Una xor­na­da de ocio en fa­mi­lia con xan­tar, mú­si­ca e xogos

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - En cartel -

Os ac­tos da fes­ta de San Cris­to­vo co­me­za­rán es­te sá­ba­do ás 13 ho­ras coa mi­sa can­ta­da, na Ca­pe­la do Co­tón, se­gui­da da pro­ce­sión mo­to­ri­za­da de ca­mións e co­ches en­ga­la­na­dos pa­ra a oca­sión, cu­xo iti­ne­ra­rio trans­co­rre­rá po­la Abean­ca, A Chan­ce­la, a ave­ni­da de San­tia­go, Ca­mi­ño Ve­llo; a ave­ni­da das Bra­ñas ata a ro­ton­da de Cei­lán e re­gre­so a Ne­grei­ra, pa­ra lo­go di­ri­xir­se po­la ave­ni­da de Bar­ca­la, a rúa Nel­son Man­de­la, a ave­ni­da Xu­lián Ma­ga­ri­ños, ave­ni­da de Vi­la­chán, rúa da Ca­chu­rra e fi­nal en bai­xa­da po­la Ca­rrei­ra de San Mau­ro ata o pun­to de par­ti­da. A or­ga­ni­za­ción agradece a co­la­bo­ra­ción da Policía Lo­cal e a Agru­pa­ción de Vo­lun­ta­rios de Pro­tec­ción Ci­vil de Ne­grei­ra pa­ra que a fes­ta se ce­le­bre sen ningunha in­ci­den­cia.

Fes­ta en Co­bas

Ao igual que o pa­sa­do ano, un­ha vez re­ma­ta­do o per­co­rri­do da pro­ce­sión mo­to­ri­za­da, os par­ti­ci­pan­tes e as súas fa­mi­lias di­ri­xi­ran­se ca­ra a área re­crea­ti­va de Co­bas, on­de lles agar­da­rá un xan­tar cam­pes­tre de con­fra­ter­ni­za­ción, bai­xo un­ha car­pa ins­ta­la­da a ca­rón do río Bar­ca­la, on­de de­gus­ta­lo pol­bo á fei­ra, a ra­zón de vin­te­cin­co eu­ros por co­men­sal. Ha­be­rá a ac­tua­ción dun dúo mu­si­cal, tan­to na se­sión ver­mú co­mo no pos­te­rior bai­le de noi­te, xun­to con xogos in­cha­bles pa­ra os máis no­vos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.