A ru­ta dos Tres Pa­zos

La Voz de Galicia (Santiago) - Especial1 - - Turismo -

Na vi­la de Ne­grei­ra gar­da­mos fer­mo­sos se­gre­dos na­tu­rais, ar­tís­ti­cos, cul­tu­rais, len­da­rios e tra­di­cio­nais. Po­de­rás des­cu­bri­los dun­ha for­ma moi agra­da­ble a tra­vés des­te ro­tei­ro cir­cu­lar de de­zaoi­to qui­ló­me­tros, o cal per­mi­te co­ñe­cer al­gúns dos re­cur­sos pa­tri­mo­niais máis em­ble­má­ti­cos de Ne­grei­ra. Se­gre­dos na­tu­rais co­mo o pa­seo flu­vial do río Bar­ca­la; un agra­da­ble pa­seo po­la con­tor­na do río que da no­me á no­sa co­mar­ca.

Es­te pa­seo flu­vial ten a súa me­ta na área re­crea­ti­va de Co­bas, on­de po­de­rás des­can­sar á som­bra dos seus cas­ti­ñei­ros.

A subida ó mon­te Ber­gan­do é a pro­ta­go­nis­ta do des­ni­vel do per­fil do per­co­rri­do, a cal non de­be asus­tar a nin­guén, se­nón en­tu­sias­mar. Des­pois da subida, vén o fer­mo­so sen­dei­ro a tra­vés do bos­que Quen­llo, un bos­que «en­can­ta­do» de ár­bo­res au­tóc­to­nas.

A ru­ta gar­da se­gre­dos his­tó­ri­co-ar­tís­ti­cos co­mo os tres pa­zos que lle dan no­me ao iti­ne­ra­rio. O pa­zo do Co­tón, em­ble­ma pé­treo da an­ti­ga Ni­cra­ria, no que a súa ar­ca­da e as súas ca­se­tas al­me­na­das dei­xa­rán voar a túa ima­xi­na­ción ca­ra un mun­do me­die­val de prin­ce­sas e ca­ba­lei­ros. O pa­zo de Ba­lan­drón, ao ca­rón do río Tam­bre ao seu pa­so po­la Pon­te Ma­cei­ra, mes­tu­ra ar­te e na­tu­re­za; his­to­ria e len­da; cul­tu­ra e re­li­xión. E o pa­zo de Al­ba­ri­ña, on­de os seus mu­ros nos fa­lan da ro­mán­ti­ca mor­te por amor de Ber­nal­do e Mu­nia.

Un ro­tei­ro es­te que amo­sa­ra­che a esen­cia da no­sa cul­tu­ra, da no­sa ar­te e da no­sa na­tu­re­za; en de­fi­ni­ti­va, a esen­cia de Ne­grei­ra. ¿A que es­pe­ras pa­ra des­cu­brir os no­sos se­gre­dos?

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.