas pa­rro­quiais. On­ce te­ñen un es­ti­lo ba­rro­co tar­dío, e fo­ron cons­truí­das en­tre os sécu­los XVIII e XIX. Exis­ten dúas que se cons­truí­ron con es­ti­lo ro­má­ni­co, co­mo a máis an­ti­ga do con­ce­llo, a igre­xa de San Fiz de Frei­xei­ro, edi­fi­ca­da en­tre os sécu­los XII e XIII, a cal foi re­cons­truí­da no sécu­lo XVIII. Ca­tro igre­xas te­ñen es­ti­los eclé­ti­cos ou pou­co de­fi­ni­dos. Nes­te pa­tri­mo­nio re­li­xio­so ca­be in­cluir no­ve ca­pe- las: A Vir­xe da Saú­de de Ru­bín; a de San Blas de Ar­mán; e a de San Bar­to­lo­meu, en O Bus­to, to­das nun­ha con­tor­na na­tu­ral pri­vi­le­xia­da, e a to­das se lles atri­búe al­gun­ha ca­pa­ci­da­de mi­la­grei­ra.

O Xa­llas é o em­ble­ma des­ta co­mar­ca, o úni­co río de Eu­ro­pa que desem­bo­ca nun­ha fer­ven­za, cos seus prin­ci­pais afluen­tes: o Abuín; o Mi­ra e o García, on­de os afec­cio­na­dos á pes­ca flu­vial ató­pan­se cun­has con­di­cións inigua­la­bles pa­ra a prác­ti­ca de­por­ti­va.

A fer­ven­za de Cas­triz, for­ma­da polo río Mi­ra, afluen­te do Xa­llas pre­to do seu na­ce­men­to, na pa- rro­quia de Cas­triz, pa­sa por se­lo lu­gar máis vi­si­ta­do de San­ta Com­ba, gra­zas a un sal­to na­tu­ral de oi­to me­tros de al­tu­ra, on­de o Con­ce­llo de San­ta Com­ba re­cu­pe­rou e reha­bi­li­tou cin­co dos se­te muí­ños de au­ga exis­ten­tes e que te­ñen un­ha an­ti­güi­da­de duns 300 anos. Ade­mais, re­cu­pe­rou­se un­ha con­tor­na na­tu­ral sin­gu­lar e ha­bi­li­tou­se co­mo área de es­par­ce­men­to con me­ren­dei­ro. Un­ha xoia na­tu­ral ocul­ta du­ran­te moi­to tem­po, que ago­ra lo­ce con es­plen­dor.

Na pa­rro­quia de San­ta Sa­bi­ña ál­za­se un ou­tei­ro gra­ní­ti­co co- roa­do po­la ca­pe­la de San Bar­to­lo­meu. A es­ta zo­na pó­de­se ac­ce­der desde o lu­gar de O Bus­to a tra­vés dun­ha pis­ta as­fal­ta­da ou por di­ver­sos ca­mi­ños na­tu­rais que a xen­te apro­vei­ta pa­ra pa­sear ou prac­ti­car de­por­te en bi­ci­cle­ta de mon­ta­ña. A con­tor­na da ca­pe­la, reha­bi­li­ta­da po­los ve­ci­ños, erí­xe­se en pri­vi­le­xia­do mi­ra­dor. Desde es­ta zo­na, en días cla­ros e mi­ran­do ca­ra ao norte pó­de­se ver o mar na zo­na cos­tei­ra de La­xe. Á tar­di­ña es­te mi­ra­dor ta­mén é un lu­gar idí­li­co pa­ra con­tem­plar un­ha fer­mo­sa pos­ta de sol.

FO­TO ÁLVARO BA­LLES­TE­ROS

A fer­ven­za de Cas­triz, co seu en­torno re­cu­pe­ra­do, é moi vi­si­ta­da

FO­TO XO­SÉ CAS­TRO

A ca­pe­la de San Bar­to­lo­meu, en O Bus­to, ten un­ha con­tor­na pri­vi­le­xia­da

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.