Ma­nuel Án­gel Leis, al­cal­de ines­pe­ra­do

Asu­miu a al­cal­día tra­la re­nun­cia de Jor­ge Tu­ñas, e que­re re­du­cir a lou­sa da dé­be­da con pro­ve­do­res

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Portada - EMI­LIO FORJÁN LA VOZ

Opa­sa­do 28 de abril era eli­xi­do co­mo no­vo al­cal­de do Con­ce­llo de Ne­grei­ra, o cuar­to di­fe­ren­te nos úl­ti­mos seis anos. A Ma­nuel Án­gel Leis, nú­me­ro tres da can­di­da­tu­ra do PSOE nas mu­ni­ci­pais do 2015 to­cou­lle ocu­par o si­llón da al­cal­día nun­ha cir­cuns­tan­cia pou­co ha­bi­tual. O seu com­pa­ñei­ro de fi­las, Jor­ge Tu­ñas Caa­ma­ño, hou­bo de pre­sen­tar a súa re­nun­cia ao car­go por mor do xuí­zo aber­to con­tra el, por sus­pos­ta­men­te, non ter de­vol­to os teléfonos mó­bi­les da súa an­te­rior eta­pa co­mo re­xe­dor municipal no ano 2011.

— ¿Que apor­ta­ción fai o Con­ce­llo pa­ra as fes­tas?

—Man­te­mos a ache­ga eco­nó­mi­ca de tó­do­los anos, e lo­go co­la­bo­ra­mos coa co­mi­sión en te­mas pun­tuais co­mo po­de ser o alu- mea­do das rúas e ou­tros gas­tos co­mo gru­pos elec­tró­xe­nos, ade­mais de co­la­bo­rar con per­soal e ac­tua­cións co­mo o con­cer­to da Ban­da Municipal de Mú­si­ca.

— ¿Que ba­lan­ce fai des­tes dous anos de go­berno?

—Con­si­de­ra­mos que é bas­tan­te po­si­ti­vo. In­ten­ta­mos cum­prir o no­so pro­gra­ma elec­to­ral, lo­xi­ca­men­te aín­da nos que­da moi­to por fa­cer, pe­ro co ob­xec­ti­vo de cum­prir con tó­da­las pa­rro­quias do ru­ral e se­guir con pro­xec­tos no que é a vi­la.

— ¿A dé­be­da que arras­tra o Con­ce­llo im­po­si­bi­li­ta fa­cer in­ves­ti­men­to?

—Can­do nós che­ga­mos ao go­berno ha­bía un­ha dé­be­da im­por­tan­te a pro­ve­do­res e a ban­cos, que de to­dos é sa­bi­do, pe­ro con­ta­mos cuns apoios im­por­tan­tes co­mo son os da Depu­tación e a Xun­ta, so­bre to­do a pri­mei­ra, as ca­les su­frá­ga­nos un­ha par­te dos in­ves­ti­men­tos e in­clu­so de ac­ti­vi­da­des.

— ¿É a dé­be­da con pro­ve­do­res un­ha lou­sa?

—Di­ga­mos que si, pe­ro gra­zas ao Plan Úni­co da Depu­tación de A Co­ru­ña, que per­mi­te des­ti­nar un­ha par­te dos fon­dos a re­du­cir dé­be­da, tan­to cos pro­ve­do­res co­mo cos ban­cos, e des­pois de va­rias xun­tan­zas cos par­ti­dos da cor­po­ra­ción, de­ci­di­mos que se­ría bo in­ten­tar sa­car esa lou­sa tan gran­de que te­mos, po­lo que a mei­ran­de par­te dos fon­dos que re­ci­bi­mos es­te ano irán a su­fra­gar a dé­be­da, coa in­ten­ción de que nos vin­dei­ros anos poi­da­mos ter máis mar­xe de ma­no­bra pa­ra fa­cer ac­tua­cións.

— Pe­ro hai obras pe­ren­to­rias. ¿Que pen­san fa­cer?

—En prin­ci­pio, con­ta­mos co Plan Com­ple­men­ta­rio, que as­cen­de a 186.000 eu­ros, que si te­ñen que ir en obras e que xa foi pre­sen­ta­do na Depu­tación, pe­ro ta­mén con­ta­mos con que saian ou­tros plans pro­vin­ciais ao lon­go do ano pa­ra rea­li­zar ac­tua­cións ur­xen­tes.

— ¿E ca­les se­rían os pro­xec­tos máis im­por­tan­tes ata o fi­nal de man­da­to?

—Un de­les é a cons­tru­ción dun cen­tro de día, aín­da que non de­pen­de de nós e te­mos pen­den­te un­ha en­tre­vis­ta coa Con­se­lle­ría de Po­lí­ti­ca So­cial. E es­ta­mos tra­ba­llan­do na me­llo­ra dun se- gun­do trei­to da es­tra­da pro­vin­cial con Pon­te Na­fon­so. Xa tem­pos os pla­nos do seu en­san­cha­men­to, cos te­rreos que ocu­pa­ría ata a pon­te de Bar­ba­zán, e té­mo­lo com­pro­mi­so do pre­si­den­te da Depu­tación pa­ra co­me­zar as obras es­te ano. Ta­mén te­mos o pro­xec­to pa­ra do­tar de bei­ra­rrúas á en­tra­da a Ne­grei­ra den­de A Abean­ca, que xa nos con­fir­mou a Depu­tación que o fará. Ade­mais, a cons­tru­ción dun par­que in­fan­til con xogos pa­ra ca­ti­vos con di­ver­si­da­de fun­cio­nal, e a pri­mei­ra fa­se de ur­ba­ni­za­ción da UE-5 pa­ra abrir a rúa en­tre a Ca­rrei­ra de San Mau­ro e a ave­ni­da de Vi­la­chán.

FO­TO P. RO­DRÍ­GUEZ

Leis le­va pou­co máis de dous me­ses na al­cal­día

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.