El Ca­mino ti­ra del tu­ris­mo en la co­mar­ca

A che­ga­da de pe­re­gri­nos, 26.000 no 2016, no­vo mo­tor tu­rís­ti­co pa­ra Ne­grei­ra e a co­mar­ca

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Portada - E. FORJÁN

Ca­da vez máis pe­re­gri­nos de­ci­den re­ma­tar o Ca­mi­ño en Fis­te­rra. Du­ran­te o pa­sa­do ano fi­xé­rono arre­dor de 26.000 per­soas. Es­ta é a ci­fra de ca­mi­ñan­tes que re­co­lle­ron o do­cu­men­to acre­di­ta­ti­vo, a fis­te­rrá, a cal se lles en­tre­ga no al­ber­gue pú­bli­co de Fis­te­rra, xa que lo­go, as es­ti­ma­cións si­na­lan un­ha ci­fra real maior, pre­to dos 50.000. No úl­ti­mo lus­tro, o nú­me­ro de pe­re­gri­nos que de­ci­den com­ple­tar a súa ex­pe­rien­cia un­ha vez al­can­za­da a me­ta de San­tia­go foi au­men­tan­do nuns dous mil por ano.

Primavera e ve­rán soen ser as épo­cas de maior afluen­cia, pe­ro nos úl­ti­mos anos es­ta­se re­xis­tran­do un au­men­to de ca­mi­ñan­tes que desafían o mal tem­po do ou­tono e in­verno pa­ra com­ple­tar a pro­lon­ga­ción post­xa­co­bea en­tre Com­pos­te­la e A Cos­ta da Mor­te. Es­te im­por­tan­te au­men­to —é un dos ca­mi­ños que máis cre­ce—, ex­pli­ca o bum tu­rís­ti­co ex­pe­ri­men­ta­do por Ne­grei­ra. Ho­xe por ho­xe, é un­ha das prin­ci­pais fon­tes de in­gre­sos, posto que a co­mar­ca per­deu o seu pe­so agrí­co­la-gan­dei­ro dou­tro tem­po coa trans­for­ma­ción do sec­tor.

O bum do Ca­mi­ño de San­tia- go por Ne­grei­ra fi­xo que se crea­se un­ha au­tén­ti­ca in­fra­es­tru­tu­ra de alo­xa­men­tos. O ano 2010 su­pu­xo o des­pe­gue dos tres pri­mei­ros al­ber­gues de ini­cia­ti­va pri­va­da: O San José, o de maior ca­pa­ci­da­de con pre­to de 50 ca­mas en tres sa­las de li­tei­ras; o de Lo­gro­sa, e O Ruei­ro, en Vi­la­se­río, que con­ta cun res­tau­ran­te. Des­pois se­gui­ría­lle o Lúa, en pleno pa­so por Ne­grei­ra, e no 2012 abría as súas por­tas o al­ber­gue El Car­men, o máis cén­tri­co e que ofer­ta 36 pra­zas. Na pro­pia ca­pi­tal abri­ría máis tar­de o al­ber­gue Ale­crín, e no lu­gar de A Chan­ce­la, na en­tra­da á vi­la, o An­ja­na, con 22 pra­zas.

Os dous úl­ti­mos al­ber­gues de ini­cia­ti­va pri­va­da postos en mar­cha es­tán si­tua­dos na se­gun- da eta­pa, Ne­grei­ra-Ol­vei­roa. O al­ber­gue Al­to da Pe­na, na pa­rro­quia ho­mó­ni­ma, que ta­mén é bar de co­mi­das, e o al­ber­gue Ca­sa Ve­lla, nun­ha ca­sa rús­ti­ca de Vi­la­se­río. Aos ci­ta­dos hai que en­ga­dir­lle o al­ber­gue municipal, en Pa­tro­ci­nio, o pri­mei­ro en en­trar en ser­vi­zo na zo­na, e o se­gun­do tra­lo de Fis­te­rra en to­da a pro­lon­ga­ción xa­co­bea.

Fó­ra da ca­te­go­ría de al­ber­gues ato­pa­mos dous es­ta­ble­ce­men­tos de tu­ris­mo ru­ral, moi pre­to da ca­pi­tal. Por un la­do, a Ca­sa de Bo­la, na pa­rro­quia de Co­vas; e un alo­xa­men­to ru­ral co­mo é o San­tia­go Bi­dea, coa súa ofer­ta de res­tau­ran­te, na pa­rro­quia de Gon­te. O ho­tel Mi­llán e o hos­tal A Mez­qui­ta, com­ple­tan a am­pla ofer­ta de alo­xa­men­tos.

FO­TO PA­CO RO­DRÍ­GUEZ

Pon­te Ma­cei­ra, lu­gar his­tó­ri­co en­tre Ne­grei­ra e Ames po­lo que pa­sa o Ca­mi­ño de Fis­te­rra, e un dos máis vi­si­ta­dos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.