O tae­kuon­do asén­ta­se en San­ta Com­ba tras un­ha dé­ca­da de es­co­las

O na­ce­men­to da Aso­cia­ción In-Nae res­pal­da o tra­ba­llo de Jai­ro Leis

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Deporte - JOSÉ MA­NUEL VÁZ­QUEZ

O no­me da aso­cia­ción de re­cen­te crea­ción, In-Nae, non foi es­co­lli­do ao azar po­las nais im­pul­so­ras des­te pro­xec­to. Tra­tá­ba­se de re­sal­tar os va­lo­res que apor­ta o de­por­te, nes­te ca­so un ar­te mar­cial co­mo é o tae­kuon­do, á xen­te en xe­ral e aos xó­ve­nes en par­ti­cu­lar. In–Nae, que sig­ni­fi­ca per­se­ve­ran­cia, co­mo a que se lle in­cul­ca a máis dun­ha vin­te­na de ra­pa­ces de ida­des di­ver­sas nas cla­ses de tae­kuon­do en San­ta Com­ba.

O ades­tra­dor, Jai­ro Leis, co­me­zou nes­tas te­rras xa­llei­ras na Es­co­la De­por­ti­va Mu­ni­ci­pal, e le­va xa un­ha dé­ca­da in­cul­can­do va­lo­res a ra­pa­ces da co­mar­ca, que no úl­ti­mo ano mul­ti­pli­ca­ron a súa pre­sen­za. Jai­ro Leis com­pa­ti­bi­li­za o la­bor que fai en San­ta Com­ba, tra­tan­do de crear un­ha ba­se que se con­so­li­de, coa que fai no Xim­na­sio Ma­nio­tas, de Noia, a en­ti­da­de ir­má de In-Nae.

Co seu apoio, e co da al­cal­de­sa, Ma­ría Po­se, un gru­po de nais de fu­tu­ros tae­kuon­dis­tas em­bar- couse nun­ha mi­sión de al­tu­ra: crear un­ha aso­cia­ción de­por­ti­va que en­glo­ba­se aos ra­pa­ces que que­ren prac­ti­car es­ta mo­da­li­da­de, tan­to nas súas ver­tien­tes de ex­hi­bi­ción e com­ba­te, co­mo na bá­si­ca e im­pres­cin­di­ble téc­ni­ca e pro­gre­so por cin­tu­róns e ca­te­go­rías.

O Con­ce­llo de San­ta Com­ba ce­de as ins­ta­la­cións, e Jai­ro e os seus alum­nos ades­tran con ilu­sión pa­ra se­guir me­llo­ran­do. E a reali­da­de é que ese pro­gre­so se evi­den­cia.

Con mo­ti­vo da ex­hi­bi­ción que ti­vo lu­gar a co­me­zos de xu­ño, con tae­kuon­dis­tas de Noia, Mu­ros, Ma­za­ri­cos, Ou­tes e San­ta Com­ba, o éxi­to de par­ti­ci­pa­ción e pú­bli­co foi no­to­rio. Ca­se un cen­to de de­por­tis­tas xun­tá­ron­se pa­ra amo­sar ao gran pú­bli­co un­ha es­pec­ta­cu­lar es­pe­cia­li­da­de de­por­ti­va, da que Ga­li­cia é po­ten­cia na­cio­nal, e de­por­te que trae moi­tas me­da­llas a España en even­tos eu­ro­peos, mun­diais e olímpicos.

A apos­ta de In- Nae polo tae­kuon­do é cla­ra. Dar a po­si­bi­li- da­de a pe­que­nos e non tan pe­que­nos pa­ra que co­ñe­zan un de­por­te apai­xoan­te, no que to­do o mun­do ten ca­bi­da e po­de dis­fru­tar dun­ha dis­ci­pli­na in­di­vi­dual e de equi­po á vez, ade­mais dos va­lo­res que trans­mi­te, co­mo a per­se­ve­ran­cia, a ca­pa­ci­da­de de su­pera­ción, e o res­pec­to por un mes­mo e ta­mén po­los ad­ver­sa­rios.

A aco­lli­da que es­tán ten­do as ac­ti­vi­da­des pro­mo­vi­das co tae­kuon­do, ta­mén coas cla­ses de de­fen­sa per­soal, fo­ron con­so­li­dan­do en San­ta Com­ba un­ha op­ción de­por­ti­va pa­ra tó­da­las ida­des.

O pri­mei­ro gran froi­to da can­te­ira xa­llei­ra tae­kuon­dis­ta chá­ma­se Fer­nan­do Ba­ña, un mo­zo que na ida­de in­fan­til e ca­de­te xa con­ta con nu­me­ro­sos re­co­ñe­ce­men­tos a ni­vel au­to­nó­mi­co, in­cluí­do un cam­pio­na­to ga­le­go e nú­me­ro 1 do rán­king da súa ca­te­go­ría. Es­te mes­mo ano par­ti­ci­pou no Cam­pio­na­to de España, en Ala­can­te, for­man­do par­te da Se­lec­ción Ga­le­ga, na ca­te­go­ría ca­de­te.

Pro­gre­sión de Fer­nan­do Ba­ña

Desde os seus co­me­zos con seis anos en San­ta Com­ba, ata a ac­tua­li­da­de, on­de com­pa­ti­bi­li­za ades­tra­men­tos en San­ta Com­ba e Noia, a súa pro­gre­sión é no­to­ria, sem­pre desde a pa­la­bra cla­ve co­mo é In-Nae, esa per­se­ve­ran­cia que é o re­fle­xo pa­ra os máis pe­que­nos que em­pe­zan coa prác­ti­ca da dis­ci­pli­na tae­kuon­dis­ta.

«O apoio do Con­ce­llo de San­ta Com­ba é de re­sal­tar, por­que sen ins­ta­la­cións e me­dios co­mo o ta­piz no­vo, non se­ría po­si­ble me­drar», se­gun­do des­ta­ca a pre­si­den­ta da aso­cia­ción, Bi­bia­na Ami­go, un­ha das nais que deu o pa­so á fron­te pa­ra loi­tar polo desen­vol­ve­men­to des­te de­por­te en San­ta Com­ba.

Fer­nan­do Ba­ña (de ama­re­lo) é cam­pión ga­le­go e o pri­mei­ro gran froi­to da can­te­ira xa­llei­ra

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.