O ou­ro ne­gro de Va­ri­lon­go ofre­ce no­vas po­si­bi­li­da­des

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Turismo -

As an­ti­gas mi­nas de wol­fram de Va­ri­lon­go es­tán ubi­ca­das nos mon­tes que unen as pa­rro­quias de San­ta Sa­bi­ña e de San Sal­va­dor, nun­ha con­tor­na na­tu­ral que ao seu arre­dor, ofre­ce a po­si­bi­li­da­de de prac­ti­car sen­dei­ris­mo, bi­ci­cle­ta de mon­ta­ña ou mes­mo trails, ou o sim­ple gus­to por pa­sear. As pai­sa­xes es­tán vin­cu­la­das ao des­cu­bri­men­to de wol­fra­mio en plena Se­gun­da Gue­rra Mundial, e mai­la súa ex­plo­ta­ción. A in­dus­tria ex­trac­ti­va ti­vo no sécu­lo XX un­ha gran im­por­tan­cia. A mi­na de Va­ri­lon­go ten máis de oi­to qui­ló­me­tros de lon­go por un de an­cho, for­ma­da por ga­le­rías sub­te­rrá­neas nas que a ex­trac­ción de wol­fra­mio con­ver­teu­na na pri­mei­ra de Eu­ro­pa. Es­te apo­xeo deu­se na Se­gun­da Gue­rra Mundial can­do for­ne­cía de ma­te­ria pri­ma pa­ra a cons­tru­ción do ar­ma­men­to das pan­zer di­vi­sións do Ter­cei­ro Reich e ta­mén ao exér­ci­to in­glés e ao americano pa­ra a Gue­rra de Co­rea. En Va­ri­lon­go che­ga­ron a tra­ba­llar pre­to de 4.000 per­soas, co con­se­guin­te bum económico pa­ra San­ta Com­ba. O seu pe­che de­ri­vou nun­ha das cau­sas do in­cre­men­to da emi­gra­ción ca­ra a Eu­ro­pa nos anos 70.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.