El des­fi­le de San Cris­to­vo re­cu­pe­ra fuer­za

Da­niel Do­pa­zo, que non fal­tou nun­ca, por­ta­rá a ima­xe co seu Mer­ce­des

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Portada - E. FORJÁN

A Agru­pa­ción de Trans­por­tis­tas de Ne­grei­ra e Co­mar­ca é, por se­gun­do ano con­se­cu­ti­vo, a en­car­ga­da da or­ga­ni­za­ción da pro­ce­sión mo­to­ri­za­da de San Cris­to­vo, un dos pra­tos for­tes das ce­le­bra­cións fes­ti­vas da ca­pi­tal bar­ca­le­sa, es­te sá­ba­do 8 de xu­llo, e que deu ori­xe a es­tes fes­te­xos de ve­rán en Ne­grei­ra.

O sem­pre im­por­tan­te gre­mio de ta­xis­tas ins­tau­rou a pro­ce­sión de San Cris­to­vo a co­me­zos da dé­ca­da dos anos se­sen­ta. Co­mo re­co­lle José Ma­nuel López Tu­ñas no seu blog Ágo

ra: «En­vol­tos no ruí­do dos mo- to­res, o re­pe­ni­que das cam­pás da Ca­pe­la do Co­tón e o es­tou­pi­do dos fo­gue­tes subían en se­gun­da a Ca­rrei­ra de San Mau­ro, de­trás do ta­xi que por­ta­ba a ima­xe do San Cris­to­vo, apoia­do no bas­tón e co neno ás cos­tas. Máis atrás, os pri­mei­ros ve­ci­ños que saí­ran da mi­sa». López Tu­ñas acom­pa­ña a es­cri­ta cun­ha fo­to­gra­fía da épo­ca, máis con­cre­ta­men­te, da­ta­da o 10 de xu­llo de 1962.

Be­nigno Man­ce­bo, Pe­pe Rey, Ma­no­lo Fa­jín, Ja­vier Pe­na, Ma­nuel Ru­so e Ma­no­lo Ma­ni­sán, son os ve­ci­ños que ten­tan re­cu­pe­rar a pro­ce­sión que nos úl­ti­mos anos se­me­lla­ba es­mo­re­cer por fal­ta de sen­ti­men­to ca­ra o San Cris­to­vo, ade­mais de que a cri­se fi­xe­se me­lla en moi­tas em­pre­sas que na co­mar­ca de­di­cá­ban­se ao trans­por­te de mer­ca­do­rías. Son os pro­mo­to­res des­ta ci­ta aber­ta a to­do o mun­do, na que o pa­sa­do ano che­gou­se a re­unir a ca­se me­dio cen­to de ca­mións e un bo nú­me­ro de vehícu­los par­ti­cu­la­res.

A or­ga­ni­za­ción re­cor­da que quen quei­ra asis­tir á pro­ce­sión mo­to­ri­za­da co seu vehícu­lo de­be­rán aca­tar un­ha se­rie de nor­mas, ta­les co­mo a prio­ri­da­de dos vehícu­los in­dus­triais na or­de de saí­da, os ca­les con­cen­tra­ran­se no Cam­po da Fei­ra. A mei­ran­de par­te de vehícu­los in­dus­triais par­ti­ci­pan­tes tra­ba­llan pa­ra a coope­ra­ti­va Fei­ra­co, ade­mais dun­ha re­pre­sen­ta­ción da firma Ser­vi­cio Mó­vil, ou de Transportes Ve­cino, do con­ce­llo de Zas.

Es­te ano a or­ga­ni­za­ción que­re brin­dar­lle un­ha ho­me­na­xe es­pe­cial a un­ha das per­soas que máis tem­po le­va par­ti­ci­pan­do inin­te­rrom­pi­da­men­te na pro­ce­sión. Trá­ta­se de Da­niel Do­pa­zo, hos­ta­lei­ro xa xu­bi­la­do, quen nun­ca fal­tou á ci­ta de San Cris­to­vo co seu Mer­ce­des bran­co, e que es­te ano se­rá o en­car­ga­do de abrir a pro­ce­sión mo­to­ri­za­da le­van­do a ima­xe de San Cris­to­vo.

FO­TO PA­CO RO­DRÍ­GUEZ

O hos­ta­lei­ro xu­bi­la­do Da­niel Do­pa­zo abri­rá o des­fi­le de vehícu­los nes­ta edi­ción le­van­do o San Cris­to­vo

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.